Benvida
Novas MeGaBiBlio
Boletín outubro 2024
Saboreando el cielo (dende a MegaBiblio...)
A MeGaBiblio inicia este curso escolar cunha nova iniciativa: a publicación dun boletín mensual coa recomendación dunha lectura elixida por un Departamento Didáctico, iniciativa esta que é continuación daquelas "Receitas de lectura" que iniciaramos o curso pasado.
Neste mes de outubro, o Departamento e Lingua Castelá e Literatura propónnos "Saboreando el cielo", de Ibtisam Barakat, unha obra que nos transporta á máis “rabiosa actualidade”, dito isto con todo o sentido da palabra, que nos permite coñecer de primeira man a realidade da vida cotiá nos territorios palestinos ocupados polo exército israelí.
Apertura da Biblioteca Luns 30 de setembro
Enviado por admin o 18 Septembro, 2024 - 08:35 Novas MeGaBiblio
O vindeiro luns 30 de setembro, a MeGaBiblioteca abrirá as súas portas para este curso 2024/2025. Comeza o servizo de préstamo e as actividades en que poderás participar. Achégate para disfrutar só ou en compañía de lecturas, xogos…
En breve informarémosvos das novidades editoriais e dalgunhas propostas de interese para este novo curso.
Receitas de Lectura: "A evolución de Calpurnia Tate"
Dende a MeGaBiblioteca seguimos a cuidar da saúde da Comunidade Escolar coa segunda entrega da serie de "Receitas de Lectura".
Neste mes de xaneiro será o departamento de Bioloxía e Xeoloxía quen nos prescriba á lectura de "A evolución de Calpurnia Tate", a historia dunha nena que vive nun pobo de Texas e que, malia os intentos da súa nai para que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, está máis interesada no que ocorre tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio.
Mes da Ciencia en Galego
Novembro é o Mes da Ciencias no IES García Barros e como parte desta efeméride o traballo conxunto do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Biblioteca e Equipo de Normalización Lingúística, culminou hoxe 23 de novembro cunha mañá chea de experimentos e experiencias científicas relacionadas coas Ciencias da Saúde onde o alumnado de 1º Bacharelato (Bacharelato científico) fixo demostracións variadas ao alumnado de 2º e 3º da ESO.
Demostracións como extracción de ADN, visualización de amidón presente nos alimentos, valoración de Vitamina C en diferentes froitas ou experiencias para poñer a proba os nosos sentidos, convertiron a biblioteca escolar e a sala de usos múltiples nun laboratorio didáctico e divertido durante a mañá.
Receitas de Lectura: "Circe"
Dende a MeGaBiblioteca queremos contribuír á mellora da saúde de toda a comunidade escolar facéndovos chegar a primeira dunha serie de "Receitas de Lectura", que cunha periodicidade mensual serán publicadas e distribuídas por todo o Centro.
Neste mes de novembro será o departamento de Latín e Grego o encargado de abrir a rolda de propostas con esta receita que nos invita á lectura de "Circe", a historia daquela famosa feiticeira que convertera aos compañeiros de Odiseo en animais.
Saca os libros de vacacións!!!
Podes levar ata 3 libros da MeGaBiblioteca e devolvelos en setembro.
Estaremos ata o día 30!!!
Achégate ou contacta connosco en megabiblioteca@iesgarciabarros.org para coñecer os horarios de préstamo.
PD: Lembra devolver os exemplares que tes agora en préstamo.
Obras en voltas
Na MeGaBiblioteca queremos propocionarche lecturas para estes días de vacacións e de frío, pero, como tamén nos gustan as sorpresas, preparamos unha exposición con 51 libros "envoltos".
Escollimos 51 títulos diferentes, en galego, castelán e inglés.
-Hai obras literarias e de divulgación.
-Os envoltorios son nun 90% material reciclado. Se queres, podes traernos os lazos, plumas, flecos... e seguiremos Erre que erre (Reciclar, reusar, redeseñar...)
Cada un deles ten unha "vestimenta" e unha etiqueta que fan referencia ao seu contido, pero non imos dicirche nada máis...
Se algunha das propostas che atrae, podes reservalo na mesa da bibliotecario a partir do venres 16 de decembro e, o día 21 de decembro no 1º recreo, podes vir recollelo (salvo que xa fose solicitado con antelación) terás que devolver o exemplar á volta das vacacións de Nadal.
Se non tes tempo a achegarte á biblioteca a ver todos os paquetes, podes revisalos neste vídeo.
Hora de ler, arrancando un novo curso
Nesta derradeira semana de Setembro comezou Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.
Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.
Sementando Pensamentos
Non MGB celebramos o día de Rosalía "sementando pensamentos...."
* Organizado polo departamentos de Galego, Dinamización e MeGaBiblioteca.
Reunión do Clube de Lectura o próximo martes 22
O martes 22 de febreiro reunímonos os grupos de Corredoiras e o de Autoestradas do clube de lectura.
Xantamos xuntos e despois quedamos con Usha e Jane Eyre.
Obradoiro de lettering na Biblioteca este venres!
O venres 18 de febreiro, no 1º recreo 2 alumnas do centro impartirán un obradoiro de lettering na biblioteca.
A esta técnica (non confundir coa Caligrafía ou a Tipografía) pódeselle denominar tamén Rotulación e poderiamos definila como "A arte de debuxar as letras".
Tivo o seu máximo esplendor nos anos 30-60 do pasado século. Hoxe en día é moi fácil que nos topemos con exemplos de Lettering nas marquesiñas dos bares, nas pizarras co menú do día ou en calquera outra peza promocional.
Recomendacións de lectura para Nadal
Neste doc poderás ver as recomendacións de lectura propostas conxuntamente polas tres bibliotecas dos IES de A Estrada. Nesta listaxe hai libros e banda deseñada, agrupados en distintos niveis:
para 1º e 2º da ESO
para 3º e 4º da ESO
para Bacharelato e Adultos
Pasa pola MeGaBiblio e leva a túa lectura de Nadal para estas vacacións!
Mes da ciencia en galego na MeGaBiblio
Este mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha selecta de libros da nosa MeGaBiblio, comentaos e agrupados por materias:
Xeral, Ecoloxía-Ciencias da Terra, Matemáticas, Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía, Astronomía e Tecnoloxía-Informática.
Podes vela nesta presentación de Genially!
Os diplomas dos axudantes da Biblio na Prensa
Así recolle a prensa o acto de entrega de diplomas do pasado xoves:
Noticia de entrega dos diplomas no Faro de Vigo
Noticia na Voz de Galicia
Na páxina da Xunta de Galicia
Entrega de diplomas aos axudantes da MeGaBiblio
Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro), o xoves 21 de outubro (ás 10,00 da mañán) don Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística) entregará aos rapaces que colaboraron como axudantes da biblioteca escolar nos cursos 2020-2021 e 2019-2020 os diplomas que acreditan a súa participación no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de educación) coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.
Aqueles axudantes que están a cursar estudos universitarios serán convocados próximamente.
Novas adquisicións. 19 de outubro.
Libros:
Películas:
Entrega dos carnets da MeGaBiblio
Mañá, mércores 20, e o xoves 21 de outubro, os axudantes da biblioteca de 2.º, 3.º e 4.º de ESO farán a entrega dos carnets da Biblioteca no horario seguinte:
Mércores 20 na 3.ª hora: 1.º ESO A (Inglés con Mª Ángel) e 1.º ESO C (Reforzo con Teresa Filloy) Entregarán os carnés: Nicolás Moure e Marco Montenegro, de 2º ESO B (en Tecnoloxía con Lorena)
Mércores 20 na 5ª hora: 1.º ESO B (Galego con María Mansilla).Entregarán os carnés: Mateo Villanueva (de 2.º ESO C, en Francés con Teresa Iglesias) e Ángela Caeiro (de 4.º ESO B, en Galego con Miguel Bugallo/Inés)
Xoves 21 na 5ª hora: 1.º ESO C (Francés con Alicia). Entregan os carnés: Aroa Carballo (de 3.º ESO C en Inglés con Fina Brea) e Roberto Vieites (de 3.º ESO A en Plástica con Celia).