Ilustracións e coleccións de Xela Arias

Xela Arias

ILUSTRACIÓNS DE POEMAS A CARGO DE XELA ARIAS


Desde a Fundación Manuel María envíanos un material didáctico ben singular para a celebración das Letras Galegas, adicadas este ano a Xela Arias.


Valentín Arias, escritor e pai de Xela Arias, recibiu de Manuel María o libro/Os soños na gaiola/que este acababa de publicar (1968) e que inaugurou a poesía infantil en galego e, ademais, unha das obras emblemáticas deste autor. Xela Arias, que daquela tiña 7 anos, ao lelo, ilustrou sobre o propio libro 27 poemas e remitiullo de novo a Manuel María (o resto dos poemas ían ilustrados polo seu irmán Xoán Carlos, de 5 anos).


Na actualidade este exemplar está exposto na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, mais queremos compartilo co profesorado que o desexar.


Por iso ao solicitar este material, a Fundación Manuel María non dubidó en enviar este valioso material didáctico, que podemos ver: