Contaredes con dúas sesións para recadar información, tres sesións para a elabroración do traballo e unha ou dúas para expor o voso traballo ao resto da clase. Para isto deberedes facer grupos duns 5 membros, dos cales, cada un/unha se especializará nuha das cinco actividades para despois polas en conxunto. Toda a información atopada terédela que pór en conxunto na tarefa final:
1ª ) Investigación: “Os planetas gaseosos”
Actividade 1: Cales son os planetas gaseosos e porque se lles chama gaseosos?
Atoparás a información precisa neste blog na primeira páxina, selecciona o máis importante e coas túas palabras.
Actividade 2: Anota unha das características máis importantes de cada un.
Atoparás a información precisa neste vídeo entre o minuto 11:20 e o 17:00.
2ª) Hora do calor!!! Ben miniastronauta, agora xa coma o teu compañeiro/a está a investigar os planetas fríos e gaseosos.
Túa primeira tarefa nesta parte será descubrir o nome destes planetas e descubrir por qué se lles chaman planetas rochosos. Estos extraterrestres xa pasaron ás súas aventuras no frío e agora queren poñerse morenos ao calorciño. Para mellorar as súas vacacións, que tal se lle contamos algunhas curiosidades e características sobre estes planetas e lles mostramos algunhas imaxes?
Poderás encontrar máis información ou axudarte deste VÍDEO
Tamén poderás obter información desta PÁXINA WEB bastante completa.
3ª Descubre como e por que se forman as estacións e os días e as noites: movemento de rotación e traslación.
Actividade: Axuda aos extraterrestres a resolver o misterio que supoñen para eles a formación dos días e das noites e a existencia das estacións. Non entenden porque hai momentos nos que está todo escuro e outros nos que hai moita luz. Tampouco saben que traxes traer cando veñen ao noso planeta, pois a última vez que nos visitaron levaron os seus traxes longos e pasaron moito calor… e agora que trouxeron os curtos teñen frío!!
Contas con varios recursos nos que buscar, co obxectivo de que contrastes a información de varias fontes e a sintetices e transformes. Neste vídeo da ESA (Agencia Espacial Europea) atoparás unha breve explicación do tema. Ademais, nesta presentación e nesta páxina web encontrarás información relevante para realizar a tarefa.
4ª) Que pasou con Plutón? Que se pode atopar na inmensidade do Universo?
Actividade: Por que Plutón xa non é considerado o noveno planeta do Sistema Solar? Razoa se nós, os humanos, poderiamos vivir nas condicións que se dan en Plutón.
Debes ler est pdf e este blog, xa que inclúe datos importantes cos que podes dar resposta ás cuestións plantexadas.
5º Que elementos conforman o Universo?
Adéntrate nas profundidades do Universo e analiza os diferentes elementos que o constitúen (buratos negros, galaxias, estrelas…).
Atoparás a información necesaria neste documento.
Ademais, poñemos á vosa disposición unha serie de recursos que vos servirán como pistas e vos axudarán a resolver as actividades:
Este documento pode proporcionarvos información sobre calquera das tarefas que vos pedimos.
No noso blog atoparedes algúns recursos interactivos que vos facilitarán información relevante para as asctivivdaes, así como novos datos para seguir aprendendo. Tamén encontraredes numerosos xogos para pór a proba os vosos coñecementos sobre a astronomía e o universo.
Moito ánimo!! Agardamos que poidades axudar aos extraterrestres na súa viaxe espacial!