Durante estes últimos anos, apareceron intensos debates sobre o impacto que as persoas exercen sobre os ecosistemas, extinguíndose especies e provocando a migración doutras, que non se senten seguras.
Os ecosistemas están degradándose, de modo que, o ritmo ao que se producen os danos é enorme. Polo tanto, é necesario que se apliquen as accións que palien as graves consecuencias que ameazan o mantemento dos fogares dos seres vivos, co fin de crear un futuro para as novas xeracións.
Tendo en mente alertar sobre as repercusións provocadas polo ser humano no medio natural, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas pediu ao departamento de Avaliación de Risco e Desenvolvemento sostible que unha comisión de expertos e expertas buscase información sobre fenómenos que deterioran e destrúen a biodiversidade existente.
Vós fostes os escollidos!
Temos que axudarlles a explicar cómo afecta a pegada humana no correcto funcionamiento dos ecosistemas e promover medidas para reducir a súa degradación e a extinción de especies de seres vivos que viven nestes.
Confiamos en que sodes capaces de realizar a tarefa que se lle está demandando correctamente, da forma más eficaz posible.
Estades preparados e preparadas para facelo?. Moito ánimo á hora de afrontala!