Actividades Extraescolares 2024-2025
Dende a ANPA A TOXA informamos as familias do CEIP As Covas de Meaño que dende o venres 13 repartiranse no Colexio as follas de inscrición nas actividades para este curso 2024-2025.
O prazo de entrega das inscricións no Colexio ou aos membros da Xunta Directiva da ANPA finaliza o vindeiro 27 de setembro.
Adxuntamos as follas de inscrición no Abalar remitido, sendo unhas actividades de ámbito externo (organizadas polos clubes) e outras organizadas pola ANPA a través da empresa Educaocio ou da empresa Sportskids.
As actividades de Educaocio, de acadar o mínimo de inscritos (10 nenos/as), realizaríanse no Colexio ou no Pavillón de Meaño e son as seguintes:
Multideporte Luns de 16:00 a 17:00 horas 16€/mes.
Axedrez Martes de 16:00 a 17:00 horas 17€/mes.
Taller Creativo Mércores de 16:00 a 17:30 horas 23€/mes (material incluido).
Baile Moderno Venres de 16:00 a 17 horas 16€/mes.
A actividade de Sportskids, de acadar o mínimo de inscritos (8 nenos/as), realizaríase no Colexio e é a seguinte:
Ciencia Creativa Martes de 17:00 a 18:00 horas 20€/mes.
Todas as actividades van dirixidas aos socios da ANPA e comenzarán a partir do martes 1 de outubro de 2024, salvo causa de forza maior, e durarán ata o venres 30 de maio de 2025 (en xuño 2025 non haberá actividades).
FESTA FIN DO CURSO 2023-2024
Excursión fin de curso a Granxa Escola Kiriko
Este ano dende a ANPA A TOXA do CEIP As Covas de Meaño propoñemos unha saída á granxa escola Kiriko en Fornelos de Montes (Pontevedra).
Se o tempo o permite será o día 16 de xuño, saíndo dende o Colexio ás 9:30 horas e con volta ás 20:00 horas. Haberá que estar 15 minutos antes da saída no Colexio para sair puntuais.
A excursión inclúe:
11:00h-12:45h.- Visita aos animais da granxa.
13:00h-14:00h.- Comida.
14:00h-14:30h.- Tempo libre atendido polos monitores.
14:30h-16:00h.- Roteiro de interpretación polo bosque.
16:00h-17:30h.- Taller de elaboración de galletas e realización de chapas.
17:30h.- Merenda.
18:00h.- Fin do programa.
O prazo para inscribirse finaliza o 31 de maio. As follas de inscripción poden entregarse no Colexio ou a calquera membro da ANPA.
As prazas son limitadas, polo que terán preferencia os socios e seguirase unha estrita orde de inscrición.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023/2024
ANPA A TOXA INFORMA: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
Dende a ANPA A TOXA informamos as familias do CEIP As Covas de Meaño que dende o mércores 20 repartiranse no Colexio as follas de inscrición nas actividades para este curso 2023-2024.
O prazo de entrega das inscricións no Colexio ou aos membros da Xunta Directiva da ANPA finaliza o vindeiro 27 de setembro.
Adxuntamos as follas de inscrición no Abalar remitido, sendo unhas actividades de ámbito externo (organizadas polos clubes) e outras organizadas pola ANPA a través da empresa Educaocio.
As actividades organizadas pola ANPA, de acadar o mínimo de inscritos, realizaríanse no Colexio e son as seguintes:
Baile Moderno Martes de 16:00 a 17:00 horas 15€/mes.
Inglés Lúdico Venres de 16:00 a 17:00 horas 15€/mes.
Taller Creativo Mércores de 16:00 a 17:30 horas 22€/mes (material incluido).
Robótica Xoves de 16:00 a 17:30 horas 25€/mes. Se os nenos e as nenas poñen as tablets, non pagan matrícula. Se as pon Educaocio, a matrícula é de 25€.
Estas actividades van dirixidas aos socios da ANPA, pero poden participar nenos e nenas non socios sempre que aboen a maiores na conta da ANPA 3 euros mensuais por actividade.
As actividades de ambito externo organizadas por clubes:
Tenis de Mesa (Organizado por C.T.M. GAM Meaño) Os luns, mércores e venres de 17:30 a 19:30 horas no Pavillón de Xil, ata fin de obras no de Meaño. Licencia Xogade Anual (5 euros). Coste: 1 día, 1 hora, 13 euros por mes; 2 ou 3 días, 1 hora por día, 20 euros por mes.
Ximnasia rítmica (Organizado por Clube Rítmica Salnes) Todos os xoves de 16 a 17 horas na Aula de Música do Colexio. Coste: 12 euros por mes. Seguro de 10 euros. Mínimo de 10 nenos/as. Máximo de 20 nenos/as.
Kick Boxing (Organizado por Clube PARABELLUM Fight Club) Todos os martes e xoves de 17 a 18 horas Iniciación (de 3 a 7 anos). Todos os martes e xoves de 18 a 19 horas Infantil (de 8 a 12 anos). Coste: 1 día, 12 euros por mes; 2 días, 20 euros por mes. Lugar: Centro Social de Dena.
Todas as actividades comenzarán a partir do luns 2 de outubro de 2023, salvo causa de forza maior.
FESTA FIN DE CURSO 2022/2023
Este ano dende a ANPA A TOXA do CEIP As Covas de Meaño recuperamos a Festa de Fin de Curso, que non se celebrou nos últimos anos pola pandemia do COVID-19.
Terá lugar o mércores 21 de xuño das 17 horas ás 20:00 horas no Pavillón de As Covas de Meaño.
Os nenos e as nenas poderán disfrutar de inchables, xogos e merenda.
Folla de Inscripción , que tamén se entregará en papel no Colexio, para ter previsión de asistencia.
O prazo para inscribirse finaliza o luns 19 de xunio.
As follas de inscripción poden entregarse no propio Colexio ou a calquera membro da Xunta Directiva da ANPA A TOXA.
A entrada será gratuita para os nenos e as nenas socios da ANPA, cobrándose unha entrada de 4 euros aos nenos e ás nenas non socios da ANPA.
Esperamos que moitos nenos e moitas nenas acudan a esta gran Festa de Fin de Curso”.
Escola de familias
Excursión fin de curso a Parque Zoolóxico MARCELLE NATUREZA
Este ano dende a ANPA A TOXA do CEIP As Covas de Meaño propoñemos unha saída moi especial ao Parque Zoolóxico MARCELLE NATUREZA en Outeiro de Rei (Lugo).
Se o tempo o permite será o día 27 de maio, saíndo dende o Colexio ás 9:00 horas e con volta ás 20:00 horas. Haberá que estar 15 minutos antes da saída no Colexio para sair puntuais.
O prezo (que inclúe traslado en autobús e entrada ao parque) será de 12€ para os nenos socios e 25€ para seu pai/nai/titor; e de 26€ para nenos non socios e 30€ para seu pai/nai/titor.
Deberá entregarse coa inscripción en sobre pechado o total que resulte das persoas inscritas.
Non esquezades levar roupa e calzado cómodo, e tamén protección solar. Cada un terá quelevar a súa comida e a súa bebida, ou utilizar a restauración do parque.
O prazo para inscribirse finaliza o martes 16 de maio. As follas de inscripción poden entregarse xunto cos sobres dos cartos no Colexio ou a calquera membro da ANPA.
As prazas son limitadas, polo que terán preferencia os socios e seguirase unha estrita orde
de inscrición.
Fotografías excursión fin de curso a Parque Zoolóxico MARCELLE NATUREZA
Visita de Papa Noel ao colexio nos anos 2017, 2018, 2019, 2021, 2022
Obra de teatro e baile na festa final de curso 2018/2019