A presente WebQuest está elaborada para o alumnado de 5º e 6º de primaria e xira en torno aos roles de xénero, as súas causas e orixe. A tarefa a realizar é unha campaña política que sea capaz de que todas as persoas podan darse conta do erro que cometen ao seguir este constructo social e clasificar a outras persoas polo seu sexo. Os contidos traballados nesta webquest son contidos transversais.
Planificación para o día de campaña
O día específico da campaña reuniranse profesores/as e as familias dos alumnos/as, avisarase aos docentes de que os alumnos terán que realizarse entrevistas entre eles. Despois de que todos os equipos rematen a súa presentación da campaña levarase a cabo unha votación entre todos os asistentes ao acto, e o partido que recade mais votos terá como premio unha sensión no cine para toda clase para ver a película que elixan.
Temporalización
Para a realización deste traballo calcúlanse 7 sesións, distribuidas da seguinte forma:
-Sesión 1: Explicación da webquest e repartición de roles
-Sesión 2 a 4: traballo individual segundo o rol asignado.
-Sesión 5-6: posta en común co equipo e preparación da exposición
-Sesión 7: realización da exposición
Contidos
Trabállase o contido transversal: O fortalecemeento do respeto aos dereitos humanos, liberdades fundamentales, e valores da nosa sociedade.
Obxectivos xerais
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio, dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudio, así como actitudes de confianza en sí mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese y creatividade no aprendizaxe, e espíritu emprendedor.
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
d) Coñecer, comprender e respetar as diferentes culturas e as diferencias entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade.
i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espíritu crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
m) Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos de personalidade e nas súas relacións cos demais, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuizos de cualquera tipo e aos estereotipos sexistas.
Obxectivos da webquest:
Promover a comunicación entre compañeiros.
Fomentar a colaboración e o traballo en equipo.
Fomentar o pensamento crítico e o interese pola investigación.
Concienciar sobre as realidades sociales da actualidade.
Comprender as diferencias entre sexo e xénero.
Analizar as causas e consecuencias dos roles de xénero.
Competencias básicas desenvolvidas
Comunicación lingüística (CCL)
Competencia dixital (CD)
Competencias sociais e cívicas (CSC)
Conciencia e expresións culturais (CEC)
Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor (SIE)
Esta obra de Fuga de Cerebros está baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
A imaxe empregada para a portada é de dominio público