Dende a ANPA A Toxa queremos propoñernos novos obxectivos, novos logros e novos desexos, que serían:
Afianzar o Proxecto Educativo do Centro, informando máis amplamente do mesmo e facendo o desenrolo normativo necesario (NOF e Plan de Convivencia), cunha participación activa das familias.
Continuar a comunicación aberta e fluída co Equipo Directivo do Centro, establecendo os mecanismos oportunos para que dita comunicación sexa eficaz e eficiente.
Afianzar a participación dos pais e da ANPA na Comisión de Familias.
Continuar coa organización de actividades e coa participación en outras que organice a comunidade educativa, procurando xestionalas mellor cunha correcta coordinación co Centro, co Concello e coa ANPA de Dena.
Incentivar ós pais para a súa participación activa na vida do Colexio e fomentar o ingreso na asociación de máis pais.
Continuar a “Escola de Familias”, buscando que se fagan as sesións con máis regularidade e con máis participación dos pais.
Reclamar ó Concello que se cree a praza de Conserxe e se cubra de forma permanente.
Mirar polo mantemento da Aula de Acollida – Plan Madruga e do Comedor no noso centro educativo para que nais e pais poidan conciliar a vida familiar, laboral e escolar.
Reclamar, en unión coa ANPA de Dena, unha praza compartida de persoal administrativo que preste servizo nos dous colexios de As Covas e Dena.
Solicitar das Administracións competentes as melloras en obras e materiais que se estimen necesarias para o noso Colexio.
Nos últimos anos a actividade da ANPA creceu enormemente. As actividades realizadas ou participadas pola ANPA concrétanse en:
Organización e xestión de actividades extraescolares para os nenos e nenas.
Impulso da participación das nais e dos pais nas Eleccións a Representantes dos Pais e Nais no Consello Escolar.
Colaboración nos actos e festas organizados polo Colexio.
Presentación no Concello de escritos pedindo a creación da praza de Conserxe para o Colexio.
Reunións co Xefe Territorial da Concellería de Educación para reclamar obras e melloras para o colexio.
Organización da “Escola de Familias”, en colaboración coa Asociación Avante de Portonovo.
Participación na Comisión de Familias creada no Colexio.
Reunións frecuentes co Equipo Directivo do Centro para incrementar a participación dos pais na vida do Colexio.
Reclamación da instauración do Plan Madruga para o Colexio.
Colaboración no desenrolo do Proxecto Documental Integrado (PDI) de cada curso escolar.
Festa de Fin de Curso da ANPA.
Colaboración no desenrolo do Festival de Fin de Curso.
Xestión da Excursión de Fin de Curso.
Participación activa en tódolos Consellos Escolares, ordinarios e extraordinarios, aportando ideas e mostrando os intereses dos pais e nais ó resto da comunidade educativa.
Aportacións económicas para o Colexio, como a entrega de 2000 euros para material matemático e científico durante a pandemia do Covid-19.
Solicitude de instauración e xestión do Comedor Escolar.
A ledicia polo vivido ata agora e a valoración positiva do traballo da ANPA e do resto da comunidade educativa non poden supoñer en ningún caso unha sensación de meta acadada. Pola contra debemos seguir afianzando o ben feito e mellorando o que non está ben feito ou non se acadou.
As actividades desenroladas pola ANPA A Toxa fanse grazas a participación dos pais e nais do Colexio que prestan o seu tempo para que os nenos e nenas poidan gozar delas.
O desenvolvemento das actividades permite que a asociación poida axudar tanto ós nenos como ós pais a gozar do Colexio como un espazo común de convivencia e diversión, máis alá da mera labor educativa, o que fai que o Colexio non solo sexa un lugar no que aprender, senón un lugar en torno o cal poida xirar a vida social de Meaño.
En definitiva, dende a ANPA A Toxa o que pretendemos é que o Colexio sexa un punto de reunión para as familias, centro neurálxico da vida e educación dos nosos fillos e das nosas fillas.