Benvida

Novas MeGaBiBlio

Receitas de Lectura: "A evolución de Calpurnia Tate"

Dende a MeGaBiblioteca seguimos a cuidar da saúde da Comunidade Escolar coa segunda entrega da serie de "Receitas de Lectura". 

Neste mes de xaneiro será o departamento de Bioloxía e Xeoloxía quen nos prescriba á lectura de "A evolución de Calpurnia Tate", a historia dunha nena que vive nun pobo de Texas e que, malia os intentos da súa nai para que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, está máis interesada no que ocorre tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio.

Mes da Ciencia en Galego

Novembro é o Mes da Ciencias no IES García Barros e como parte desta efeméride o traballo conxunto do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Biblioteca e Equipo de Normalización Lingúística, culminou hoxe 23 de novembro cunha mañá chea de experimentos e experiencias científicas relacionadas coas Ciencias da Saúde onde o alumnado de 1º Bacharelato (Bacharelato científico) fixo demostracións variadas ao alumnado de 2º e 3º da ESO.

Demostracións como extracción de ADN, visualización de amidón presente nos alimentos, valoración de Vitamina C en diferentes froitas ou experiencias para poñer a proba os nosos sentidos, convertiron a biblioteca escolar e a sala de usos múltiples nun laboratorio didáctico e divertido durante a mañá.

Receitas de Lectura: "Circe"

Dende a MeGaBiblioteca queremos contribuír á mellora da saúde de toda a comunidade escolar facéndovos chegar a primeira dunha serie de "Receitas de Lectura", que cunha periodicidade mensual serán publicadas e distribuídas por todo o Centro. 

Neste mes de novembro será o departamento de Latín e Grego o encargado de abrir a rolda de propostas con esta receita que nos invita á lectura de "Circe", a historia daquela famosa feiticeira que convertera aos compañeiros de Odiseo en animais. 

Saca os libros de vacacións!!!

Podes levar ata 3 libros da MeGaBiblioteca e devolvelos en setembro.

Estaremos ata o día 30!!!

Achégate ou contacta connosco en megabiblioteca@iesgarciabarros.org para coñecer os horarios de préstamo.

PD: Lembra devolver os exemplares que tes agora en préstamo.

Recomendacions verán A4 2023.pdf

Obras en voltas

Na MeGaBiblioteca queremos propocionarche lecturas para estes días de vacacións e de frío, pero, como tamén nos gustan as sorpresas, preparamos unha exposición con 51 libros "envoltos".

 Escollimos 51 títulos diferentes, en galego, castelán e inglés.

-Hai obras literarias e de divulgación.

-Os envoltorios son nun 90% material reciclado. Se queres, podes traernos os lazos, plumas, flecos... e seguiremos Erre que erre (Reciclar, reusar, redeseñar...)

 Cada un deles ten unha "vestimenta" e unha etiqueta que fan referencia ao seu contido, pero non imos dicirche nada máis...

Se algunha das propostas che atrae, podes reservalo na mesa da bibliotecario a partir do venres 16 de decembro e, o día 21 de decembro no 1º recreo, podes vir recollelo (salvo que xa fose solicitado con antelación) terás que devolver o exemplar á volta das vacacións de Nadal.

Se non tes tempo a achegarte á biblioteca a ver todos os paquetes, podes revisalos neste vídeo.

Hora de ler, arrancando un novo curso

Nesta derradeira semana de Setembro comezou Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.

Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.

Sementando Pensamentos

Non MGB celebramos o día de Rosalía "sementando pensamentos...."


* Organizado polo departamentos de Galego, Dinamización e MeGaBiblioteca.

Reunión do Clube de Lectura o próximo martes 22

O martes 22 de febreiro reunímonos os grupos de Corredoiras e o de Autoestradas do clube de lectura.

Xantamos xuntos e despois quedamos con Usha e Jane Eyre.

Obradoiro de lettering na Biblioteca este venres!

O venres 18 de febreiro, no 1º recreo 2 alumnas do centro impartirán un obradoiro de lettering na biblioteca.

A esta técnica (non confundir coa Caligrafía ou a Tipografía) pódeselle denominar tamén Rotulación e poderiamos definila como "A arte de debuxar as letras".

Tivo o seu máximo esplendor nos anos 30-60 do pasado século. Hoxe en día é moi fácil que nos topemos con exemplos de Lettering nas marquesiñas dos bares, nas pizarras co menú do día ou en calquera outra peza promocional.

Recomendacións de lectura para Nadal

Neste doc poderás ver as recomendacións de lectura propostas conxuntamente polas tres bibliotecas dos IES de A Estrada. Nesta listaxe hai libros e banda deseñada, agrupados en distintos niveis:

Pasa pola MeGaBiblio e leva a túa lectura de Nadal para estas vacacións!

Mes da ciencia en galego na MeGaBiblio

Este mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha selecta de libros da nosa MeGaBiblio, comentaos e agrupados por materias:

Xeral, Ecoloxía-Ciencias da Terra, Matemáticas, Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía, Astronomía e Tecnoloxía-Informática.

Podes vela nesta presentación de Genially!

Os diplomas dos axudantes da Biblio na Prensa

Así recolle a prensa o acto de entrega de diplomas do pasado xoves:

Entrega de diplomas aos axudantes da MeGaBiblio

Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro), o xoves 21 de outubro (ás 10,00 da mañán) don Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística) entregará aos rapaces que colaboraron como axudantes da biblioteca escolar nos cursos 2020-2021 e 2019-2020 os diplomas que acreditan a súa participación no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", da  Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de educación) coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.

Aqueles axudantes que están a cursar estudos universitarios serán convocados próximamente.

Entrega dos carnets da MeGaBiblio

Mañá, mércores 20, e o xoves 21 de outubro, os axudantes da biblioteca de 2.º, 3.º e 4.º de ESO farán a entrega dos carnets da Biblioteca no horario seguinte:

https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

Plano da MeGaBiblio

https://www.thinglink.com/scene/726741092405346306

Conservación de Fondos e expurgo