MeGaBiblio e Matemáticas

Alice Munro. Demasiada felicidad.

Demasiada felicidade (2009) é un libro de relatos de Alice Munro, Nobel de Literatura 2013. A narración que dá título ao libro é a historia real de Sofia Kovalevski, unha matemática rusa de finais do XIX que se enfrentou á sociedade no seu anhelo de ser profesora universitaria.

Nos agradecementos finais de Demasiada felicidade, Alice Munro comenta: Descubrín a SofiaKovalevski un día mentres buscaba outra cousa na Británica. Acombinación de novelista e matemática espertou inmediatamenbte omeu interese e empecei a ler canto encontraba sobre ela. [...] Limitei o meu relato aos días que desembocaron na morte de Sofía, conescenas retrospectivas da súa vida anterior [...]

Poesía e número PI.

Wislawa Szymborska, poeta polaca, premio Nobel de literatura, nada en 1923 e finada en 2012, cuxa obra poética foi traducida ao galego por Lucía Caeiro para Edicións Positivas.

El contable hindú. David Leavitt, Ed Angrama.

O novelista norteamericano David Leavitt aventúrase a reconstruír as relacións do brillante matemático inglés Godfrey Harold Hardy co novo xenio hindú Srinivasa Ramanujan. A fascinación de Leavitt coa vida dos matemáticos continuou despois coa publicación da biografía de Alan Turing.

Los objetos fractales. Benoit Mandelbrot, Tusquets editores.

Un fractal é un obxecto xeométrico cuxa estrutura básica, fragmentada ou irregular, se repite a diferentes escalas. O termo foi proposto polo matemático Benoît Mandelbrot en 1975 e deriva do latín fractus, que significa quebrado ou fracturado.

Na natureza atopamos moitas formas fractais:

Unha matemática galega

María Wonenburger (Oleiros, 1927- A Coruña, 2014) foi unha matemática galega de sona internacional, pero esquecida no seu país. O traballo de investigación de María Wonenburger centrouse na Teoría de Grupos. Obtivo resultados moi importantes nas Álxebras de Kac-Moody con aplicacións en Física.