Moito antes de que o voluntariado se convertese en tendencia e as siglas invadisen as nosas vidas, estaban as Asociacións de Pais de Alumnos, as APA.
En Asemblea Xeral celebrada o día 9 de abril de 1983 constituíuse a Asociación de Pais de Alumnos do Colexio Nacional As Covas de Meaño, sendo aprobados os Estatutos e elixida a Xunta Directiva, resultando como primeiro Presidente Marcelino Cores Meis.
A súa finalidade era “cooperar co Centro na consecución do máis alto nivel cultural, social, moral, deportivo e recreativo dos seus alumnos na súa dobre faceta escolar e extraescolar”.
Desde entón a asociación foi evolucionando en paralelo a unha sociedade na que o interese dos pais e as nais pola escola dos seus fillos e fillas aumenta e na que cambiaron moito os modelos de familia.
Trabállase para lograr melloras materiais para o Colexio, para resolver conflitos, para organizar actividades, para informar as familias e para representalas no Consello Escolar e ante as Administracións.
No ano 2004, mercé aos cambios na normativa de asociacións, promóvese pola APA a adaptación dos seus estatutos á Lei Orgánica 1/2002 e apróbanse novos estatutos nunha Asemblea Extraordinaria do 26 de abril, procedéndose a cambiar a denominación por ANPA A Toxa do CEIP As Covas de Meaño, falándose de Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA).
Os fins da asociación amplíanse, ao falar de promover a participación das nais e os pais na xestión do centro, ao estimular a participación das nais e os pais na programación xeral do centro de ensino, ao requirir atención ás Administracións para a educación e ao promover as reunións de colaboración entre pais e profesores.
Queremos agradecer a todos os pais e as nais que dende 1983 ata agora puxeron o seu traballo e a súa dedicación en prol da asociación e da mellora das condicións dos nenos e nenas do CEIP As Covas de Meaño.
Compoñen a actual Xunta Directiva:
Presidenta: Dna. Ana María Coejo González.
Vicepresidente: D. José Manuel Parada Maroño.
Secretario: D. Enrique José Ortigueira Valcárcel.
Tesoureiro: D. Santiago González Otero.
1º Vocal: D. José Carlos Otero García.
2º Vocal: Dna. Berta Pérez Padín.
3º Vocal: Iria María Vidal Sobral
4º Vocal: Vanessa Dopazo Méndez
5º Vocal: Dna. Marta Aragunde Conde.
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Convocamos a tódolos/as pais/nais de alumnos/as á ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA a celebrar no Colexio As Covas o vindeiro 19 de xuño, ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do Día:
Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asamblea anterior.
Baixas na Xunta Directiva da ANPA.
Elección de novos membros da Xunta Directiva da ANPA.
Designación de novos cargos de Vicepresidente/a e Tesoreiro/a na Xunta Directiva da ANPA.
Asuntos varios: Comedor e Actividades Extraescolares.
Rogos e preguntas
Meaño, a 11 de xuño de 2023. Prégase a máxima asistencia pola importancia dos temas a tratar.