Información comedor escolar (preme aquí)
Activiades extraescolares curso 2025-2026 (Proximamente)
Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria 2024
Pola presente convocamos a tódolos/as pais/nais de alumnos/as á Asamblea Xeral Ordinaria o vindeiro venres 27 de setembro, no Colexio “As Covas”, ás 21:00h. en primeira convocatoria e ás 21:30h. en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do Día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Estado de Contas.
3. Cuota anual de socios. Aprobación e data límite de pago.
4. Información das Actividades Extraescolares 2024-2025.
5. Aula Acollida do Plan Madruga.
6. Servizo de Comedor.
7. Rogos e preguntas.
Meaño, a 20 de setembro de 2024.
A Presidenta da ANPA
Marta Aragunde Conde
Festa fin de curso
O venrés 21 de xuño de 16:30 a 20:30 festa fin de curso no pabillón de Meaño ( para máis información preme aquí
Excursión fin de curso a Granxa Escola Kiriko
Este curso a excursión organizada pola ANPA a Toxa será a Granxa Escola Kirico (para máis información preme aquí)
Activiades extraescolares curso 2023-2024 (Información preme aquí)
ANPA A TOXA INFORMA: SERVIZO DE COMEDOR E DE GARDA PARA O CURSO 2023-2024.
Desde a ANPA A Toxa queremos informar os pais e as nais para proceder ás inscricións de fronte ao novo Curso 2023-2024.
As novas inscricións realizásense nos meses de xullo e agosto.
FORMA:
Renovación para os que xa asistiron ao comedor no curso pasado :
CORREO ELECTRÓNICO: calidad@arelas.es
TELÉFONO: 986 40 81 51 (en horario de 8:00h a 15:00h)
INFORMACIÓN A INDICAR:
1. Nome e apelidos do neno/a
2. Colexio
3. Curso ao que pasa
4. Un teléfono de contacto actualizado
5. Días de asistencia
6. Día de inicio
7. Alerxias e ou intolerancias
Novas altas (primeira inscrición) :
Debe achegarse ficha de inscrición, que se adxunta, debidamente cuberta.
Para dispoñer de información para as inscricións, tamén se adxunta a un documento con datos relativos á prestación do Servizo de Comedor.
Os usuarios do Servizo de Comedor deberán ser ou facerse socios da ANPA A TOXA.
Desde a Xunta Directiva da ANPA A Toxa pedimos compromiso dos pais e das nais neste servizo, procurando cumprir as normas establecidas por Catering Arelas, sobre todo respecto a informar das faltas de asistencia ao comedor e a cumprir coa obriga de pago do servizo contratado, pois, do contrario, as obrigas trasládanse ao ANPA”.