Esta webquest está elaborada para o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, na que se presentan os efectos da acción humana, explicando as causas dos desastres medio ambientais e propoñendo medidas para previlos. A tarefa de realizar unha noticia que sensibilice ao público é o punto álxido e meta dos coñecementos adquiridos a través das actividades que posúe esta webquest, as cales, implican o filtrado de información e a construción propia do coñecemento.
Na área de Ciencias Sociais, aparece un bloque no que se afonda nos ecosistemas correspondente ao bloque 3 (O mundo que nos rodea), mentres que en Ciencias Naturais, a mesma temática está representada no bloque 2 (Os seres vivos).
Nivel académico e curso ao que vai dirixido: 4º y 5º de Educación Primaria.
Materias nas que se pode encadrar: Ciencias Naturais e Sociais.
Duración estimada: 8 sesións.
TEMPORALIZACIÓN.
Sesións 1 e 2: Presentación da webquest e realización das actividades colectivas.
Sesións 3 a 5: Traballar individualmente segundo o rol asignado.
Sesións 6 e 7: Posta en común da información obtida e elaboración da noticia.
Sesión 8: Exposición da noticia, do seu punto de vista sobre a temática e as conclusións ás que chegaron.
Atendendo aos contidos, se traballan os seguinte nesta webquest:
No tocante aos obxectivos xerais de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais:
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio, dunha sociedade democrática.
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia.
i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
l) Coñecer e valorar os animais máis próximas ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.
o) Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia, poñendo de relevancia as mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e á sociedade galegas.
Atendendo aos obxectivos da unidades, destacamos os presentados a continuación:
En relación a las competencias básicas desenvolvidas:
Autoría: García Fonseca Miranda, Grande López, María de las Mercedes, González Iglesias Fabio Antonio e Vázquez Fernández, José.
E-mail: sakata.uwu@gmail.com
Blog: https://elplanetaazulatierra.blogspot.com/