DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

"NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ: A PAZ É O CAMIÑO". -

-Mahatma Ghandi-

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

A educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. En en Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar, e por iso o CEIPP San Benito de Lérez celebra ese día con todos os cursos e toda a rapazada.

Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

No curso 2021/22 imos traballar a figura de Susana Rodríguez, deportista paraolímpica que practica triathlón adaptado.