Imaxes 2022 - 23

Final de curso e despedida de compañeiras

Rematamos o período lectivo do curso 2022-23 e aproveitamos para homenaxear ás nosas compañeiras Margarita García Brea e María Concepción González Iglesias "Maru" e a súa dilatada e vizosa carreira como docentes.

Derradeira xornada do curso 2022 - 23

Neste remate de curso, o centro organizou diferentes actividades. O alumnado do grupo de EDUexcelencia, do equipo de Biblioteca e do Club de Ciencias visitou o centro de interpretación das minas de Fontao e realizou  posteriormente  un roteiro histórico-científico  dende  Carboeiro ata a fervenza do Toxa. Mentres, o alumnado de 1º ESO inaugurou a ruta Graba-Santa Mariña resultado do traballo do profesorado e estudantes de CM durante este curso. Ademais de profesorado, acompañaron na motorización o propio alumnado do ciclo. O resto de alumnos e alumnas desfrutaron dunha xornada multi-deporte (brilé, baloncesto, fútbol sala, bicicleta, corda...) no propio centro organizada polo profesorado do departamento de Educación Física. Parabéns a todos eles pola súa implicación!.

Cerimonia de entrega dos galardóns do Videoghit 2023

Entregáronse os galardóns  do Videoghit 2023. Pode verse un resume do acto na sección de vídeo ou neste enlace. Parabéns a todos e todas!

I Feira da Ciencia no Colmeiro

O pasado 15 de xuño tivo lugar no noso instituto a I Feira de Ciencia. Foi organizada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía e polo Club de Ciencias. Parabéns a todos eles pola iniciativa.

Testando o Ximnasio Léxico da RAG

Charla sobre o volframio e a mina de Fontao

Premios da I Feira da Ciencia

No pasado mes de abril o noso centro puido participar de xeito experimental na proba da nova aplicación da Real Academia Galega “Ximnasio Léxico” destinada  ao adestramento do léxico. A información sobre a mesma pode examinarse neste enlace. Por outra banda, a nosa ex-alumna  e agora profesora  Lorena Ares impartiu no centro unha charla sobre as minas de Fontao e o seu poboado mineiro. Finalmente, entregáronse os diplomas e premios da I Feira de Ciencia.

Recepción do alumnado de primaria

Erasmus REFUGE en Radio Lalín

EDUexcelencia no colexio de Bandeira

Dúas actividades conectaron o noso centro cos colexios de primaria do concello. Como ven sendo habitual nos últimos anos, estudantes que participan no programa de EDUexcelencia acudiron a Bandeira á explicar  o proxecto no que traballaron este ano. Así mesmo, recibimos ao alumnado de primaria que accederá ao noso instituto o vindeiro curso escolar, explicándolle aspectos da organización e amosándolle  as instalacións. Por outra banda, alumnado do programa Erasmus REFUGE acudiu a Radio Lalín.

Saída ás Médulas

Petróglifos en Campo Lameiro

Máis do proxecto "Flora Colmérica"

Varias saídas do alumnado tiveron a natureza e a historia como protagonistas. O alumnado de 2º ESO visitou as Médulas e o lago de Carrucedo na Galiza estremeira, mentres que o de 1º ESO fixo o propio no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Por outra banda, tivo lugar a derradeira sesión deste ano do proxecto “Flora Colmérica” coa supervisión, como ven sendo habitual, da bióloga Luz Eyo.

CM no río Verdugo

Paraugas con QR

Graduación de 2º BAC

Espectacular xornada do alumnado do Ciclo Medio nas bravas augas do Verdugo en Ponte Candelas. Por outra banda, o alumnado de 3º ESO realizou uns paraugas de cartolina que decoran a nosa entrada. Ditos paraugas conteñen códigos QR que enlaza a vídeos dos propios alumnos sobre a terminoloxía climática en lingua inglesa. Finalmente, sinalamos que celebrouse  no auditorio da Semana Verde o acto de graduación do alumnado de 2º BAC.

Programa "Aloumiños"

Charlas de diversidade afectivo-sexual

Alumando de Excelencia en 1º ESO

Diferentes charlas e obradoiros tiveron lugar no centro nas pasadas xornadas. O alumnado de 2º ESO recibiu varias sesións do programa “Alouminños” impartido polo colectivo “Arraianas”, programa que busca a prevención de conductas aditivas violentas e autolesivas na adolescencia.Ademais, o alumnado de 3º e 1º ESO recibiu por parte do colectivo “Arelas” unha charla sobre a diversidade afectivo-sexual e prevención da LGTBFobia. Noutra orde de cousas, alumnado que participa no proxecto de EDUexcelencia explicou as investigacións levadas a cabo dentro do seu traballo.

O Videoghit 2023

A estas alturas xa contamos con varios vídeos candidatos a facerse con algúns dos premios de “O Videghit 2023”. Podedes velos neste enlace do espazo do noso Departamento de Filosofía “Eticolmeiro”: https://sites.google.com/site/eticolmeiro/

Cuarta e derradeira mobilidade do programa Erasmus: Lugoj 

Máis información no noso espazo dedicado ao programa: https://proxectoseuropeos.wordpress.com

Concurso de relatos en inglés

Contra a homofobia

Letras Galegas

Entregáronse os premios do concurso de redacción que o Departamento de Inglés convocou en colaboración cos nosos compañeiros do IES de Melide. Noutra orde de cousas, colocáronse os traballos que o alumando estivo a realizar  co gallo do Día Internacional contra a Homofobia. Asemade, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dispuxéronse carteis sobre a vida do escritor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego, os cales tamén serviron para un uso didáctico dos seus contidos. Completouse a celebración das Letras co traballo “Vento XVII” do alumnado de música de 4º ESO e que podedes ver na nosa sección de vídeo.

Ciberseguridade

MeteoGalicia

Muncyt

Enmarcadas dentro do noso Plan Dixital, tiveron lugar varias charlas sobre ciberseguridade a cargo do noso ex-alumno Alejandro Cangas. Por outra banda, un grupo de estudantes acudiu ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía na cidade de A Coruña, mentres  que o alumnado que participa no plan proxecta “MeteoEscolas” visitou o centro de MeteoGalicia en Santiago de Compostela. Podedes ver máis información sobre este programa no enlace ao blogue: https://meteocolmeiro2223.blogspot.com/

Semana do Libro

Departamentos de Lingua Española, Lingua Galega, Lingua Inglesa, Física e Química, e equipos de Biblioteca e Dinamización. Linguística puxeron en marcha diferentes actividades co gallo da Semana do Libro. Pódese ver a información completa neste enlace do xornal Faro de Vigo ou na nosa sección de Comunidade.

Ludi Compostellani

Lamínas do proxecto REFUGE

Celebración do 25 de abril

Alumnado de Latín de 4º ESO asistiu en Santiago de Compostela aos Ludi Compostellani organizados pola Facultade de Fioloxía. Por outra banda, o equipo de Biblioteca, EDL e o departamento de Lingua Galego organizaron a conmemoración do 25 de abril, día da “Revolución dos Cravos”. Os carteis do programa  R.E.F.U.G.E (stRategic alliancE For encoUraginG intEgration) resultado do traballo do alumnado no noso centro e dos compañeiros participantes no programa, foron enviados a diversos centros de  Galicia. Aquí están algúns exemplos de Arzúa, Viveiro, Ponteareas e Bertamiráns.

Máis Reciclhorta

Flora Colmérica

Prácticas con Beatriz Crujeiras

Seguen en marcha os proxectos “Flora Colmérica” e “Reciclhorta “. No primeiro, dirixido por Norma Rodríguez (coordinadora de Biblioteca) en colaboración con Marta Aguirre (coordinadora do Club de Ciencia), participa o alumnado de 1ºESO A, o cal participou no primeiro obradoiro de xoves tarde con Luz Eyo, bióloga e intérprete de patrimonio. No segundo, voltamos ter vista do mestre Rosendo Estévez  que esta vez nos explicou como preparar ben a terra dos bancais para poder plantar. Xa estamos a agardar as primeiras leitugas. Por outra banda e como o ano pasado, contamos coa visita de  Beatriz Crujeiras, licenciada en química e doutora en Didáctica das Ciencias. Deste xeito, o alumnado de 4º ESO puido realizar prácticas de laboratorio experimentais pola USC. 

Visita á ETAP do Tambre e ao Museo de Historia Natural

O alumnado de 2º ESO realizou unha saída de divulgación científica visitando a depuradora ETAP Tambre e ao Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela.

Hackhathon de EpdLab en A Bandeira

Culminando a actividade do EpdLab, tivo lugar en A Bandeira a xornada de traballo e convivencia cós outros institutos participantes de Boiro, Bueu, Brión e Viana do Bolo. Máis información na nosa sección de Comunidade (premer).

Domingo Fontán: o primeiro rostro de Galicia

Incluída dentro dun programa de divulgación da Deputación de Pontevedra, tivo lugar no noso centro a actividade titulada “Fontán, o primeiro rostro de Galicia”. Comprendeu unha charla a cargo do arquitecto Manuel Fernández e do topógrafo Manuel Amigo, a proxección do documentario “Fontán 360. O primeiro rostro de Galicia”, e unha mostra de teodolitos e do mapa do cartógrafo, xeógrafo, e matemático autor da “Carta planimétrica de Galicia”.

Viaxe a Barcelona

Unha vez superada a pandemia, puido retomarse a tradicional viaxe de estudos de final de etapa. O alumnado de 4º ESO, acompañado polos profesores María Patiño e Pablo Cuñarro e o monitor Alex Abalesei visitou Barcelona, PorAventura e Tarragona, con parada en Burgos no regreso.

Viaxe a Roma e Florencia 

Alumnado de 1º BAC realizou unha viaxe ás cidades de Roma e Florencia organizada polo departamento de Relixión, sendo acompañados polos mestre Xoán Carlos García Porral e Xosé Barreiro Tato.

Viaxe a Braga

Mulleres do Deza

Charla de ex-parlamentarios

O departamento de francés realizou unha viaxe a Portugal. O equipo de biblioteca está a organizar unha exposición sobre mulleres do Deza recabando fotos antigas da bisbarra. Por outra banda, recibimos a visita e posterior charla dos ex-parlamentarios Xesús Manuel Veiga Buxán e Juan Manuel Fajardo Recouso dentro da programación de divulgación e coñecemento do parlamento da Galiza.

Fp Innova

Mostra de Orientación

Premios de "A biblioteca que soño"

Alumando de FPB e Ciclo Medio acudiu á Cidade da Cultura ao congreso FP Innova Galicia 2023. Así mesmo, tamén alumnos de Ciclo Medio acudiron á Mostra de Orientación de A Estrada para publicitar os contidos do seu programa de estudos. Pódese ver máis información na nova da sección Comunidade. Por outra banda, déronse a coñecer as gañadoras do concurso de tarxetas identificadoras de sección das biblioteca. Todo o alumnado fixo un estupendo traballo creativo como pode apreciarse na nosa sección de Vídeo.

Alumnado premiado na II Mostra Internacional de Cine e Educación, Cineduca

Moitos parabéns para o alumnado e ao profesor. Máis información nas noticias premendo aquí en  Comunidade. Pódese ver o vídeo premiado premendo aquí.

Alumnas premiadas na quinta edición dos Stephen Hawkings

Moitos parabéns ás alumnas e a profesora. Máis información nas noticias premendo aquí en  Comunidade.

Entrega ao concello das láminas do programa Erasmus R.E.F.U.G.E

Entregamos ao concello os pósters do programa  R.E.F.U.G.E (stRategic alliancE For encoUraginG intEgration). Estes materiais son o resultado do traballo no noso centro durante o encontro de outubro do alumnado internacional que participa en devandito programa. Estas láminas que nos advirten sobre os bulos e novas falsas encol da emigración que circulan polas redes, tamén serán enviadas a outros centros educativos de Galicia. Parabéns polo traballo.

8M

Co gallo do día oito de marzo, Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, tiveron lugar no centro diversas iniciativas. O departamento de Educación física realizou unha exposición sobre a muller no deporte, mentres que o equipo de biblioteca puxo en marcha un “photocall” onde todos e todas puidemos poñernos as nosas “gafas violetas”. Ademais, por iniciativa do concello, plasmouse nun dos nosos muros unha frase da activista Angela Davis. Parabéns a todas e todos.

Desafío no Ulla do alumnado de CM

O alumnado de segundo ano do Ciclo medio de guía no medio natural e do tempo libre continúa coa súa formación descendendo esta vez polas augas bravas do Ulla. Podes ver un espectacular vídeo na nosa sección de vídeo pinchando neste enlace: vídeo-Vida no Colmeiro.

  Masterclass do IGFAE

Continúa "Reciclhorta"

Museos científicos da Coruña

O noso centro foi seleccionado para asistir á masterclass do IGFAE: "Física de partículas coas mans". Os alumnos participantes, acompañados pola nosa compañeira Marta Aguirre, foron Iris Pérez Rodríguez e Miguel Sánchez Bomtempo de 2º BAC. Pola mañá desfrutaron tanto das dúas charlas como da sesión práctica na que puideron detectar quarks cun simulador. Así, foron quen de realizar as súas propias medidas dentro da mostra de datos do experimento CMS no Gran Colisionador de Hadróns do CERN (LHC). Pola tarde, asistiron á unha videoconferencia con científicos do CERN e do laboratorio Fermilab. Parabéns polo seu traballo e interese.

Continúa o proxecto de horta escolar “Reciclhorta”, agora mesmo xa “sobre o terreo”. Ademais, alumnado de 4º ESO realizou unha saída á cidade de A Coruña onde puido visitar os museos científicos da cidade herculina.

Teatro clásico

Conferencia ECOS

EDUexcelencia na radio

Recibimos a visita de Silvia López e Estefanía Fernández, presidenta e secretaria respectivamente de ECOS (Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda) que nos deron unha pequena charla sobre comercio local. Por outra parte, o alumnado de latín acudiu a Ourense onde puido visitar o Centro de Interpretación das Burgas e asistir ás obras de teatro Agamenón de Esquilo, e O Persa de Plauto. dentro do Festival de Teatro Grecolatino. O alumnado de programa de EDUexcelencia que dirixe o noso compañeiro Xoán Carlos García Porral acudiu a Radio Estrada para falar da súa labor co patrimonio inmaterial do Trasdeza nos eidos da microtoponimia, lendas ou o calendario lúar en relación con diversas tradicións e traballos tradicionais. Non perdas a súa entrevista que podes escoitar neste enlace: O recuncho da lingua.

Propostas do concurso "A Biblioteca que Soño"

Xa temos as propostas para os identificadores das seccións da biblioteca. Independentemente dos que sexan elixidos finalmente, todos merecen un aplauso!

Por fin un Entroido sen restricións!

Club de Ciencias: actividades relacionadas cos días 11 e 14 de febreiro.

O sempre activo e dinámico Club de Ciencias comandado pola nosa compañeira Marta Aguirre levou a cabo co alumnado de1 BAC de física e química e de FPB un mural sobre as científicas galegas co gallo do 11 de novembro, Día da Muller e a Nena na Ciencia. Por se non fose abondo, o club reciclou porexpán para facer corazóns polo Día de San Valentín: “o amor é química”.

Terceira mobilidade do programa Erasmus: Nápoles

Máis información no noso espazo dedicado ao programa: https://proxectoseuropeos.wordpress.com

Reciclhorta!!

O clube de ciencias pon en marcha a horta do centro. E xa ten nome:  RECICLHORTA!

 

 Nunha primeira sesión, Rosendo Estévez, técnico en explotacións agrícolas intensivas, docente e fundador de Trasdeza Natur,  ensinou os distintos modelos de hortas e explicou que o primeiro que hai que facer é unha análise do solo para ver as súas característica, arxilosa ou areosa. En segundo lugar, deseñar os bancais da horta e decidir que se quere sementar tendo. Toca ir recollendo residuos orgánicos para a compostaxe.

Charla de Asier López

Recibimos a visita do noso ex-alumno Asier López que falounos do seu traballo no mundo da fotografía. O blog “Capture the Atlas” seleccionou unha das fotos de Asier como unha das mellores fotos de auroras boreais do ano. 

Día da Paz

A actividade organizada co gallo do Día da Paz polos equipos de Biblioteca e EDL focalizouse na temática dos desastres, xenocidios e masacres propiciados polos conflitos bélicos. Alumnado de 3º e 4º de ESO explicou aos seus compañeiros de segundo nivel diversas traxedias relacionadas cos feitos abordados. A devandita actividade remataba cun traballo dedutivo  que conducía á reconstrución da imaxe do afamado Guernika de Pablo Picasso, servindo así ademais para homenaxear ao pintor malagueño no cincuentenario do seu pasamento.

Socorrismo marítimo

Plan director

Visita a SOTEGA

O alumnado de 2º curso de Ciclo Medio asistiu durante dúas xornadas a Portosín como parte da súa formación No módulo Socorrismo no medio natural. Tamén realizou unha ruta de montaña no Faro aproveitando as nevaradas das últimas semanas. Pódese ver unha boa mostra  na nosa sección de vídeo. Por outra banda, impartíronse  charlas correspondente s ao Plan director no que un axente de garda civil falou daqueles aspectos sobre o uso de redes que poden axudar na mellora na convivencia nos centros. Houbo sesións para o alumnado e tamén unha dirixida a pais e nais fora de horario escolar.  Noutra orde de asuntos, o alumnado de 2º FPB visitou as instalacións de SOTEGA no polígono industrial de Silleda.

Club de feminismo

San Valentín

Relanzamos o Videoghit

Viaxe a Andorra de 3º ESO

Charlas

Discapacidade e dependencia: unha sociedade inclusiva. Universidade de Vigo.

Seguridade en dispositivos móbiles. Universidade de Vigo.

Sete claves para identificar as noticias falsas. Agareso.

Actividade varia no noso centro

Continúa a activade no noso centro cun novo ciclo de cine, neste caso dedicado ao cine español, co club de ciencias, clases de bachata nos recreos ou o concurso de deseño “A biblioteca que soño”. Algunhas iniciativas parten do noso alumnado, como o club de programación e o club de escritura.

 Alumnado de 1º ESO acode a Cross Terras do Deza

Dentro da nosa participación destacaron as alumnas Ainhoa, Iris Micaela e Valeria que se clasificaron entre as primeiras cinco prazas dentro da súa categoría. Parabéns!    

Taller motivacional

Olimpíada filosófica

Escola Superior de Desporto e Lazer

Comezou o VI Taller de motivación “Encantado de conocerme” con alumnado de FPB a cargo da asociación “Acode” de Silleda. Alumnado de 1º BAC participou na primeira fase da X Olimpíada filosófica de Galicia en Santiago de Compostela coa nosa compañeira e profesora da materia María Álvarez Fabeiro. A nosa compañeira e profesora de FOL Tamara Camino relatounos a súa experiencia no a Escola Superior de Desporto e Laze do Instituto Politécnico de Viana do Castelo sita en Melgaço, e dentro do programa Erasmus DEPO.

Actividade de Nadal

Festival

Agasalla un préstamo

Concurso de postais

Entrega dos premios do concurso de debuxo convocado en colaboración con NUDESA

Debuxo gañador

Premiadas

Acto de entrega

Ao principio deste curso, o instituto en colaboración coa empresa local Nudesa puxo en marcha un concurso de debuxo de cara a ilustrar os calendarios da compañía para o vindeiro ano 2023. O pasado día 16 de decembro procedeuse á entrega dos premios ás estudantes premiadas. Parabéns a todas!

Agasalla no Nadal

Decoración na entrada

O alumnado de FPB2 realizou a decoración de Nadal na entrada do noso centro. Ademais, como noutros anos, colaboramos co concello no programa Agasalla no Nadal ideado para que os nenos e nenas de familias desfavorecidas tamén teña o seu regalo nestas datas. A recadación feita entre o persoal do instituto foi destinada á compra de xoguetes e outros obxectos. Alumnado e profesorado de FPB2 levaron a cabo o empaquetado. Parabéns a todos e todas por esta actividade solidaria!

Charla de Baiuca Verdescente

Quértote+

Fontes de auga

Continúan as charlas no noso instituto. Como noutros anos acudiron ao centro membros da fundación Baiuca Verdescente para falar de voluntariado e do programa Quérote+, estes últimos coa temática de educación afectivo-sexual.

Noutra orde de cousas, instaláronse dúas fontes de auga potable de acceso libre para alumnado e persoal: unha no pavillón e outra na entrada do centro, xusto enfronte das ventás de secretaría. Buscamos así a posibilidade dunha reutilización de recipientes e/ou botellas en aras de favorecer boas prácticas de reciclaxe e consumo.

Xornadas científicas no noso centro: Ciencia en Movemento e Xincana Científica

Ciencia e Movemento

Ciencia e Movemento

Xincana Científica

Xincana Científica

Coa colaboración do Concello de Silleda, tivo lugar a xornada de de Ciencia e Movemento para o alumnado de 3º ESO. Ademais,  o Club de Ciencias organizou unha xincana científica dirixida e coordinada polos nosos compañeiros Marta Aguirre de física e química e Ángel Pazos de matemáticas. Alumando de 1º BAC, ESO e FPB exerceu de monitor dos diferentes experimentos e xogos matemáticos que culminaron cunha busca do tesouro a través da táboa periódica.

Sesión de RCP e funcionamento do DEA

Entrega de libros

 

Como noutros anos, o Concello de Silleda fixo entrega de libros para a nosa biblioteca con motivo do 25 N. Por outra parte, técnicos do Centro de Saúde de Silleda impartiron unha sesión sobre reanimación ao alumnado do C.M. de Guía no medio natural e do tempo libre, podendo aprender o funcionamento do  dispositivo DEA  (Desfibrilador Externo Automático)  do cal xa está provisto o noso centro.

Actividade con motivo do 25N. Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Co gallo da data do 25N realizáronse diferentes actividades. Pegouse cartelería, entre ela, a resultante dos microrelatos do alumnado, iniciativa do EDL coordinada polo profesor Xandre Pereira cos docentes de lingua galega e lingua castelán. A nosa compañeira de filosofía María Álvarez realizou un  "violentómetro" cos estudantes de FPB . Námbalas dúas actividades colaboraou o equipo de biblioteca.

Outra gran participación no Certame Provincial de Regueifa: alumnado de 3º ESO acada o segundo posto

Os sete participantes

A expedición

Os tres semifinalistas co premio ou "regueifa" (rosca)

Os nosos alumnos tiveron de nova unha gran participación. Se o ano pasado quedaron gañadores do certame, esta ano acadaron un moi honroso segundo posto como centro, colocándose tres deles nas quendas das semifinais. Pódense ver algunhas imaxes na nosa sección de vídeo. Parabéns a eles que sempre deixan alto  o pavillón do noso centro!

Alumnado de 2º ESO acode á "Digital Week"

Alumnado de 2º ESO acudiu á convocatoria do campamento Digital Week. Durante unha semana combinaron a aprendizaxe da lingua ingresa co desenvolvemento de habilidades no eido das novas tecnoloxías. Trátase dunha convocatoria da Consellería de Educación cuxo lugar de celebración é

Albergue Xuvenil de Gandarío sito no Concello de Bergondo.

Charla sobre o Camiño de Santiago

Seguridade no traballo

Premios do Samaín

Dúas charlas tiveron lugar estes días no noso centro. Cecilia Doporto impartiu a titulada “A Vía Láctea. Motivos Xacobeos nos camiños de peregrinación” a alumnado de 2º ESO, mentres que a Fundación Laboral da Construción de Galicia falou de seguridade no traballo a un grupo de 4º ESO. Por outra banda, entregáronse os premios das diferentes convocatorias do Samaín, tanto nas modalidade de cabazas como de relatos dramatizados.

Anfitrións do programa Erasmus REFUGE

Recibimos a visita dos nosos compañeiros de Romanía, Italia e Alemaña do programa Erasmus REFUGE. Durante unha semana, realizáronse diversas actividades relacionadas coa temática do programa, esta vez focalizadas no tema das redes sociais e a inmigración. Os nosos visitantes tamén puideron apreciar a riqueza patrimonial da nosa contorna, tanto no artístico como no natural. A información máis completa na sección sobre o programa da nosa web corporativa e nos vídeos de Vida no Colmeiro.

Cineclub e clubs de lectura

Día da ciencia en galego

O cineclub botou andar de novo cun ciclo sobre cine bélico. Tamén os distintos clubs de lectur, a saber, de ciencias, de lectura de historia en banda deseñada e de feminismo. Por outra banda, con motivo do 4 de novembro Día da ciencia en galego, artellouse unha exposición sobre Ángeles Alvariño e Evaristo Galois coordinada pola nosa compañeira profesora de física e química Marta Aguirre.

Actividades do Samaín

Un ano máis, o Samaín trouxo actividades do concurso de elaboración de cabazas e o tamén concurso de relatos de terror. Sobre este último poden verse dous vídeos na nosa sección de vídeo.

Novamente obradoiro de regueifa

Punto violeta

Repetindo a experiencia do ano pasado, a asociación “Oral de Galicia” voltou ao noso centro a impartir un obradoiro de Regueifa. Por outra banda, o pasado día dous de novembro contamos cun Punto Violeta nos recreos para informar ao noso alumnado. 

Inauguración oficial do novo espazo polivalente

Iniciamos o curso coa inauguración oficial do novo espazo cuberto polivalente. Acudiron o delegado provincial da Xunta de Galicia, o xefe territorial de educación e dúas concelleiras en representación do Concello de Silleda. O alumnado de segundo ano do Ciclo Medio de Guía no medio natural e do tempo libre deu boa conta das posibilidades do novo recinto.

A "Lenda do Apalpador"

E tiñamos tamén pendente outra inauguración, que non era outra que colocar a serie que sobre a Lenda do Apalpador realizou a nosa auxiliar de conversa Elly Groh durante o curso 2020-21. Podedes velo xa na aula multiusos.

Esgrima no instituto

Recibimos a visita da Liga Galega da Espada. Grazas a nosa compañeira María Patiño, rapaces e rapazas de 1º e 2º ESO tiveron un primeiro contacto co mundo da esgrima.

Condución no medio acuático

Día Europeo das Linguas

Por primeira vez se imparte no noso centro o segundo curso de Ciclo Medio de Guía no medio natural e do tempo libre. Entre os seus módulos conta con un adicado á condución en medio acuático. Podedes ver un vídeo ao respecto feito polo noso compañeiro Xesús Fernández Sulleiro na nosa sección de vídeo, onde así mesmo tamén é posible achegarse ao traballo dos nosos compañeiros e compañeiras de linguas no Xandre Pereira e Norma Rodríguez co gallo do Día Europeo das Linguas.