PROCESO

Debedes ter presente que da investigación que fagades para a realización da noticia, vai a depender a influencia da concienciación na poboación, sendo preciso coñecer o tema dunha forma máis detallada.

Tedes que aprender a traballar en equipo, e cada un e unha desde un determinado rol, debe aportar información para a elaboración do traballo final.

Neste caso, no grupo debe haber un/unha garda forestal profesional en incendios, un/unha experta en deforestación, un/unha inspectora de vertidos de efluentes industriais e un/unha protectora de especies autóctonas.

A vosa misión recae na investigación do tema segundo o rol elixido ou asignado, debatendo en grupo os datos conseguidos, aportando ideas que aumenten a calidade do produto final.


1º Paso: Traballo en grupo.

Como na actualidade non hai ningunha parte do planeta que exista un ecosistema no que a actividade humana non derivou en axentes contaminantes.

Que sabedes sobre as consecuencias do ser humano na biodiversidade dos ecosistemas?

INFORMACIÓN DE TIPO XERAL.

1- Primeiro de todo, tedes que contestar as preguntas plantexadas e completar as dúas primeiras cuestións cadro que aparece en Aproximación ao deterioro dos ecosistemas.


2- A continuación, lede este fragmento Contaminación ambiental e neste vídeo Os problemas dos ecosistemas, co fin de profundizar no tema que se está a tratar. Posteriormente, contrastade resultados por se non coincidides e comparade o escrito, volvendo a ler para decidir se é preciso cambiar algo do que puxestes.

Ademais, se hai algunha dúbida sobre a temática, cabe expresala porque os ecosistemas deben ser comprendidos, para poder comezar a asignar roles.


3- Despois de ter debatido e feito as actividades inseridas no bloque de Información de tipo xeral, debedes ler os roles que se especifican no 2º Paso, de modo que entendan o obxectivo das actividades e de que tratan, así como decidir que rol vai a ter cada un/unha. Traballaredes cos fragmentos aportados, responder preguntas e ser capaces de procesar información, interpretándoa e elaborar un discurso coherente e adecuado con ela.

Roles:

Garda forestal experto/a en deforestación.

Inspector/a de vertidos contaminantes.

Especialista en sobreexplotanción.

Protector/a de da extinción animal.

2º Paso: TRABALLO INDIVIDUAL ATENDENDO AO ROL.

Rol 1: Garda forestal experto/a en deforestación.

Como garda forestal, a túa misión é preocuparte polo proceso de deforestación (tala e incendios, principalmente), e para conseguir cumprir ese propósito, tes que establecer pautas que seguir para non provocar un incendio accidental e concienciar sobre a tala e a erosión, así como informar das terribles consecuencias destes no medio.

Polo tanto, desde esta perspectiva, o obxectivo básico é comprender se os incendios, a tala e a erosión poden ser diminuídas mediante medidas de control axustadas á problemática de hoxe en día co entorno natural.

Deforestación.

Incendios forestais.

Erosión do solo.

Coida as árbores!


Entra nas actividades para obter información e así traballala, tendo en mente os propósitos da investigación.


Rol 2: Inspector/a de vertidos contaminantes.

Agora, como inspector/a de vertidos contaminantes que es, debes concentrarte nos maiores produtores de vertidos, que probablemente sexan as persoas e as fábricas e centrais de enerxía e tendo en mente isto, tes que establecer unha serie de medidas para reducir o número de vertidos, paliando así a contaminación xerada ao igual que tes que informar das consecuencias deste tipo de contaminación nos ecosistemas.

Entón, desde ese punto de vista, o obxectivo principal é comprender se os vertidos contaminantes poden ser reducidos grazas a medidas de control adecuadas aos problemas que existen actualmente co ambiente natural.


Contaminación mariña.

Contaminación dos ecosistemas mariños.

A importancia de previr: a contaminación mariña.

Protexe a vida acuática!


A continuación, realiza as actividades para conseguir información e aprender a manipulala, pensando no tipo de datos a recoller para a investigación.

Rol 3: Especialista en sobreexplotanción.

Como especialista en sobreexplotación, debes focalizarte nesas actividades humanas que desgastan os seres vivos, como é o caso da pesca ou a caza furtivas ou en cantidades maiores ás que son recomendables, non permitindo o correcto funcionamento do desenvolvemento das especies. A partir de esta base, tes que encargarte de propor un conxunto de medidas para disminuir a sobreexplotación e así, axudar aos seres vivos a recuperar o seu ciclo á vez que tes que informar sobre os resultados destas actividades no entorno natural.

Polo tanto, desde esta perspectiva, o obxectivo principal é comprender se as actividades de sobreexplotación poden ser paliadas mediante medidas de control axeitadas aos problemas que presentan os ecosistemas hoxe en día.


Sobreexplotación da auga.

Sobreexplotación e contaminación do solo.

Sobreexplotación do aire.

Por un consumo sostible!

Entra nas actividades co fin de obter información e traballala, tendo presente as metas a conseguir na investigación.

Rol 4: Protector/a de da extinción animal.

Como protector/a de da extinción animal, a túa misión é preocuparte polo proceso de extinción animal, como é o caso da introdución de especies estranxeiras e para conseguir ese propósito, debes establecer pautas que seguir para evitar a desaparición das especies e concienciar sobre o perigo que supón a perda de animais no medio natural.

Polo tanto, desde esta perspectiva, o principal obxectivo é comprender se a extinción animal pode ser reducida a través de medidas de control axustadas á problemática actual co entorno natural.

Animais en proceso de extinción.

Caza furtiva.

Especies invasoras.

Protexe as especies!


Realizando as actividades, pódese obter información, a cal, se traballará tendo en mente os propósitos da investigación.

3º Paso: Posta en común.

Debatede sobre os temas, chegando a un acordo.

Benvidos/as á reunión de Expertos/as!

Xa sabedes que a misión é a realización dunha noticia grazas á información recollida na investigación, que será de gran axuda á hora de concienciar á poboación sobre a pegada humana nos ecosistemas, explicando medidas que poderían axudar a previr a desaparición de especies e reducir a contaminación para paliar os seus efectos.

Este comité composto por vos, expertos e expertas que terá que discutir tendo en conta as diferentes perspectivas e ideas que poida aportar cada integrante do grupo, así como transmitir as dúbidas e inquietudes que poidan xurdir respecto aos ecosistemas.

Os aspectos que deben estar presente no debate son os seguintes:

Poden ser os impactos negativos do ser humano sobre os ecosistemas evitadas mediante medidas de control e coas leis adecuadas?

Que produce os danos sobre o medio natural, cales son as súas principais consecuencias e características e medidas para a súa prevención?

Que necesita saber un cidadán ou cidadá, que non sexa un/unha especialista sobre o tema, sobre a pegada humana nos ecosistemas?

Cales deberían ser as obrigas tanto lexislativas como cidadás co seu medio natural en relación aos impactos da actividade humana sobre os ecosistemas?

Paso 1:

Co fin de alcanzar un acordo ben consensuado, é conveniente que se reúnan os/as especialistas para que realicen un borrador redactado que se presentará no informe final:

1º Representante: Garda forestal experto/a en deforestación.

2º Representante: Inspector/a de vertidos contaminantes.

3º Representante: Especialista en sobreexplotanción.

4º Representante: Protector/a de da extinción animal.


A investigación debe ser feita a partir dos datos recollidos, cada unha e unha, desde o seu rol, debe tomar partido e facer partícipes aos e as demais.

Paso 2:

Teredes que explicar as conclusións ás que habedes chegado aos compañeiros e compañeiras, escoitando aos e ás representantes dos outros roles.

Ademais, debedes chegar a un acordo sobre os problemas fundamentais que provocan desequilibrios nos ecosistemas, así como as propostas para paliar ou acabar de forma directa ou indirecta que o grupo en conxunto tedes que propor e difundir mediante a noticia de periódico.

Algúns dos temas que se poden tratar, manténdose cada un/unha dentro do seu rol e defendendo a súa perspectiva son:


  • Se os impactos das actividades do ser humano deben ser controladas polo goberno, se é preciso crear novas leis ou modificar as actuais ou se hai que concienciar á poboación de realizar pequenos actos, que todos xuntos, axuden ao planeta. Debe ser un tema esencial? Por que?.

  • As pegadas humanas no medio natural son un gran perigo ou non para á supervivencia dos animais, para o correcto funcionamento do planeta Terra e para a vida das persoas; cales son as súas causas e consecuencias desde o punto de vista científico. Debe ser un tema esencial? Por que?.

  • Se as persoas teñen algunha responsabilidade no tema da degradación e destrución dos ecosistemas; que é ser un cidadán ou unha cidadá responsable e como poden axudar a coidar e manter limpo planeta. Debe ser un tema esencial? Por que?.

É HORA DE FACER A NOTICIA!


O grupo terá que realizar a proposta que considere a máis axeitada co fin de concienciar sobre o perigo no que se encontran os ecosistemas. Para facelo debedes escoller como queredes que sexa o deseño, para poder así confeccionar unha noticia que será publicada nalgún periódico co fin de estender os contidos tratados.

A continuación, discutiredes entre todos e todas as integrantes do grupo o título que debe aparecer na noticia, cales son os problemas atopados e as persoas partícipes no tema e despois, escolleredes cal é a mellor forma de facer chegar a mensaxe.

Decidide cal dos roles é o máis afectado polas actividades humanas no entorno natural e se algún de todos tena responsabilidade de solventar a situación.

Expoñede os vosos puntos de vista e escoitade aos compañeiros e compañeiras, debatendo sobre os deberes que ten cada rol e chegando a conclusións en grupo.


Para realizar a noticia de periódico, é moi boa opción Editafácil, unha páxina web fácil de usar para nenos e nenas que permite aos seus e súas usuarias compartir noticias e acontecementos con rapidez. Ademais, pódense incorporar vídeos que se atopen en YouTube ou Vimeo. De todas formas, podedes escoller calquera outra alternativa.


Contamos con que fagades un traballo excelente!