AS IMAXES DO PATRIMONIO 5ºA

Curso 2020/21


III Edición do Certame de recolla das imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial galego-portugués.

Esta é unha mostra de fotografías das familias dos/as alumnos/as de 5ºA e que participarán neste Certame.


Brais Franco Varela

Nesta foto pódese ver unha agrupación musical tomada en 1.936, nela está o padriño da miña nai, José Diéguez Gamallo, que é o neno que se atopa no medio da fotografía e tiña sobre 10, 12 anos.

Chegou a ser músico profesional no exército, director de orquetras sinfónicas e compuso varios discos.

Na foto pódese ver unha agrupación musical de Esperante Taboada (Lugo), que eran moi abundantes nesa época, eran das poucas diversións que había entonces.


Samuel Carballo Martínez

Moitos galegos abandonaron os seus pobos para ir a países con pouca man de obra, como Arxentina ou Brasil. Esta É unha foto de 1957 na que se atopan os meus bisavós coas súas fillas; a miña avoa, que e a meniña pequena da esquerda, con cinco anos atravesou o Océano Atlántico para emprender unha nova vida en Brasil,concretamente en Sao Paulo, e alí fixeron esa foto para enviarlla á familia que quedou en Galicia.

En Brasil dedicáronse ao cultivo de café, tomates, patacas e plátanos, que ían a vender co seu carro tirado por unha mula ao mercado, alí estiveron traballando dez anos.

Moitos emigrantes non poderon volver a súa casa de Galicia, pero os meus bisavós co a miña avoa volveron e aquí formaron a miña familia.


Silvia Colmenero Pereira

Esta foto está tomada no ano 1950, na romaría dos Milagros de Amil (Pontevedra), nela aparecen a miña avoa Teresa Casalderrey Quintela cos seus irmáns e algúns veciños da parroquia de Lérez, están a celebrar unha merenda campestre.

Miña avoa é a do medio cun garrafón no ombreiro. Por aquela época non existían moitas cámaras fotográficas e a citada foto está realizada cunha dun familiar de Valencia.


Lucía Fernández Pazos

Esta foto é dunha voda en 1960. O meu bisavó é o primeiro á dereita, ao lado da miña bisavoá. Nela atópansse o meu avó, que é o primeiro neno á esquerda que se ve na foto, a outra nena é unha curmá e o rapaz é o irmá do meu avó.


Héctor Corbacho Cons

Esta é unha foto tomada en 1951 en Lérez (Pontevedra), estando na recollida do millo. De esquerda a dereita atoparase a miña tía avoa Laura, seguida do meu avó Albino, a miña bisavoa Rosalía que ten no colo a miña tía avoa Clara; por último, a miña tía Ramona, que é irmá da miña bisavoa Rosalia.


Héctor Corbacho Cons

Esta é unha foto tomada en 1950 en Lérez (Pontevedra), celebrando a patroa do pobo ( a festa da pastora). De dereita á esquerda están o meu bisavó Manuel, que ten no colo a miña tía Laura, detrás deles atópase a súa cuñada Hermosinda e o seu sobriño Lino, sentados na mesa seguen Daniel e Benita, tamén cuñados do meu bisavó e detrás destes, os seus sobriños Basilia e Casiano.

Na mesa teñen unha xarra de viño e unha botella de anís, están celebrando a festa do pobo.


Nerea Loureiro Morgade

Esta fotografía é do ano 1946, nela está ou meu tío avó Narciso ( á dereita) cos seus amigos. Coma a maioría dous galegos gustábanlles as romarías, eles nesta foto están nunha delas, concretamente non Concello de Mos.

A xente nesta época vestía elegante, os homes con garabata, traxe e camisa branca, era a roupa dous domingos.



Aitana Martínez García

A foto que escollín é do ano 1959, a imaxe é na praia de Portocelo, no Concello de Marín, nela están o meu avó (o primeiro da esquerda), o seu nome é José Manuel Martínez Marra; o do medio é o seu irmán Saúl e o do medio do centro é outro irmán chamado Miguel Angel, o da dereita con lentes é Pepe Lois, amigo da familia; a moza que se atopa detrás é unha descoñecida que pousou na foto.

Na praia non había ondas, pero divertíronse igual na auga. Os seus pais trouxeron a comida de casa.

Cuan anoitecía, recolleron as súas cousas e dirixíronse ás súas casas, eles vivían na Santiña, parroquia de Lérez, en Pontevedra. Ao chegar ducháronse para sacar a area e o salitre. O meu avó, cada vez que ve esta foto acórdase daquel día coma se fose onte.


David García Antón

Na foto está o meu bisavó co uniforme da banda de música de Sanxenxo (Pontevedra) onde aprendeu a tocar o clarinete. Este uniforme foi un agasallo do seu padriño. A foto é do ano 1959.


Laura López Fernández

Esta foto data de 1955, ano en que o meu avó tiña 10 anos. O seu pai púxose enfermo e él tivo que empezar a traballar moi novo como axudante na telleira. A persoa que está o seu lado é o telleiro que fai as tellas e detrás deles están todas as tellas tendidas ao sol para que sequen. Tíñanse 24 horas ao sol e despóis encaixaban unhas en outras hasta un total de dez e gardábanse para que non se mollasen. Cando había unha fornada delas, metíanse no forno con leña oito días e así rematábase o proceso.