Información do menú do mes (non inclúe menús especiais por alerxias ou intolerancias)
No curso 2022-2023 a ANPA A Toxa conseguiu poñer en funcionamento o comedor escolar, coa axuda da Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades da Xunta de Galicia coa entrega de mobiliario e do Concello de Meaño coa adeucación do local.
A ANPA xestiona o comedor a través da empresa GRUPO GALLEGO CATERING ARELAS, S.L
Este curso 2025-2026 para inscribirse no comedor en calquera momento e necesario seguir os seguintes pasos:
Renovación para os que xa asistiron ao comedor no curso pasado :
CORREO ELECTRÓNICO: calidad@arelas.es
TELÉFONO: 986 40 81 51 (en horario de 8:00h a 15:00h)
INFORMACIÓN A INDICAR:
1. Nome e apelidos do neno/a
2. Colexio
3. Curso ao que pasa
4. Un teléfono de contacto actualizado
5. Días de asistencia
6. Data de inicio
7. Alerxias e ou intolerancias
8. Número de conta, se houbese cambio.
Novas altas (primeira inscrición) :
Debe achegarse ficha de inscrición, que se adxunta, debidamente cuberta.
Para dispoñer de información para as inscricións, tamén se adxunta a un documento con datos relativos á prestación do Servizo de Comedor.
Os usuarios do Servizo de Comedor deberán ser ou facerse socios da ANPA A TOXA.
Desde a Xunta Directiva da ANPA A Toxa pedimos compromiso dos pais e das nais neste servizo, procurando cumprir as normas establecidas, sobre todo respecto a informar das faltas de asistencia ao comedor e a cumprir coa obriga de pago do servizo contratado, pois, do contrario, as obrigas trasládanse ao ANPA”.