Como comisión de profesionais que sodes, deberedes investigar sobre a complexidade dos problemas ambientais e valorar como atenderá a unha poboación que incrementa cada día para concienciar sobre cuestión que teñen relación coa biodiversidade, propoñendo medidas que palien os efectos do ser humano nos ecosistemas. A información máis relevante para este tema aparecerá nunha noticia de periódico de gran influencia, que será distribuído aos lectores e lectoras deste medio de comunicación, incluíndo datos destacables e pasos que se poden realizar de forma individual para disminuir o problema medioambiental e impedir maiores inconvenientes.
Debedes publicar os resultados obtidos en forma de noticia, que será distribuída por periódicos, para concienciar á poboación sobre a importancia dos danos causados ao planeta, consecuencia da relación entre los recursos naturais e os seres humanos.
Finalizada a recollida da información, tedes que compartir o atopado cos vosos/as compañeiros e compañeiras, e entre todos e todas, acordaredes os contidos que deben aparecer, así como recomendacións para reducir as consecuencias negativas de procesos artificiais creados polo ser humano, como a deforestación ou os vertidos industriais.
Para asegurar o éxito, a colaboración entre as persoas que compoñen o grupo é esencial !