Catalibros

PROTOCOLO FILMACIÓN CATALIBROS

  1. Todo aquel membro da Comunidade Educativa que desexe participar, deberá comunicalo ao equipo da MeGaBiblio (megabiblioteca@iesgarciabarros.org)
  2. Os interesados deberán filmar eles mesmos un borrador en vídeo do seu “Catalibros”, subilo á súa unidade de Drive, e compartilo co equipo da Biblio (correo-e anterior)

Ese borrador deberá cumprir as seguintes condicións:

  • duración máxima de 3 minutos
  • Comezará cunha presentación
    • do propio alumno (son * da clase de *...)
    • do autor do libro (datas, nacionalidade, etc.)
    • do título do libro (título, data de publicación e lugar, etc.)
  • Deberá mostrar a portada do libro a cámara
  • A continuación deberá tratar estes aspectos
    • datas, época/s e lugar/lugares onde ten lugar a obra
    • breve resume do argumento (sen desvelar final ou detalles demasiado relevantes)
    • descrición dos personaxes
    • opinión persoal da obra
    • relación con outros libros (se che gustou este quizais che poida gustar estoutro…)
  1. Unha vez visionado o borrador polo profesor responsable, deberá corrixir os erros observados no mesmo e darlle ao alumno todas as indicacións que considere oportunas para melloralo.
  2. Por último, comunicará ao equipo da biblioteca que o proxecto está listo para a filmación definitiva, que terá lugar na data que fixe o equipo, previa coordinación co profesor e alumno.