No voso día a día observades que algunhas compañeiras vístense, xogan, exprésanse, relaciónanse... "coma nenos" e que tedes compañeiros que "parecen nenas". A raíz disto, sofren toda clase de burlas por parte do resto do alumnado e mesmo no seo familiar reciben severas reprimendas. Con tal de evitar o acoso na escola e o castigo na casa, convértense en rapazas e rapaces optan por reprimirse, por ocultar o seu verdadeiro "eu", actuando como se espera delas e deles.
Fronte a tal inxustiza, decidistes que queredes abandeirar a causa deste colectivo incomprendido. Foi así como tomáchedes a iniciativa de formar un partido político que se compromete a sensibilizar ao estudiantado e aos familiares do mesmo da importancia de comprender, aceptar e respectar ás nenas e nenos que non se deixan levar polas etiquetas. De seguro que agora vos estaredes a preguntar " e como farán os políticos para facer chegar a súa mensaxe a tantas persoas?".
Exacto. Na vosa axenda electoral tendes marcado un acontecemento clave: o acto de campaña. O centro escolar acollerá este inédito evento, no que estarán presentes pais, nais, alumnos e alumnas aos que teredes que convencer das ideas que defendedes. É importante que teñades presente que non sodes a única formación política que se presenta a estas eleccións, así que esforzádevos para obter o maior número de votos posibles!