INTERCAMBIO CON BRILON (12-18/6/2025)
Organiza: Dpto. de Inglés
Actividade dirixida a: alumnado de 1º de BAC
Horario: do xoves 12 ao mércores 18 de xuño
Descrición: Por terceiro ano, o IES Pintor Colmeiro realizou un Intercambio co centro alemán Berufskolleg de Brilon. Esta viaxe está dentro do programa Edu-Exchanges da Xunta de Galicia.
Dez alumnos e alumnas de 1º de BAC, acompañados polas profesoras Marta Aguirre e Alba Caballero, desfrutaron dunha experiencia enriquecedora podendo comprobar, entre outras cousas, a xestión do transporte público que hai nesa rexión en comparación co que temos no noso rural, obxeto de reflexión dentro do programa Erasmus-Red Compás.
III FEIRA DE CIENCIA COLMEIRO (5/6/2025)
Organiza: Club de Ciencia Colmeiro (Marta Aguirre)
Actividade dirixida a: alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO
Horario: xoves 5 de xuño, de 08:50 a 14:30 h.
Profesorado acompañante: Javier Fondevila, Alicia García, José Luis Tedín, Marta López, Xosé Barreiro, Xandre Pereira, Javier María Rodríguez, Celia Lamela e Marta Aguirre
Descrición:
III FEIRA DA CIENCIA
Exposición – Concurso de proxectos elaborados polo alumnado
Coordinador: Javier e Alicia. Departamento: Tecnoloxía.
PROXECTOS DE CENTRO:
Flora Colmérica (Coordinadora: Norma Rodríguez. Departamentos implicados: Lingua Castelá, Lingua Galega, Tecnoloxía, FQ, Matemáticas, Latín, Plástica e Ciclo Medio)
Pirámide holográfica e figuras de Moiré-Galiciencia (Coordinador: Javier. Departamento: Tecnoloxía)
Batería de area e enerxía undimotriz-Telecogames (Coordinadores: Javier e Pablo. Departamento: Tecnoloxía)
Protexe o teu medio: Análise da eficacia do cabelo na limpeza dos vertidos aos ríos-Premios Stephen Hawking (Coordinadora: Marta Aguirre. Departamentos implicados: FQ, Lingua Galega, Inglés e Lingua Castelá)
5 R’s co IES Pintor Colmeiro (Coordinadora: Manuela. Departamento: Economía)
EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS:
Coordinadora: Marta Aguirre e Marta López. Departamento: Física e Química.
XOGOS:
Xogos matemáticos (Coordinadoras: Nadiuska e Paloma. Departamento: Matemáticas)
A ciencia do deporte (Coordinadores: Anxo, Jose e Couso. Departamento: Educación física-Ciclo medio)
Retos con Polos Creativos (Coordinadores: Pablo, Javier e Marta Aguirre)
ENTREGA DE PREMIOS:
1º ESO: Putzles
1º premio: “La flor”, de Andrea, Adriana, David e Érik.
2º premio: “Bambini Sentini”, de Carla, Diego, Eduardo e Nicolás
3º premio: “Casa de Duendes”, de Fabiana, Aitor, Estrella, Daniel e Maya
2º ESO: Casetas de paxaros
1º premio: Uxía, Irene e Carla
2º premio: Antonio, Nicolás, Daniel e Hugo
3º premio: Brais, Rodrigo, Vladislav, Elías e Bilal
RED COMPÁS (2024-2025)
Organiza: Dptos. de Lingua Galega, Inglés e Vicedirección, e AGARESO
Actividade dirixida a: alumnado do proxecto Red Compás
Horario: en varias sesións
Espazo: concello e rúas de Silleda (Praza do Sr. Afranio)
Descrición: Acción de “guerrilla urbana” de posta en valor do transporte no rural ante o abandono das estacións de tren de Taboada, Abades e O Castro, e das paradas de autobús de Fiestras, Grava e Saídres.
PRESENTACIÓN DO PROXECTO ERASMUS REDCOMPÁS
Luns, 9 de xuño. Irea, Adán, Ángel, Alejandro, Lidia, Neve, Sarela, Valeria, Ainhoa e Candela achegáronse ata a casa de todos os trasdezaos para presentar ante a alcaldesa, Paula Fernández, e as concellalas Mónica González e Ánxela Troitiño, o proxecto desenvolto ao longo destes meses, coordinado pola nosa directora Laura López e Por Roi e María (AGARESO).
Alí reivindicaron unha mellora no transporte público no rural, non só de Silleda senón tamén a nivel autonómico, como factor clave á hora de fixar poboación no rural.
Paula, Mónica e Ánxela tomaron boa nota e felicitaron ao grupo por tan loable iniciativa.
Cómpre que este traballo teña unha aplicación práctica no tempo e no espazo.
XXX CANGURO MATEMÁTICO (20/3/2025)
Organiza: Dpto. de Matemáticas (Nadiuska Alemparte e Paloma Pastur)
Actividade dirixida a: alumnado de varios grupos
Descrición: Este ano de novo participaron alumnos do noso centro na XXX Edición do Canguro Matemático.
PHOTOCALL DE LINGUA INGLESA (23-30/4/2025)
Organiza: Dpto. de Inglés
Actividade dirixida a: todo o alumnado do centro
Espazo: entrada do IES
Descrición: Photocall de autores e autoras en lingua inglesa para celebrar o Día do Libro.
VIAXE A TENERIFE (22-26/4/2025)
Organiza: Vicedirección
Actividade dirixida a: alumnado de 4º de ESO
Horario: do martes 22 ao sábado 26 de abril
Descrición: Viaxe de fin de etapa da ESO
ITINERARIO DA VIAXE A TENERIFE
-HORARIOS DE VOOS confirmados a día de hoxe con Vueling:
SAÍDA:
Hora para estar no aeroporto de Santiago: 04:40 h.
Saída do voo: 06:40 h.
VOLTA:
Hora para estar no aeroporto de Tenerife: 14:05 h.
Saída do voo: 16:05 h.
EQUIPAXE:
Poden levar unha maleta facturada de máximo 23kg por persona + bolso/mochila personal que se poida levar debaixo do asiento do avión.
HOTEL:
Hotel Checkin Concordia Playa**** en Puerto de la Cruz
Distribución das habitación:
5 triples e 1 doble para os RAPACES
5 triples e 1 cuádruple para as RAPAZAS
ITINERARIO
22/4 Saída do aeroporto de Santiago 06:40 - Presentación 2 horas antes da saída + chegada ás 08:25 e traslado ao hotel. Resto do día libre.
23/4 Pola mañá LORO PARQUE con xantar + resto tarde libre
24/4 Excursión Cañadas do Teide sen xantar
25/4 Pola mañá SIAM PARK con xantar + resto tarde libre
26/4 Mañá libre ata a hora de recollida para ir ao aeroporto, saída ás 16:05 h en voo directo a Santiago, chegada ás 19:50
EPDLAB NA BANDEIRA (9/4/2025)
Organiza: Dptos. de Inglés e Lingua Galega
Actividade dirixida a: alumnado de 2º ESO Desd. 1
Horario: todo o día
Descrición: O alumnado de 2º ESO - Desd. 1, coordinados polas profesoras Nati Diéguez e Laura López, participaron onte na Bandeira dunha xornada de convivencia.
Deixamos aquí o comentario sobre a mesma de AGARESO:
Onte estivemos de celebración EpDLab cumpriu 10 anos!
Este foi o noso primeiro proxecto como organización coordinadora no eido da Educación para a Cidadanía Global e, dende aquela, foron 10 anos de aprendizaxes e camiños compartidos, construíndo unha comunidade que onte se volveu xuntar en Bandeira para celebrar o xa tradicional Hackathon
Case 100 alumnas e alumnos e 11 profes traballaron arredor de 5 grandes temas escollidos polos propios grupos a comezos de curso:
Saúde mental e benestar
Medio ambiente
Activismo e cambio social
Dereito á educación
Convivencia e bo trato
Grazas en especial ao @concellodesilleda por acollernos unha vez máis e facernos sentir como na casa
De aquí nun ano… repetimos!
VIAXE MÁLAGA-GRANADA 1º BAC (31/3 A 3/4/2025)
Organiza: Dpto. de Relixión
Actividade dirixida a: alumnado de 1º de BAC de Relixión
Horario: do luns 31 de marzo ao venres 4 de abril
Descrición:
Día 1 (31/03/2025)
Saída en autocar a primeira hora da mañá destino Benalmádena.
Paradas obrigatorias.
Comida no traxecto por conta do IES (ata 10 € por persoa).
Chegada ao Hotel, cea e reparto de habitacións.
Día 2 (01/04/2025)
Almorzo no hotel.
Desprazamento en autocar para visitar CAMINITO DEL REY (entrada para as 10:50 h.)
Xantar PICNIC.
Tarde en MÁLAGA.
Catedral: 16:00 h. (6 € por alumno; lista do IES)
Teatro Romano: 17:00 h.
Alcazaba: 18:00 h.
Cea no hotel.
Día 3 (02/04/2025)
Almorzo no hotel.
Desprazamento en autocar para visitar AS COVAS DE NERJA (entrada para as 14:00 h. con guía privada) Xantar PICNIC.
De camiño, parada no Balcón de Europa (Nerja)
Tarde en BENALMÁDENA.
Cea no hotel.
Día 4 (03/04/2025)
Almorzo no hotel.
Desprazamento en autocar para visitar a ALHAMBRA (entrada para as 10:30 h.)
Xantar PICNIC.
Tarde en GRANADA.
Barrio do Albaicín
Catedral e Capela Real: de 10:00 h. a 18:15 h. (5 € por alumno; lista do IES)
Praza Nova
Paseo dos Tristes
Cea no hotel
Día 5.- (4/04/2025)
Almorzo no hotel
Regreso a Silleda, paradas obrigatorias.
Xantar PICNIC
DOMINGO FONTÁN (26/3/2025)
Organizan: Vicedirección e Dpto. de Ciencias Naturais
Actividade dirixida a: alumnado de 4º de ESO (A e B)
Horario: mércores 26 de marzo, de 12:50 a 14:00 h.
Descrición: documental sobre Domingo Fontán, autor do primeiro mapa cartográfico de Galicia.
PILABOT (19/3/2025)
Organiza: Dpto. de Economía
Actividade dirixida a: alumnado de Eco 1 de 4º ESO
Horario: 2º recreo e 5ª hora (de 12:30 a 13:20 h.) do mércores 19
Espazo: Usos Múltiples 1
Descrición: charla sobre o programa Pilabot
WOMBO COMBO - Teatro (14/3/2025)
Organiza: Vicedirección e Concello de Silleda
Actividade dirixida a: alumnado de 1º e 2º de ESO
Horario: de 11:40 a 14:25 h. (4ª, 5ª e 6ª horas)
Descrición: a obra «Wombo Combo», de Galeatro, é unha representación á que foron convidados todos os centros educativos de Silleda e que aborda a deriva virtual, en detrimento da presencial, na que se atopa a sociedade actual. A cita con este proxecto didáctico tivo lugar no auditorio da Semana Verde ás 12:30 horas.
8M: MULLERES QUE INSPIRAN (11/3/2025)
Organiza: Club de Feminismo
Colabora: Biblioteca e EDL
Alumnado ao que se dirixe a actividade: todo o alumnado e profesorado do centro
Data: martes 11 de marzo
Horario: 2º recreo
Espazo: entrada do IES e Biblioteca
Descrición da actividade:
- Presentación do vídeo “Mulleres que inspiran”.
YOUTUBE: https://www.youtube.com/watch?v=7hvDhAkT1Y0
- Presentación da segunda publicación da Editorial Calami, Segunda antoloxía de microrrelatos. 25N.
- Obradoiro de reciclaxe de libretas, con portadas alusivas ao 8M. Este obradoiro vai desenvolverse ao longo da semana no espazo facedor da biblioteca durante esta semana.
FESTIVAL DE ENTROIDO (28/2/2025)
Organiza: Vicedirección
Actividade dirixida a: toda a comunidade educativa
Horario: de 12:50 a 14:15 hs.
Descrición:
Desenvolvemento do Festival de Entroido 2025
PROFESORADO
Interpretan: FOLIADA DA HERBA DE SAN SIMÓN
1º ESO-B
Bailan: MINIONS
3º ESO-A
Bailan: FOOTLOSE
Uxía Filloy
Canta: RANBOW (da película Ballerina)
2º ESO-Desd. 1
Bailan: WATCH ME e GANGDAM STYLE
3º ESO-B
Bailan: MAMMA MIA
Iker Alonso (2º ESO-Desd. 1)
Baila e canta: UH NANA
2º ESO-B
Baila: SIMPSON
1º ESO-A
Bailan: TRY EVERYTHING
2º BAC
Bailan: LET´S GET LOUD e CRAZY IN LOVE
PROFESORADO
Interpretan: MUIÑEIRA DE SABAXÁNS
DELIBERACIÓN DOS GAÑADORES
XURADO
- Andrés Estévez
- Unai Varela
- Esteban Ríos
- Carme Álvarez
- Javier Sanmartín
PRESENTADORES
- Aleixo Sánchez
- Sebastián Mouriño
MÚSICA
- Marcos Pavón
PREMIOS
Mellor DISFRACE: 2º ESO-B: Simpson
Mellor GRUPO GRANDE: 3º ESO-A
Mellor GRUPO PEQUENO: 1º ESO-B: Minions
CONCURSO DE TALENTOS: Uxía Filloy
MVP “MOST VALUABLE PERFORMANCE”: Iker Alonso
SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA E PADRÓN: LUGARES DE ROSALIA DE CASTRO (27/2/2025)
Organiza: Dpto. de Lingua Galega e Literatura
Actividade dirixida a: alumnado de 1º de ESO
Horario: de 09:40 a 18:30 h.
Descrición: PROGRAMA DA SAÍDA:
9:40 Saída do IES
10:20 Percorrido pola zona vella de Santiago: lugares vinculados á escritora.
11:30 Visita ao Museo do Pobo Galego
13:00 Xantar no Parque de Bonaval
16:00 Casa de Rosalía de Castro, en Padrón. Visita guiada
18:30 Chegada ao IES
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (24/2/2025)
Organizan: Dpto. de Lingua Galega, Biblioteca, EDL e Club de Ciencia
Actividade dirixida a: todo o alumnado e profesorado
Horario: de 10:15 a 10:30 do luns 24
Espazo: entrada do instituto
Descrición: para a celebración do Día de Rosalía cantouse a Alborada, na versión de Uxía, conxuntamente entre alumnado e profesorado.
Os ensaios do coro pequeno tiveron lugar nos primeiros recreos das semanas do 10 ao 14 e do 17 ao 21 de febreiro, de luns a xoves na aula de usos múltiples, para todo o profesorado e alumnado que quixese participar.
ALDEAS INFANTILES (17/2/2025)
Organizan: Dptos. de Economía e Orientación
Actividade dirixida a: alumnado de 1º ESO A-B e 4º ESO (de Economía)
Horario:
1º ESO: 4ª hora (11:40 a 12:30 h.)
4º ESO: 5ª hora (12:50 a 13:40 h.)
Espazo: Usos Múltiples 1
Descrición: charla sobre a organización non gobernamental Aldeas Infantiles organizada pola profesora Manuela Posse (Dpto. de Economía) para o alumnado de 1º de ESO e 4º de ESO (alumnos/as de Economía) na que se lle fixo entrega á relatora do material reciclado para ser reutilizado (cadernos, carpetas...).
LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN EN ROBÓTICA (13/2/2025)
Organiza: Dpto. de Tecnoloxía
Actividade dirixida a: alumnado de 4º de ESO, 1º de BAC (alumnado de Tecnoloxía) e ESA.
Horario: de 15:50 h. a 17:25 h. (7ª e 8ª horas)
Espazo: Usos Múltiples 1
Descrición: tivemos a oportunidade de escoitar unha charla sobre linguaxes de programación aplicadas á robótica e impartida por Efrén Arias, profesor no grao de robótica da Escola Politécnica de Lugo.
Explicou algo de teoría básica de programación: algoritmos, linguaxes de programación de alto e baixo nivel, de linguaxe ensamblador... Tamén falou da robótica na industria e nomeou aos PLC, ordenadores que se usan no ámbito industrial e que son moi necesarios á hora de traballar con robots.
Comparou dúas linguaxes de programación moi usadas en robótica como son C++, que ten a vantaxe de se executar moi rápido, e de Python que permite crear código de xeito sinxelo.
Contra o final da charla amosounos como podiamos comunicarnos por wifi cun robot, que el trouxo, mediante sinxelas instrucións que lle daba dende unha aplicación instalada no seu portátil.
11F (11/2/2025)
Organiza: Dpto. de Física e Química
Actividade dirixida a: alumnado de FQ de 1º de BAC (10 alumnos/as) e de Química de 2º de BAC (10 alumnos/as)
Horario: de 09:40 h. a 10:30 h. (2ª hora)
Descrición: co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o martes 11 de Febreiro, o alumnado de Química de 1º e 2º de Bacharelato participaron nunha charla de divulgación científica da “/Iniciativa 11 de Febrero/”. O obradoiro foi impartido por Conchi Sánchez Fernández, Doutora en Bioloxía pola USC e directora da Misión Biolóxica de Galicia, centro do CSIC, sede situada en Santiago de Compostela. Conchi investiga en áreas de biotecnoloxía vexetal, en técnicas de clonación, micropropagación e mellora de especies leñosas.
A nosa gratitude por compartir unha parte do seu traballo de investigación co noso alumnado, que a bo seguro aproveitaron os coñecementos para aplicalos no Proxecto de Centro “FLORA COLMÉRICA”!
NEVE EN ANDORRA (1-8/2/2025)
Organiza: Dpto. de Educación Física
Actividade dirixida a: alumnado de 3º de ESO
Horario: do sábado 1 ao sábado 8 de febreiro
Descrición: curso de esquí realizado en Andorra para 32 alumnos/as de 3º de ESO, acompañados por María José Patiño e José Luis Tedín.
METEOESCOLAS (4/2/2025)
MeteoEscolas (Plan Proxecta +)
Coordinado por Ángel Pazos e con Marta Aguirre e Pablo Eiras como colaboradores, e dirixido a unha diversidade do alumnado do centro, o programa MeteoColmeiro resultou gañador cunha valoración de 5 puntos sobre 5 posibles.
Enlace ao blogue METEOCOLMEIRO 23-24 do IES Pintor Colmeiro:
https://meteocolmeiro2324.blogspot.com/?m=1
Os profesores Marta Aguirre e Ángel Pazos acudiron o martes 4 de febreiro a Santiago de Compostela acompañados por algúns dos alumnos e alumnas de 1º de BAC (Brais Ferradás Quián, Adrián Fontao Santorum, Yudit García López, Saúl Gómez Navaza, Santiago González Fondevila, Diego Lois Ojea, Samuel Mangas Taboada, Alejandro Mato Rodríguez, Sheila Pumeda Iglesias, Ángel Rey Palmou e Noelia Varela Rodríguez) que participaran no curso 2023-24 no proxecto MeteoEscolas.
Do acto, presidido polo presidente autonómico Alfonso Rueda, deixamos unhas instantáneas.
Parabéns aos mestres e alumnos polo seu traballo e éxito!
75 CABODANO DE CASTELAO (30/1/2025)
Organiza: Dpto. de Lingua Galega (Edith Pazó e Nati Diéguez)
Colabora: Dpto. de Tecnoloxía, Biblioteca e EDL
Actividade dirixida a: a todo o centro
Horario: de 10:00 h. a 10:30 h.
Espazo: entrada do Instituto
Descrición: No 2025 cúmprese o 75º aniversario da morte de Castelao, o escritor galego, político, ilustrador, pintor, que marcou o devir da cultura galega do século XX. Para conmemorar esta data sinalada, a comunidade educativa do Colmeiro rendeulle unha homenaxe participativa con lecturas dos seus textos. Alumnos/as, profes e PAS foron os encargados de lles poñer voz aos seus libros. O alumnado de 1º ESO levou a condución do acto cun percorrido pola vida do autor. Os de 2º de Bacharelato fixeron a dramatización de varios fragmentos da súa obra teatral Os vellos non deben de namorarse. Xoán Carlos, o vicedirector, convidounos a reparar nos cruceiros que marcan a nosa paisaxe. Teresa, da secretaría, tróuxonos o limiar de Un ollo de vidro. O alumnado de 1º, 3º e de 4º da ESO compartiron connosco varios textos de Cousas. O Sempre en Galiza veu da man dos de 1º de Bacharelato. E mesmo o propio Castelao apareceu no acto na voz de Samuel, de 2º de BAC, para alentarnos a continuar no camiño da defensa da Terra e da nosa fala. O acto estivo, ademais, engalanado polos diversos materiais gráficos realizados nas aulas de Tecnoloxía e de Lingua Galega, Leire realizou unha caricatura do rianxeiro, e alumnos/as de todos os cursos fixeron para ese día as singulares lentes do autor, coa idea de ollarmos as cousas desde a súa mirada.
A actividade foi gravada, editada e subida a Youtube por Xosé Fuentes.
Queda aquí o enlace para que poidades visualizala:
EXPLORACIÓN DO MEDIO NATURAL: ANÁLISE DE AUGAS DO RÍO MERA (16/1/2025)
Organiza: Club de Ciencia Colmeiro
Actividade dirixida a: alumnado do Club de Ciencia
Horario: de 14:15 a 15:45 h.
Descrición: Camiñata dende o IES ao río Mera para a colocación dunha malla de pelo e recollida de mostras de auga do río.
O alumnado do Club de Ciencia Colmeiro saíu ás 14:15 h do centro camiñando cara as Pedrosas e despois en dirección a Siador, xusto antes da empresa Disiclín, baixando ao río para colocar unha malla (previamente preparada no laboratorio) e uns paneis informativos sobre o traballo de investigación que se está a facer sobre a limpeza de vertidos nos ríos.
RUTA BREIXA - CARBOEIRO (22/1/2025)
Organizan: Dpto. de Xeografía e Historia e Ciclo Medio de Guía no Medio Natural e do Tempo Libre
Actividade dirixida a: alumnado de 2º ESO e 2º Ciclo
Horario: mércores 22 de xaneiro
Descrición: Ruta guiada dende Breixa a Carboeiro polo alumnado de 2º do Ciclo Medio dirixida ao alumnado de 2º de ESO.
RED COMPÁS (16/1/2025)
Organizan: Dpto. de Inglés, Lingua Galega e Vicedirección
Actividade dirixida a: alumnado de 3º e 4º de ESO, e 1º de BAC
Horario: xoves 16 de xaneiro
Espazo: Usos Múltiples 1
Descrición: RED COMPÁS: 12 ALUMNAS/OS DO IES PINTOR COLMEIRO IMPLICADOS NESTE PROXECTO
Nace la Red Compás: grupos de jóvenes de Galicia por la participación juvenil.
Estas actividades fomentan la creatividad, el trabajo en equipo y el aprendizaje práctico. Además, les permiten desarrollar habilidades sociales y adquirir conocimientos para el ejercicio de la ciudadanía, a través de acciones de Comunicación para el Cambio Social y la incidencia política.
El pasado mes de noviembre, comenzamos con un nuevo proyecto de participación juvenil: la Red Compás, financiado por el programa Erasmus+ y en el que participan grupos de jóvenes de Viana do Bolo, Monfero, Bueu, Brión y Silleda.
Celebramos el primer encuentro de coordinación y planificación (kick-off meeting) en noviembre, y ahí marcamos el comienzo de esta aventura, donde presentamos los objetivos, actividades y retos que nos acompañarán en los próximos meses.
Este proyecto busca empoderar a grupos de jóvenes para que se conviertan en protagonistas del cambio en sus comunidades, trabajando con herramientas para expresarse, comunicarse y actuar, conectando sus intereses con temas clave como la sostenibilidad, la inclusión social y la igualdad.
Entre noviembre y diciembre, nos movimos por diferentes municipios para presentar la iniciativa a grupos motores locales. Estas sesiones no solo sirvieron para explicar el proyecto, sino también para sumar nuevas voces y caras. Queremos que todas y todos los jóvenes interesados puedan participar, porque cuanto más diversa sea nuestra red, más impacto podremos generar.
En estas presentaciones:
- Descubrimos sus inquietudes y expectativas.
- Explicamos participar en las actividades del proyecto.
- Compartimos ejemplos inspiradores de comunicación y acción juvenil.
Enlace á web: https://redcompas.eu/2024/12/19/talleres-de-arte-clubes-de-lectura-y-proyectos-de-voluntariado/
TEATRO EN SANTIAGO (15/1/2025)
Organizan: Dpto. de Inglés
Actividade dirixida a: alumnado de 3º e 4º de ESO
Horario: mércores 15 de xaneiro
Espazo: Auditorio de ABANCA (Rúa do Vilar, Santiago de Compostela)
Descrición: O teatro participativo é unha ferramenta útil, práctica e divertida de aprender o inglés. Esta peza teatral é unha adaptación da novela de Agatha Christie Asasinato no Expreso de Oriente. Un vagón cheo de personaxes excéntricos (afortunados membros do público), todos igualmente sospeitosos. Poderá o inspector encontrar ao culpable ou rematará os seus días tendido sobre las vías del tren?
O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES (16 ao 20/12/2024)
Organizan: Dpto. de Lingua Galega, Biblioteca, EDL e Club de Ciencia
Actividade dirixida a: alumnado de 1ºESO
Descrición: O alumnado de 1º ESO compartiu nas aulas de Lingua Galega e Literatura a lectura do libro O home que plantaba árbores, do novelista francés Gean Giono, unha historia de xenerosidade sen límites e amor á natureza, nun contexto mundial de guerras. A partir desta lectura, e dentro do proxecto Flora Colmeiro, cada alumno/a presentou unha árbore que considera parte da súa vida por motivacións diversas: porque a plantou o avó, porque dá a mellor portería para xogar ao fútbol polas tardes, porque forma parte da sombra dos días de verán na casa... Entre todos, fixeron esta árbore de boas historias e de afecto pola natureza que nos rodea.
RECICLAMOS CADERNOS, REUTILIZAMOS (16/12/2024)
Organizan: Dptos. de Lingua Galega e Economía
Actividade dirixida a: alumnado de 1ºESO Desd. 1 e 3
Horario: luns 16 de decembro
Espazo: aulas de referencia
Descrición: Obradoiro dunha hora impartido por tres alumnas de 4º ESO, baixo a coordinación de Manuela Posse, sobre economía circular e reciclaxe de papel. Os máis pequenos aprenderon, así, da man das maiores da ESO as normas de uso do contedor azul e a necesidade dunha economía circular para unha sociedade sustentable. A continuación, o alumnado de 1ºESO, seguindo as pautas dadas, preparou varios cadernos renovados a partir doutros usados, seleccionando follas limpas, portadas e espiral, que montaron nun novo produto perfectamente utilizable. Esta actividade enmárcase nos proxectos de Reciclaxe da materia de Economía e no proxecto da aula de Lingua Galega de recompilación de materiais para colaborar coa situación de emerxencia de Valencia.
"EU VOU COMIGO" (2/12/2024)
Organiza: Dpto. de Orientación
Actividade dirixida a: alumnado de 3º de ESO A/B
Horario: luns 2 de decembro, 3ª e 4ª horas (de 10:50 a 12:30)
Espazo: Usos Múltiples 1
Descrición: Taller sobre os comportamentos tóxicos nunha relación e sobre o amor romántico e os seus mitos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero promovido pola Concellería de Igualdade do Concello de Silleda.
Colocouse un Punto Violeta na entrada do centro e un recuncho de libros feministas na biblioteca nomeado “As Bolboretas”.
Asemade, o Concello agradeceu a colaboración das alumnas do Club de Feminismo do centro na gravación dalgúns dos nomes das vítimas de violencia de xénero.
REGUEIFAS POLA IGUALDADE (28/11/2024)
Organizan: Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Vicedirección e Orientación
Actividade dirixida a: alumnado de 1º de ESO A-B
Horario: xoves 28 de novembro; de 3ª a 6ª horas (de 10:50 a 14:30)
Espazo: Usos Múltiples 1
Descrición: «Regueifas pola Igualdade» foi unha actividade promovida pola Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno. O taller, enfocado na sensibilización sobre a igualdade e a loita contra a violencia machista, estivo dirixido ao alumnado da provincia e enmárcouse no programa de actos polo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Durante a sesión, os rapaces e rapazas exploraron letras que promoven o compromiso pola igualdade de xénero e rexeitan calquera forma de violencia contra as mulleres. Esta iniciativa, cuxo obxectivo foi concienciar á mocidade e promovela como axente de cambio social, levouse a cabo en varios centros, desenvolvéndose en cada un deles obradoiros para fomentar a reflexión sobre a violencia de xénero e outros temas relacionados coas desigualdades de xénero.
AXENDA 2030 (27/11/2024)
Organizan: Dptos. de Economía, Orientación e Vicedirección
Actividade dirixida a: alumnado de 1º ESO (A e B)
Horario: mércores 27 de novembro; 2ª hora (de 9:40 a 10:30)
Espazo: Usos Múltiples 1
Descrición: actividade promovida pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Silleda para falar sobre a Axenda 2030 e das ofertas sobre a mesma que se realizan no Concello.
DIGITAL WEEK (3-9/11/2024)
Organiza: Dpto. de Inglés (Susana Faílde)
Actividade dirixida a: alumnado de 2º de ESO (A e B)
Horario: do domingo 3 de novembro ao sábado 9 de novembro
Espazo: Centro de Inmersión Lingüística Peares (Carballedo)
Descrición: O alumnado de 2º ESO pasou 6 días nos Peares nun curso de inmersión lingüística. A experiencia foi estupenda, non só no esperable, comunicándose en inglés cos monitores, senón tamén no que se refire á socialización. Conviviron todo este tempo con máis estudantes e coñecéronse sen móbil. Foi una vivencia nova para eles. Con moitos momentos bos e algún que outro baixón pero máis fortes e mellor persoas seguro.
SAMAÍN: O BOSQUE TENEBROSO (30/10/2024)
Organiza: EDL, Biblioteca e Club de Ciencia
Actividade dirixida a: todo o alumnado
Horario: nos recreos do martes 22 ao venres 25
Espazo: biblioteca
Descrición: como este ano adicamos o noso proxecto de centro deste ano ás árbores, polo Samaín escollemos como temática da celebración do día de mortos “O bosque tenebroso”. A biblioteca ficou convertida nun pequeno recuncho de pólas cheas de arañeiras e morcegos. Este espazo serviu de escenario para a celebración do IV Concurso de creacións de Samaín. Nesta edición o concurso foi de relatos breves, microrrelatos, ilustracións e teatralizacións.
Na modalidade de relatos e microrrelatos para alumando de 1º e 2º da ESO o gañador foi Dago González Morales; entre o alumando de 3º, 4º e BAC houbo dúas gañadoras ex aequo, Candela Cuíña e Claudia Meijomín. Na modalidade de ilustración, premiouse o traballo de Lidia González Fondevila.
O xurado tamén fixo mención especial dos traballos de Aitor Rodríguez Fernández (de Silleda), de das teatralizacións do alumando de latín de 4º da ESO e de 1º de BAC, da lectura do grupo de alumnos de 1º de ESO (Iria Salgueiro, Sebastián A. Martínez, Natalia Giadás e Ainara Miguélez) e da ilustración de Layla Bakhou Charchou.
MAGOSTO (30/10/2024)
Organizan: Vicedirección e EDL
Actividade dirixida a: toda a comunidade educativa do IES
Horario: mércores 30 de outubro, de 13:20 a 14:30 h.
Espazo: Patio
Descrición: omércores 30 de outubro a comunidade do IES Pintor Colmeiro gozou dun magosto nun día solleiro. Agradecidos á Asociación de Veciños de Breixa pola cesión do asador, a Mónica González e ao Concello de Silleda polas súas xestións e loxística, aos alumnos/as de FPB pola súa axuda, ao EDL coordinado por Xandre Pereira e a todos os profesores/as e alumnos/as pola súa participación.
CROSS na Semana Verde (29/10/2024)
Organizan: Vicedirección e Dpto. de Educación Física
Actividade dirixida a: 1º e 2º de ESO
Horario: martes 29 de outubro, de 09:45 a 12:00 h.
Espazo: Recinto Feiral da Semana Verde (Silleda)
Descrición: carreira de cross celebrada no recinto feiral da Semana Verde de Silleda na que participaron 52 alumnos/as (25 de 1º de ESO e 27 de 2º de ESO), acompañados por Edith Pazó, Nadiuska Alemparte, Marta López e Xulio Taboada.
Entrega dos premios Piluciencias (21/10/2024)
Organiza: Biblioteca, EDl e Club de Ciencia
Actividade dirixida a: todo o alumnado do centro
Horario: luns 21 de outubro
Descrición: Co gallo do Día da Ciencia en Galego, o EDL en colaboración co Club de Ciencia Colmeiro organizaron: PILUCIENCIAS O III Concurso de Vídeos de Ciencia en Galego en 90 segundos.
O alumnado tiña que presentar os seus vídeos antes do venres 4 de outubro e, o xoves 17 de outubro tivo lugar a entrega de premios segundo as categorías establecidas:
Categoría A: 1º e 2º ESO.
1º Premio: "Os virus" de Dago González.
2º Premio: "A choiva ácida" de Iker Pumeda, Mª Victoria Sánchez, Gabriela Naicu e Andrea Villanueva.
3º Premio: "A presión atmosférica" de Xabi González, Eduardo Pop e Miguel Torres; e "Números Primos" de Antía García e Aitor Rodríguez.
Categoría B: 3º, 4º ESO, Bacharelato, FP Básica, ESA e Ciclos.
1º Premio: "A choiva ácida" de Adrián Fernández e Lucas Casal.
2º Premio: "A fotosíntese" de Clara Meijomín, Ainhoa Sahagún e Valeria Pájaro.
3º Premio: "Tsunami caseiro" de Lucía Fernández, Daniela Buján e Naida Fernández.
Moitas grazas a todos/as os/as que participaron e parabéns aos vídeos finalistas!
Por outro lado, entre todos os vídeos finalistas, o xurado encargado da concesión dos premios de Piluciencias, escolleu os vídeos que se presentaron ao concurso organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC: Petiscos de Ciencias. Na canle de youtube de CienciaColmeiro podes visualizar os vídeos que participan na edición 2024 do concurso.
Educación Cívico Tributaria (22/10/2024)
Organiza: Dpto. de Economía (Manuela Posse)
Actividade dirixida a: todo o alumnado de 4º de ESO (A e B)
Horario: martes 22 de outubro, de 13:40 a 14:30 h. (6ª hora)
Espazo: Usos Múltiples 1
Descrición: O alumnado de 4º ESO participou nunha charla sobre Os impostos e o estado de benestar impartida polo persoal da Agencia Tributaria: Ana Tomé, Remedios Vázquez e Patricia Otero. Esta charla forma parte do programa Educación Cívico Tributaria de dita administración e foi organizada polo departamento de Economía do centro. O alumnado participou de forma moi activa e asomou moito interese. Aprenderon, entre outras cousas, os costes dos servizos públicos como a educación, a sanidade e, citando o dito pola técnica de facenda Ana Tomé: "Que sexa gratis non quere dicir que non teña coste".
Obradoiro de Regueifas (16 e 23/10/2024)
Organiza: Departamento de Galego
Actividade dirixida a: 3º ESO A-B
Espazo: Usos Múltiples 1
Descrición: un ano máis desenvolveuse no centro o obradoiro de regueifas a cargo da Asociación Oral de Galicia e da Deputación de Pontevedra. O mércores 16 contamos coa magnética presenza do Pinto de Herbón, que introduciu o alumnado de terceiro na arte de improvisar coplas. O mércores 23 contamos coa fermosa voz de Lupe Blanco, que puxo a toda a rapazada a regueifar.
Plantas invasoras (21/10/2024)
Organizan: EDL, Biblioteca e Club de Ciencia
Actividade dirixida a: Todo o alumnado do centro
Descrición: Paco Bañobre, de ADEGA, achegouse ao centro para falarlle ao alumnado de bioloxía de 4º de ESO e de ciencias de 1º de BAC sobre os contidos dos paneis titulados Unha invasión silenciosa, que abordan como a biodiversidade, fundamental para a saúde do planeta, está sendo suxeita de múltiples ameazas, sobre todo por especies invasoras. A charla centrouse principalmente no ámbito galego.
Espazo: entrada do centro
ArqueoColmeiro II (16-23/10 e 11-12 /11 / 2024)
Organiza: Vicedirección
Actividade dirixida a: Profesorado e alumnado do centro
Espazos: Usos Múltiples 1, Laboratorio de Física e Química e patio
Obxectivos:
- Coñecer as distintas tipoloxías da cerámica prehistórica do noroeste peninsular
- Aprender a procesar o barro como material básico da cerámica
- Elaborar olaría reproducindo as distintas temáticas e motivos da cerámica prehistórica
- Fabricar e utilizar un forno prehistórico de cocción co que realizar as pezas
Periodización da docencia (9 hs., mércores pola tarde):
- 16 de outubro: clase teórica sobre a cerámica prehistórica (profesorado e alumnado): 2 horas
- 23 de outubro: fabricar e utilizar un forno prehistórico de cocción co que realizar as pezas (profesorado e alumnado): 3 horas
- 11 de novembro: cocción das pezas de cerámica nun formo imitación dun prehistórico: 3 horas
- 12 de novembro: retirada das pezas do forno: 1 hora
Ciberseguridade no Cole (15/10 e 14/11 - 2024)
Organizan: Matemáticas e Tecnoloxía
Actividade dirixida a: 2º ESO (A e B segundo grupos XADE)
Espazos: Usos Múltiples 1 e Aula Desdobre 2
Data: 15 de outubro
Descrición: Celebrouse a IV edición do concurso de Ciberseguridade no Cole, unha actividade dirixida ao alumnado de 2º ESO de toda Galicia para coñecer un pouco máis sobre a Ciberseguridade.
Este concurso enmárcase dentro das actividades do IV Encontro CIBER.gal organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridad CIBER.gal que se celebrará do 6 ao 8 de novembro de 2024 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Os departamentos de Tecnoloxía e de Matemáticas, estiveron coordinando que o proceso se executase correctamente.
Desde o centro participaron dous grupos, 2º ESO A e 2º ESO B, que competían contra outros grupos en toda Galicia, arredor de 170 en total.
A proba empezou ás 12:30h e consistiu en responder correctamente e o máis rápido posible a 10 preguntas formuladas desde a plataforma Kahoot!
Respecto aos resultados, 2º ESO A chegou a acadar o posto 53, mentres que 2º ESO B quedou un pouco máis atrás, no posto 90. En calquera caso, a actividade foi entretida e o alumnado participou activamente.
https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/cibergal/encontro-cibergal/2024-iv-encontro-cibergal
https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/cibergal/encontro-cibergal
Departamento responsable: Plan Dixital
Alumnado ao que se dirixe a actividade: 4º ESO (A e B)
Horario: de 09:40 h. A 10:30 h.
Espazo a utilizar: Usos Múltiples 1
Data: 14 de novembro
Descrición: Dentro do programa de cibercooperantes do INCIBE, o alumnado de 4º de ESO asistiu a unha charla sobre ciberseguridade impartida por Jorge Cerqueiro (U. de Vigo). O obxectivo principal foi concienciar sobre a importancia dun uso seguro e responsable de Internet, os riscos asociados ás novas tecnoloxías e os mecanismos de axuda dispoñibles en caso de problemas.
Planetario Móbil (7/10/2024)
Organizan: EDL, Biblioteca e Club de Ciencia
Actividade dirixida a: alumnado de 1º e 2º de ESO
Descrición: co gallo do Día da Ciencia en Galego e o mes da Ciencia en Galego, decidiuse contratar unha actividade do planetario móbil ofertada polo programa cultural Ruta Quetzal, creado polo periodista e aventureiro Miguel de la Quadra-Salcedo, que nos presenta un proxecto docente que nos introduce no apaixonante mundo da Astronomía.
É unha actividade interactiva e práctica onde o alumnado realiza unha viaxe no espazo e no tempo que lle axuda a descubrir o Universo e a Vía Láctea con Íñigo de la Quadra-Salcedo.
Homenaxe a Manuel Colmeiro Guimarás (4/10/2024)
Organizan: Concellería de Cultura de Silleda e Equipo Directivo
Actividade dirixida a: Toda a comunidade educativa
Descrición: No 2024 cumpríronse 25 anos do pasamento de Manuel Colmeiro Guimarás. En conxunto coa concellería de Cultura de Silleda desenvolveuse unha pequena homenaxe no centro o venres 4 de outubro.
Clases de esgrima (2024-25)
Organiza: Departamento de Educación Física
Actividade dirixida a: Alumnado de ESO e 1º de BAC
Descrición: A actividade, dirixida por Adrián Penido Núñez, da Escola de Esgrima de Silleda, tivo como obxectivo promocionar e dar a coñecer este deporte entre as alumnas e os alumnos do Instituto.
Día Europeo das Linguas (2024-25)
Organizan: EDL, Biblioteca e Club de Ciencia
Actividade dirixida a: Toda a comunidade educativa
Descrición: O día 26 de setembro, como cada ano, celebramos o Día Europeo das Linguas cunha actividade organizada polo EDL en colaboración coa Biblioteca e o Club de Ciencias e levada a cabo polo alumnado de 3º da ESO.
Aproveitamos que estamos nas primeiras semanas do curso para dar a benvida empregando decenas das linguas faladas en Europa en forma de grilandas de papel expostas na entrada e na biblioteca do noso instituto. Durante a semana previa o alumando participante estivo investigando para elaborar uns carteis informativos que acompañarán aos textos de benvida con datos sobre cada lingua.