Dende a infancia, as persoas recibimos un trato diferente no fogar e na escola segundo sexamos nenas ou nenos. Mesmo antes do nacemento, as expectativas que a familia ten sobre o bebé van depender, en boa parte, do sexo que teña asignado.
Edúcasenos para que desenvolvamos comportamentos diferentes en función dunha serie de características corporais. A elas esíxeselles levar o pelo largo, entreterse con bonecas e ser tranquilas. Pola contra, o cabelo deles ha de ser curto, deben xogar con coches e mostrarse rebosantes de enerxía.
Existe acaso algunha norma escrita que diga que isto ten que ser así? Porque semella que hai nenos aos que lles gusta pintarse as uñas e nenas que prefiren disfrazarse de superheroes. Porén, moitas e moitos deciden actuar como a sociedade espera que o faga por temor.
Aquí é onde comeza a vosa misión.
Precisamos que nos axudedes a concienciar aos adultos da importancia de deixar ás novas xeracións ser como queiran ser, sen imposicións por razón de sexo. Ao mesmo tempo, tendes a responsabilidade de normalizar entre as rapazas e os rapaces conductas que se consideran típicamente masculinas e femininas.
Fostes as elexidas e os elexidos para enfrentarvos a esta tarefa porque sabemos que estades á altura. Coidamos que, como o experimentado alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que sodes, asumiredes o desafío que vos propoñemos con gran determinación e empeño.
Moito ánimo e a por todas!