Neste mes de xaneiro, o Departamento e Lingua Galega e Literatura fainos unha dobre proposta: "A linguaxe das plantas", de Helena Harastova, e "Non penses nun elefante rosa", de Antía Yáñez.
Neste doc poderas ler un breve resumo, as razóns polas que se recomendan e a quen van dirixidos.
A MeGaBiblio inicia este curso escolar cunha nova iniciativa: a publicación dun boletín mensual coa recomendación dunha lectura elixida por un Departamento Didáctico, iniciativa esta que é continuación daquelas "Receitas de lectura" que iniciaramos o curso pasado.
Neste mes de outubro, o Departamento e Lingua Castelá e Literatura propónnos "Saboreando el cielo", de Ibtisam Barakat, unha obra que nos transporta á máis “rabiosa actualidade”, dito isto con todo o sentido da palabra, que nos permite coñecer de primeira man a realidade da vida cotiá nos territorios palestinos ocupados polo exército israelí.