Esta Webquest está elaborada para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. Nela preséntanse os diferentes elementos que configuran o Sistema Solar e o Universo, así como as súas características e curiosidades. O produto final consiste na elaboración por parte do alumnado dun folleto turístico, mediante os recursos e as actividades que se lles propoñen.
Os e as estudantes deberán formar grupos equilibrados de cinco persoas e repartirse entre eles e elasas diferentes actividades que se especifican no apartado de proceso.
O tema tratado enmárcase dentro do Bloque 2. O mundo no que vivimos da materia de Ciencias Sociais.
Cómpre ter en conta que os alumnos e alumnas que fagan esta Webquest deben ter coñecementos básicos sobre a utlización de recursos TIC e dos contidos previos a este tema.
Nivel académico e curso ao que vai dirixida: 3º e 4º de Educación Primaria.
Materia na que se pode encadrar: Ciencias Sociais.
Duración estimada: 6/7 sesións de 1 hora cada unha.
TEMPORALIZACIÓN
Sesións 1 e 2: presentación do proxecto a realizar por parte do porfesor ou profesora e busca e selección da información necesaria.
Sesións 3, 4 e 5: realización das actividades correspondentes a cada alumno/a e elaboración da tarefa final.
Sesións 6 e 7: exposición oral dos traballos.
RECURSOS
Os recursos necesarios para levar a cabo o proxecto son:
Un ordenador para cada un/unha.
Conexión a Internet.
Proxector para presentar os traballos na aula.
CONTIDOS
Contidos traballados na Webquest:
Distincións existentes entre planetas rochosos e gasosos
Características propias de cada planeta do Sistema Solar
Estudo sobre os movementos da Terra
Estudo breve sobre Plutón
Definicións de algúns dos distintos compoñentes do Universo
OBXECTIVOS
Os obxectivos que pretendemos acadar son de 2 tipos:
Os obxectivos curriculares:
h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia.
e) Coñecer e utilizar de maneira apropiada a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas linguas.
En canto aos obxectivos que pretendemos acadar coa unidade didáctica:
Aprender a utilizar as ferramentas TIC adecuadamente.
Aprender a sintetizar e a analizar a información.
Aprender a colaborar e a traballar en equipo.
Aprender a contrastar información de varios sitios web.
Aprender a facer conclusións propias do aprendido.
Fomentar a creatividade e orixinalidade.
COMPETENCIAS BÁSICAS
En relación ás competencias básicas, trabállanse estas tres:
a) Comunicación lingüística (CCL): fomentar a comprensión lectora, mellorar a búsqueda e selección da información e adquirir unha boa redacción e expresión.
b) Competencia matemática y competencias básicas en ciencia y tecnología (CMCT).
c) Competencia digital (CD): utilizar Internet e as súas plataformas para obter información, comunicarse e aprender.
Autoría: Cristina Diz Castro, Marta Fernández Iglesias e Eva González Méndez.
Blog: https://tecmecb2.blogspot.com/
e-mail: tecmecb2@gmail.com
Todas as imaxes empregadas nesta Webquest son de libre acceso (creative commons).