Para axudar a estes extraterrestres teredes que crear un folleto turístico dixital, que sexa orixinal e rechamante para presentar e explicar as marabillas da noso Sistema Solar.
Para levar a cabo a tarefa teredes explicadas, no apartado de proceso, cada unha das actividades que deberedes repartir entre vós para recopilar a información necesaria. Ademais, para realizar o produto final teredes que empregar a páxina de Canva (podedes acceder a ela facendo clic na palabra Canva), que vos permitirá deseñar folletos espectaculares e moi creativos.
Nos vos preocupedes astronautas, que sabemos que vós sodes os/as perfectos/as para esta misión!
Contamos convosco!!