OBRADOIROS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA



O EDLG do CEIPP San Benito de Lérez está a realizar ao longo do curso 2021/22 as seguintes actividades:

  • Proposta de actividades para a celebración do Samaín na escola: timbre musical e exposición de cabazas elaboradas polas familias.

  • Proposta de actividades para a celebración do Magosto na escola: timbre musical, elaboración dun cartucho cunha castañeira para conter as castañas, preparación de xogos populares, asado e degustación de castañas o día de San Martiño (11 de novembro) e xogos populares (corda, chapas, mariola,...).

  • Obradoiro Micolóxico para 5º de Educación Primaria (charla e saída), levado a cabo o día 24 de novembro con posterior exposición na entrada do centro da colleita. Clica aquí para ver as fotografías: https://drive.google.com/drive/folders/1c-NqX_vUm1VqcETJKANRZu-OcRZXTlgj?usp=sharing

  • Proposta de cancións para o timbre musical, relacionadas coas celebracións ou épocas do ano, en coordinación co equipo TICs.

  • Visita da Asociación Os Palleiros para a concienciación do coidado animal.

  • Elaboración dun libro de receitas das estacións do ano.

  • Elaboración de vídeos sobre poemas da autora para celebrar o Día de Rosalía (23 de febreiro).

  • Celebración do entroido día 25 de febreiro.

  • Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.

  • Día de Europa: Os alumnos de 6º elaboran un mural sobre os países da UE.


O EDLG do CEIPP San Benito de Lérez realizou ao longo do curso 2020/21 as seguintes actividades:

  • As imaxes do patrimonio: 3º CERTAME DE RECOLLA DAS IMAXES DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO PORTUGUÉS. Unha actividade que consiste na recollida por parte do alumnado de fotografías da súa familia en diversas situacións da vida cotiá, como reunións festivas, actividades agrarias e gandeiras..., etc.

O Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) é un conxunto de expresións herdadas do pasado que tiñan presenza nos recordos das persoas que os vivían e se encargaban de trasmitilos ás seguintes xeracións. Coa aparición da fotografía moitas desas expresións pasaron a ser unha realidade física máis aló da mente das persoas.

Esta é unha actividade individual a través de Internet e as fotografías deben conter imaxes de calquer aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial e estar tomadas en datas anteriores a 1970. Prazo de participación: 31 de outubro de 2020. Este é o link das bases do concurso. Participan os/as alumnos/as de 5ºA, na páxina seguinte hai unha mostra de fotografías das súas familias.

  • Portal das palabras: Participación no concurso Olla a Palabra do Día! Concurso dirixido a todo o alumnado do centro, no que cada traballo levará a imaxe visual as palabras do día, que están no link anterior, dunha das semanas comprendidas entre o 5 de outubro e o 1 de novembro de 2020, e que xirarán arredor dos seguintes temas: O día da Nena, a vida e obra do protagonista do día das letras galegas, Ricardo Carvalho Calero, o samaín e educación ambiental. Poderán concursas cun mural colectivo ou ben cun mínimo de 7 ilustracións realizadas polo alumnado. Este é o link.

  • Realización dun mural por parte da Concellería de Educación de Pontevedra, xunto con Polo Correo do Vento dun mural de 2X2 metros que terá como obxectivo principal a identificación do alumnado con centro educativo e a súa contorna.

  • Dous obradoiros micolóxicos: O obradoiro desenvólvese do seguinte xeito:

1. Charla micolóxica do especialista no centro na aula do centro (entre 20 e 30 minutos).

2. Saída de campo para identificar e recoller especies (arredor de 1h 30 min).

3. Volta ao centro e montaxe e etiquetaxe dos exemplares para facer unha exposición (entre 30 e 60 minutos), guiados polos profesionais da micoloxía da asociación Brincabois.

Terán lugar os días 4 e 5 de novembro de 2020 e dirixido ao alumnado de 5º de EP. Este é o link

  • Obradoiro de xoguetoloxía: “XOGUETOLOXÍA”: Xogos bailados, lingüísticos e musicais e dirixido para 4º de EP. Este é o link.

  • Participación no PROGRAMA EDUCATIVO 2020/21: Apúntate á compostaxe. Programa educativo e ambiental dentro do progama REVITALIZA coa posta en marcha de plantas de tratamento biolóxico e polo impulso da compostaxe, acompañado dunha formación. Este é o link.

  • Participación na Red de escolas asociadas da UNESCO. Este é o link.

  • Participación na Semana de Pontenciencia 2020: VII FEIRA da Miniciencia: Que o coñecemento non pare!, do 9-13 de novembro, dirixido para o alumnado de 5º EP. link.

  • Investigación para Pontenciencia 2021: Recollendo tomates.

A investigación proposta fundaméntase nunha metodoloxía na aprendizaxe colaborativa, e busca a participación activa do alumnado a través do xogo e a experimentación, nun contexto que estimula a súa curiosidade, creatividade e desenvolvemento emocional positivo. Este é o link

  • Actividade realizada polo alumnado de 5º de Educación Infantil. 8 de marzo Día Internacional da Muller. É un día para lembrar o papel das mulleres na sociedade e para resaltar a importancia das mulleres en todos os ámbitos da vida. Este é o link.

  • O alumnado de 4º EP recitaron poemas de Rosalía de Castro para conmemorar o día do seu nacemento, 24/02/1837, nos vídeos desta carpeta déixovos unha mostra dos máis coñecidos dela. Este é o link.

  • Calzado primitivo de Galicia: O zueco, a almadreña ou madreña, a albarca ou abarca, a galocha e a zoca galega, fan referencia a un tipo de calzado fabricado, polo xeral de forma artesá e en madeira, e dunha soa peza. Este é o link.

  • Caracola Radio: Dende caracola radio emitíronse 23 ideas en distintos episodios para ser un eco-heroe, dando en valor a nosa contorna e potenciando o medio ambiente.

Igualmente, gravouse unha canción fabulosa da nosa auxiliar de conversa que tamén é soprano, Bonnie Cooper! Este é o link.

  • Obradoiros de Educación en valores: Dentro do Programa de Prevención de Conductas Adictivas do Concello de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Sanidade programáronse Obradoiros de educación en valores para os cursos de 5º e 6º de primaria. Este é o link.

  • IV Certame de microrrelatos. Convocado por Puntogal e a Real Academia Galega. Este é o link.

  • Letras Galegas. link.

  • Obradoiros Aprendenerxía. Obradoiro para descubrir o mundo da enerxía. estiveron dirixidos a alumnos de 5º e 6º de primaria, traballaron contidos curriculares adaptándoos ás novas tecnoloxías. Este é o link.

  • Obradoiro de Regueifa. Este é o link.


  • Plantación de tres amieiros: Restablecendo a colaboración co CFEA de Lourizán plantáronse uns amieiros no horario de comedor. Moitas grazas!! Este é o link.

  • Os alumnos de 5ºA participan no proxecto Digicraft no teu cole, que ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e na xuventude a través dun Programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas. Este é o link

  • PROXECTO TERRA: O obxectivo principal do proxecto é sensibilizar, concienciar, divulgar e formar a nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en relación ao medio e a intervención e ordenación do noso territorio. Este é o link.

  • Programa educativo REVITALIZA: Este programa vai dirixido ao alumnado de educación infantil, primaria,secundaria e bacharelato dos centros educativos pertencentes aos concellos adscritos ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, acompañado dunha formación especifica tamén para o profesorado. Os obradoiros foron os seguintes: Xogo da miñoca, Quen vive aí? e Intrusos no composteiro. O primeiro foi dirixido ao alumnado de 1º EP e os dous seguintes a 5º EP. Este é o link.

  • Día das Letras Galegas 2021. Vida e obra de Xela Arias e obradoiros co gallo da celebración do día las Letras. Este é o link.

  • 23 de abril. Día do libro. Actividade realizada polo alumnado de 5º de Educación Infantil. Este é o link

  • Día Internacional contra a violencia de xénero. Actividade do alumnado 5º EI. Celébrase o 25 de novembro o para denunciala e erradicala. Debemos explicarlles as cousas de maneira que o entendan sen que lles xere angustia, dende un punto de vista que poidan entender. Este é o link

  • Defendemos o galego. Contacontos a cargo do cómico, monologista e “narrador oral” Pedro Brandariz, que fai un percorrido polas autoras galegas homenaxeadas co gallo do día das letras galegas, facendo principal fincapé en Xela Arias. Propón unha defensa e un uso continuo, por parte da rapazada, do idioma galego, todo dende unha perspectiva cómica e atractiva. Este é o link

  • Proxecto Digicraft no teu cole. Os alumnos de 5ºA participan neste proxecto, que ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e na xuventude a través dun Programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas. Este é o link.

  • Obradoiro sobre igualdade de xánero. O alumnado de 5º de Primaria fixo un obradoiro de formación en valores e actitudes de igualdade, libres de estereotipos, a prevención da violencia de xénero e a identificación de relacións afectivas, respectuosas e igualitarias. Foi impartido por Priscila Retamozo.

  • Obradoiro de Literatura: O proceso da escrita.

O alumndo de 5ºA e 5º B, dentro das actividades do Salón do Libro, tiveron a visita de Antía Yáñez, autora galega que estivo a explicar e comentar o proceso de escribir un libro e o percorrido do mesmo ata que chega ás librerías, manifestando os seus gustos e intencións narrativas.

Antía Yáñez é unha escritor nada en Portomarín e que realiza distintas actividades para nenos, algunhas literarias​ e outras sobre igualdade e loita contra a violencia de xénero​ o que compaxina coa escritura e a participación en encontros literarios.

Algunhas das súas obras son de xénero infantil; na primeira, O misterio de Portomarín, está ambientada na contorna do seu pobo natal, e nela teñen importancia tanto a comunidade caboverdiana, como o Torque de Burela, ao que dedicou o título da súa terceira obra.

En 2018 publicou a novela Senlleiras, xa dedicada a un público máis adulto, na que se narra a investigación duns crimes e trátase a violencia de xénero en dúas historias separadas no tempo.

A súa intención era escribir sobre mulleres da súa idade cos que sentise identificada, xa que o común na literatura é que os papeis protagónicos levásenos a cabo homes; para iso, puxo o exemplo de Harry Potter, unha das sagas que lle introduciu no mundo da lectura, xunto coa dos Cinco de Enid Blyton.

Por este libro gañou o premio Illa Nova.

  • Semana da prensa. O xornal. Parte I. Actividade realizada polo alumnado de 5º de Educación Infantil.

O xornal é un medio de comunicación que contén noticias, é unha publicación que xeralmente sae todos os días, e que informa sobre feitos actuais. No xornal inclúense noticias relacionadas coa túa cidade e país. Este é o link.