O luns dá problemas

O luns dá problemas é unha nova iniciativa da MeGaBiblioteca do IES Manuel García Barros. Todas as semanas proporanse unhas actividades que hai que resolver no prazo da semana (5 días): acadará o recoñecemento de Pensador do Mes @s alumn@s que resolvan o maior número de probas nese mes.

Que actividades? De todo tipo: sudokus, encrucillados (en galego, en castelán ou en inglés) e en xeral calquera outra que se nos ocorra e que vos faga pensar. Si, queremos que rompades un pouquiño a cabeza!

Cando? No primeiro recreo de cada luns daranse a coñecer na MeGaBiblioteca as probas para esa semana. Recollerémolas no primeiro recreo do venres desa mesma semana no mesmo lugar.

Teño que facer todo? Pois todo o que poidas. Cantas máis fagas, mellor.

Por último, lembra que a participación pode ser individual ou en grupo de ata catro persoas e que na MeGaBiblioteca tes acceso a diccionarios e ordenadores no caso de ter dúbidas.

O pensador