Como xa imaxinaredes, detrás de cada partido político hai un grupo de persoas que realiza un arduo traballo en equipo. En concreto, seredes catro compoñentes coordinando os vosos esforzos para que o acto de campaña sexa todo un éxito. Se ben nalgunhas tarefas será preciso compartir responsabilidades, noutras desempeñaredes roles moi diferentes e todos eles igual de importantes de cara á vitoria nas eleccións.
1º paso: formarse en grupo
Está claro que, para concienciar, primeiro debedes estar concienciadas e concienciados. As persoas que van a dar a coñecer a realidade dun grupo e tentar que esta sexa comprendida e respectada, deben posuír unha idea firme sobre a mesma. Noutras palabras, é necesaria a formación da totalidade dos membros do partido político. Por sorte, tedes á vosa disposición un repertorio de documentos coidadosamente seleccionados para que, entre todos, os leades, comentedes e poñades en comúns as ideas que extraiades. Lograr un consenso é fundamental, pois partir de principios contradictorios e aspirar a ideais incompatibles minaría a credibilidade da vosa formación política. Por tanto, será tamén unha tarefa colectiva propor unha serie de medidas que consideredes que mellorarían as condicións das compañeiras e compañeiros afectados. Tede en mente de que vos estades a dirixir ao alumnado e as súas familias, así que debedes pensar medidas tanto aplicables na escola como na casa.
Podedes atopar as fontes de información para a tarefa na sección de "recursos".
2º paso: traballar por roles
Unha vez completada a tarefa grupal de adquirir unha base de coñecementos, así como de establecer os trazos comúns do voso pensamento e as medidas que ides a defender no acto de electoral, procederedes a exercer papeles diferenciados no que resta de campaña. Hai un total de tres roles:
Periodista de investigación
A figura do periodista de investigación é clave para achegarnos á realidade inmediata da escola. Concertando un mínimo de dez entrevistas con compañeiras e compañeiros de todos os cursos de Educación Primaria, o periodista de investigación recopilará testemuños que garden relación cos estereotipos de xénero: casos de discriminación, situacións de acoso, actitudes reprimidas... Sen importar que estean vinculados ao contexto escolar ou familiar. Calqueira información de primeira man será valiosa para entender cómo afectan estes estereotipos ao alumnado do noso centro educativo. Eso si, as preguntas deben ser as mesmas para todas as persoas entrevistadas. Aínda que hai ter presente que canto máis impactantes sexan as confesións, maior será a probabilidade de que calen entre os votantes, á hora de recoller a información buscarase a máxima obxectividade, evitando incluir as valoracións do entrevistador. Asimesmo, a periodista ou o periodista do partido deberá respectar en todo momento o principio de confidencialidade, asumindo así a responsabilidade de manter no anonimato ás persoas entrevistadas. Terase en conta tamén que os datos que se fagan chegar ao gabinete de prensa, tanto se se trata de cifras representativas (por exemplo: "de dez varóns entrevistados, sete afirmaron querer xogar con bonecas") como de casos particulares, sexan relevantes e pertinentes para a cuestión que nos ocupa.
Entre os recursos inclúese un sitio web que che resultará de moita utilidade para a tua labor periodística.
Gabinete de prensa
A partir da documentación facilitada para a formación do partido político e dos testemuños que recolla a periodista ou o periodista de investigación, o gabinete de prensa redactará o discurso do acto de campaña. O devandito gabinete estará composto por dúas persoas, encargadas de integrar nun único escrito a información necesaria para a comprensión das diferencias entre sexo e xénero, para o coñecemento dos estereotipos de xénero e as súas repercusións, experiencias significativas vivenciadas polo alumnado do centro e medidas para a defensa do colectivo discriminado. A maiores, pódense engadir outros contidos que se consideren relevantes para o tema, sempre que se respecten as marxes de tempo (cinco minutos mínimo e quince minutos máximo), polo que se fai necesario un exercicio de síntese. Ser coherente e estar ben cohesionado son requisitos fundamentais que o discurso ha de reunir, pero se ademáis se elixen palabras profundas e emotivas, o éxito electoral está asegurado. Entre a documentación inclúese material explicativo sobre como elaborar un bo discurso. O gabinete de prensa entregará unha copia do discurso á mestra ou mestre unha vez estea rematado, antes de que se celebre o acto de campaña.
Ve ao apartado de recursos para obter información sobre a elaboración de discursos.
Portavoz
Aínda que a tarefa de portavoz poida parecer de primeiras máis sinxela que as anteriores, o certo é que vai condicionar en gran medida os resultados electorais. Moitas veces esquecemos as palabras concretas dunha persoa, pero recordamos como estas nos fixeron sentir. Un bo orador capaz de convencer e conmover ao público pode exercer unha maior influencia sobre as masas que outro que se limite a ler unha disertación, aínda que esta a nivel de contidos e de estruturación sexa superior. Por tanto, antes de pronunciar o discurso, a portavoz ou o portavoz terá que entrenar a súa elocuencia a través de técnicas e ensaios, así como deixar a un lado a timidez que en moitas ocasións limita a hora de expresarse. O seu deber é facer chegar as ideas defendidas polo partido político á conciencia e ao corazón das familias e estudantes que estarán a presenciar o evento. Se o estima oportuno, pode improvisar nalgún momento facer preguntas ao público... Do mesmo xeito, en caso de lograr a victoria nas votacións, o voceiro do partido levará preparadas unhas palabras de agradecemento e alento que transmitirá con naturalidade e, sobre todo, con convicción. Como a postura, a xestualidade ou o contacto visual son algúns aspectos fundamentais a dominar, no apartado de recursos inclúese un vídeo coas claves necesarias para converterse nun experto da oratoria.
Todos os consellos que necesitas para converterte en portavoz de éxito están recollidos nos recursos.