Noraboa!! 🚀🌟
Conseguistes que os extraterrestres tiveran unha viaxe intergaláctica inolvidable. Quedaron abraiados do ben que tiñades todo preparado e explicado. Traballastes coma un verdadeiro equipo, mellor incluso ca o da NASA!!
Dende o centro de mandos queriamos daros as grazas por haber tido esa capacidade de síntese e selección de información, realmente sodes uns e unhas máquinas!!
Pero o máis importante e que soubestes utilizar os recursos que nos ofrecen as novas tecnoloxías. Ademais, demostrástenos que sabedes como buscar.
Por último, gustaríanos que souberades que estamos moi orgullosas do voso resultado e esperamos volver a contar con vós para moitas máis aventuras e misións máis complexas no futuro.
Recordade o que aprendestes nesta aventura, xa que vos servirá para afrontar moitas diversidades na vosa vida.
QUE A FORZA VOS ACOMPAÑE !! 👩🚀👨🚀🌠✨