Imaxes 2020-21

Fin de curso e despedida de compañeiras 

Finalizamos o curso 2020-21. Queremos agradecer a toda a comunidade educativa do IES Pintor Colmeiro o seu esforzo e compromiso para sacar adiante este curso. Aproveitamos ademais para despedir á nosa compañeira Fe Fernández Penelo que se xubila logo dunha brillante carreira como docente, así como ás nosas compañeiras Helena González Lois e  Nuria Rodríguez Caloca que se trasladan de destino logo dunha longa e vizosa estadía no centro.  Boa sorte a todas elas!

Inauguración dos paneis de toponimia coa presenza do alcalde e a concelleira de educación

Nada mellor que nolo conten unhas das protagonistas do proxecto: as nosas alumnas Noelia Amil Fernández e Noelia García Liñares:


"Un día o noso profesor Xoán Carlos xuntounos e comentounos esta idea,. Tentamos cadrar horarios e a raíz diso comezamos a acudir  todos os mércores de 17:00 ás 18:30 horas.  Durante aproximadamente un ano logramos introducir máis de 1500 topónimos na aplicación Galicia Nomeada.

Co material do que dispoñiamos tanto en Galicia Nomeada como en  “Google Maps”, elaboramos nove “kahoots” con preguntas xerais, sobre toponimia, contidos xerais, e incluso lendas e contos que despois utilizamos nas nosas exposicións.

 

Por outra parte, no outono visitounos a televisión de Galicia para elaborar unha reportaxe a modo de explicación do noso traballo para o telexornal. Días despois, visitounos o Malicia Noticias para facer tamén, de xeito máis divertido e informal, unha explicación do proxecto e do funcionamento de Galicia Nomeada. Tamén elaboramos uns vídeos explicativos sobre Galicia Nomeada, o mapa do Google Maps de onde extraemos a información, e o método mediante o cal recollemos novos topónimos coa axuda dos nosos familiares e veciños/as. Como parte tamén do proxecto, visitamos Meira e Lugo, incrementando a nosa aprendizaxe sobre o terreo coas visitas ao castro de Viladonga, á Catedral de Lugo e á biblioteca do Seminario, entre outros. Ademais, melloramos as nosas bases arqueolóxicas mediante unha saída ao castro de Doade, no que se estaban a realizar novas escavacións.

 

Para dar por concluído todo o traballo, fixemos unha fichas didácticas para que o alumnado do noso centro as realizasen coa axuda dos paneis co nome de cada parroquia, paneis situados nas portas de cada unha das aulas do instituto. Estes paneis foron inaugurados o mércores nove de xuño, asistindo o alcalde e a concelleira de educación. Entregáronselle unha unidade didáctica elaborada por Xoán Carlos, o noso profesor, con todos os puntos do noso proxecto. Esta unidade tamén foi enviada a todos os centros educativos de Silleda. 

 

Todo este traballo fixémolo o grupo de excelencia, formado por: Noelia Amil, Noelia García, Zoe Rivas, Lucía Fernández, Pablo Molinos, Iker Peña, Martín Riádigos, Leila Rey, Sheila Viéitez e Almudena Villanueva".

Paneis sobre a muller e a súa invisibilidade do Club de letras do curso anterior, 2019-20

A emerxencia sanitaria obrigou a deixar pendente o colofón de certos traballos. Alumnado de 2º bacharelato, dirixidos pola nosa compañeira Norma Rodríguez, achéganos á obra de Menchu Lamas, Elena Colmeiro, Lolita Díaz Baliño e María Corredoyra por medio de diversos paneis

O activo grupo de toponimia explica o seu traballo no colexio da Bandeira

Viaxe a Braga

Coa supervisión dos nosos compañeiros Marcial Fernández e Ángel Pazos, semella recuperarmos certos espazos de normalidade.

Estudo sobre a relación entre partos e fases da lúa polo alumando de 4º ESO de Ciencias aplicadas á actividade profesional. 

Un traballo das nosas compañeiras de bioloxía Sandra Maneiro e Aldara Nóvoa

"O alumnado de 4º de Ciencias aplicadas á actividade profesional decidiu investigar se existía algún tipo de relación entre as fases da lúa e os nacementos. A hipótese que formularon foi a seguinte: Existe un maior número de nacementos preto da fase de lúa chea? Para comprobala, recolleron información sobre as datas de nacemento do alumnado e profesorado do centro, para despois comparalo co calendario luar grazas a unha páxina web especializada. O total de enquisados foi de 268, e os resultados obtidos foron os seguintes: 84 nacementos preto ou en lúa chea / 56 nacementos preto ou en cuarto minguante / 59 nacementos preto ou en lúa nova / 69 nacementos preto ou en cuarto crecente.

Á vista dos resultados, puideron inferir que, se ben a diferenza non era moi significativa, si que había un maior número de nacementos en lúa chea. Sen embargo, aínda que non puideron afirmar que os resultados foran 100% fiables, pois a mostra de datos é moi pequena, a tendencia observada levounos a aceptar a súa hipótese inicial: si existe un maior número de nacementos pret da fase de lúa chea. Non obstante, os alumnos de alumnas de 4º de Ciencias Aplicadas deixan a porta aberta a futuras investigacións, con mostras de datos maiores, que lles permitan emitir unha conclusión máis reforzada".

Aldara  Nóvoa

Charla sobre primeiros auxilios para o alumnado de ciclos ao cargo do servizo do 061

Despedimos á nosa auxiliar de conversa Elly Groh

Visita do grupo de toponimia ás escavacións do xacemento castrexo de Doade

O xoves 27 de maio, 7 alumnos/as do Grupo de Toponimia, visitaron a escavación que están a realizar a arqueóloga Vanessa Trevín e o seu equipo CADO Arqueoloxía, no xacemento castrexo de Doade. Ademais de teren unha visita guiada a cargo de dita arqueóloga polos paneis informativos e os restos descubertos en campañas anteriores, gozaron do privilexio de ver como estaban traballando os arqueólogos na procura da muralla do castro e da porta de entrada ao mesmo. Asemade, puideron lavar as pezas de cerámica atopadas na escavación dese día.



O Museo Etnográfico "Casa do Patrón" da aldea de Codeseda, leva anos xestionando a financiamento deste traballo científico de posta en valor do castro de Doade, que repercute directamente no necesario coñecemento da cultura castrexa da Comarca de Deza.

Entregamos o premio do I Concurso de Fotografía sobre Ioga e Meditación

Charlas da fundación Baiuca Verdescente

Parabéns a Yudit e Rosalía que desfrutarán dunha consumición eco-saudábel.

Saída de sendeirismo desde Carboeiro

Charla de Marcos Brandariz

Marcos Brandariz foi alumno do noso centro e traballa actualmente para Google-Zurich en Suiza.

Tarxetas de Xela Arias no mes das letras

Encontro virtual con Esther Estévez

Finalizado o novo mural do  "Clube de letras", creación do artista silledense David Bibián

Durante as últimas semanas o recinto do IES Pintor Colmeiro volveu estar habitado por andamios, pinceis, cubos de pintura e artistas. Este xoves 29 rematábase un novo mural, que ten como motivo o coidado do medioambiente. O deseño foi realizado por David Bibián, antigo alumno do instituto, e Vanessa Barcala, que o executaron coa cola colaboración de alumnos de 3º e 4ª da ESO e 1º de BAC: Antía Cajide, Elizabeth Barreiro, Irene Pájaro, Miguel Barreiro, Noelia Amil, Noelia García Liñares, Ángel Mangas, Pablo Molinos, Patricia González, Paula García y Yuxin Wang


Esta actividade encádrase no proxecto do Club de Letras que se coordina desde a Biblioteca do centro pola profesora Norma Rodríguez. O Club de letras é un programa da Consellería de Educación que tivo o seu inicio no azaroso curso pasado, cando se traballou a temática da visibilización da muller. Trátase dun programa que busca fomentar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades, das Artes e as Ciencias Sociais, a partir dunha proposta común diferente en cada edición. Este ano o tema escollido foron “Os coidados”. No IES Pitor Colmeiro concretáronse tres liñas de indagación: investigación sobre o reparto traballo doméstico, creación sobre a percepción persoal do coidado e, finalmente, a do coidado do medioambiente. Nesta último insírese o obradoiro do mural xunto con outras actividades.


O traballo comezou cunha entrevista dos muralistas co alumnado participante para compartir a visión do proxecto a partir dunha proposta base, que encaixou perfectamente coa idea buscada e que en seguida entusiamou aos alumnos. A partir de aí -en tempos roubados fóra do horario escolar, recreos e algunhas tardes- foi medrando progresivamente á vista de toda a comunidade este mural, que a partir de agora forma parte tamén da fisionomía do IES Pintor Colmeiro.

Cartel polo 5 de maio Día da Lusofonía

Día da Educación física

Entrega do premio dos "Momentos lectores"

Un traballo dirixido polo noso compañeiro Marcial Fernández.

O departamento de Educación física do IES Pintor Colmeiro celebra o día da Educación Física na rúa cunha carreira de orientación polas rúas de Silleda. Os alumnos tiveron que atopar unha serie de puntos sinalados nun mapa do pobo.

Parabéns a Noelia García Liñares que foi quen de identificar moitos momentos lectores. 

Novo premio para o noso centro: concurso INFORMATÍZATE

O vídeo "Informática ten nome de muller" acaba de ser premiado cunha mención especial dentro do  “I Concurso de Vídeos INFORMATÍZATE” convocado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela xunto co Departamento de Electrónica e Computación.

Como explicita unha das bases da convocatoria, “o concurso ten por obxecto promover a divulgación das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), ao mesmo tempo que contribúe ao cambio dos estereotipos sociais que asocian o traballo en TIC co xénero masculino, utilizando o galego como medio de transmisión do coñecemento, e estimulando a creatividade do estudantado cos medios audiovisuais”. 

O alumnado participante foi Yuxin Wang, Salma Sodki, Marua Chaitany Alamancos, Alberto Ríos Crespo, Iris Pérez Rodríguez, todos eles dirixidos polo noso compañeiro e profesor de filosofía Xesús F. Sulleiro.

Moitos parabéns para todos e todas!

Semana de traballo virtual cos nosos socios do programa Erasmus

O alumnado que participa no programa da modalidade K 229 traballou durante unha semana cos socios dos centros educativos de Romanía, Italia e Alemaña. Fixéronno dun xeito virtual debido ás limitacións de mobilidade derivadas da pandemia. A temática deste programa versa sobre os refuxiados. O logo elixido foi o proposto polo noso instituto. 

Excelente traballo das nosas compañeiras Helena González Lois e Laura López Peña.

Semana do libro. 

O Equipo da Biblioteca inza o centro de "momentos lectores", algúns cercanos, outros non tanto. Quen identificará máis?

Semana do libro. O EDL propón un reto lector. Que lemos? Que recomendamos?

Charla sobre arqueoloxía impartida por César Parcero organizada por DEPO

Poemas e haikus polo alumnado de Comunicación Oral de 2º ESO

Charla "Reaccións químicas na cociña" por Félix Freire

Traballos de debuxo artístico dos alumnos de Bacharelato

Parabéns ao noso compañeiro Bernardo Insúa pola súa excelente docencia co talento dos nosos alumnos  e alumnas.

Nova sección adicada a textos sobre igualdade e feminismo na nosa biblioteca, cun fenomenal deseño da nosa alumna Noelia García Liñares

Ela mesma explícanolo:

"O deseño está estruturado en base á fisioloxía feminina e, especialmente, á loita contra a desigualdade, acollendo así a sección de feminismo da biblioteca.

Afondando na simboloxía do deseño, unha parte importante dela recae na gama cromática escollida, acorde co movemento feminista. Predominan os tons morado (cor representativa), verde (cor reivindicativa dos dereitos reprodutivos das mulleres), vermello (cor asociada á menstruación e á fertilidade) e azul (cor que expresa a loita fronte aos roles de xénero).

En canto ao valor simbólico dos elementos, no debuxo central do útero preséntase abundante vexetación arredor dos trazos básicos do debuxo, remarcándoo e diluíndo a forma ao mesmo tempo. Na parte central deste, sitúase unha pequena bolboreta formada por un punto e coma, continuando coa temática da natureza e, á vez, representando o inicio dunha nova etapa con cambios de cara a unha situación de igualdade. O triángulo equilátero apuntando cara abaixo ten de novo o significado da igualdade (lados e ángulos iguais da figura) e tamén contén o concepto de muller empoderada. A lúa que se superpón ao triángulo, xunto coa que está oculta dentro do ollo e o ciclo lunar debaixo deste, reflicten as fases do período menstrual. Agrupando as fases lunares agóchanse lazos morados, reivindicando a violencia machista e, a flor de loto realza a pureza e a vitalidade do útero. Por último, as pequenas frechas asócianse cos ataques que reciben as mulleres a diario polo simple feito de selo.

Continuando coa explicación simbólica, o corazón integra no centro de novo un símbolo feminino, rodeado dunhas veas moradas con ese mesmo significado. As partes vermellas, que semellan ladrillos, simbolizan a construción dun futuro respectuoso e en igualdade, mentres que o mosaico en tons verdes reflicte a unión das mulleres pola causa común contra as discriminacións. O conxunto de raias que completan o debuxo representan a vida ou os camiños se moitas mulleres diferentes que se unen rexias polos obxectivos do feminismo.

Para rematar, a franxa de mans presenta un significado máis evidente: a loita pola igualdade de dereitos. Á súa vez, tamén recolle a diversidade e inclúe varios elementos que a integran cos debuxos principais, como o triángulo e a lúa, a frecha, a flor e a bolboreta e as pulseiras cos patróns que se encontran no corazón e no útero".

Saída a Lugo do Grupo de Toponimia: Pedregal de Irimia, Fonmiñá, Meira, Lugo

Alumnado do programa Erasmus

O noso compañeiro Xoán Carlos G. Porral fala da cultura castrexa

Participan canda outros centros de Romanía, Italia e Alemaña. Polo de agora, na distancia. 

Dirixiuse aos alumnos de 1º ESO a partir da escenificación de "O achado do castro" por parte dalgúns deles.

Charla de Bernardo Adeva sobre os quarks organizada polo Departamento de Física e química

Charla en rede por Manuel Vicente sobre os avances en CRISPR e  grafeno organizada polo Departamento de Física e química

Exposición sobre as Heroínas de Sávora. Traballo do EDL e Biblioteca co alumnado

Entregamos a Salma o seu premio do certame Retransmi-Te. Parabéns Salma!

Obradoiro de camisetas para o día de Rosalía de Castro

Traballos do alumnado con motivo do Día da Paz

Un Entroido diferente nun ano diferente

Vivimos o Entroido durante toda a semana, facendo o que o meco mandaba, aplicándonos en manter a seguridade, desfrutando e protexéndonos.

Sexta feira: disfraces!

Corta feira: en pixama!

Quinta feira: algo na cabeza

Segunda feira: un pé diferente ao outro

Terceira feira: todos/as de negro

Alumnado de 1º ESO participa no proxecto "Trasdeza pinta O Camiño" facendo un roteiro entre Ponte Taboada e o noso centro 

Acompañado por dúas monitoras e o seu titor Pedro López Salgado, e utilizando os cadernos de campo proporcionados previamente. O IES Pintor Colmeiro participa neste proxecto levado a cabo pola cooperativa "Amarelas", da que forma parte a nosa ex-alumna Erea Viz Callejas, e en colaboración co Concello de Silleda.  Previamente a saída, realizouse un traballo previo de aula. A actividade, ó aire libre, fíxose con tódalas medidas de seguridade que marcan os tempos que estamos a vivir.

No Día da Paz, exposición de "Galicia Mártir" de Castelao. E seguirá a proposta

O alumnado lembra situacións sobre a nosa lingua no panel de EDL

Un Entroido diferente. O que o meco sinale. Seguro que con seguridade

Ben ubicados os diplomas dos premios do 25 N. Parabéns outra vez!

A cooperativa "Amarelas" inicia o proxecto "Trasdeza pinta o camiño"

Dende xaneiro está connosco Ellyn Groh como auxiliar de conversa

Repartimos a froita con seguridade dentro do plan de promoción do seu consumo

O noso centro volve ser premiado. Nesta ocasión na modalidade de pílula informativa do concurso Re-Transmite

O traballo foi realizado polo alumnado de Imaxe e Son de 2º de bacharelato do curso pasado, coa colaboración de alumnado de 4º de ESO. A presentadora da pílula foi Salma Sodki (4º eso C), e a persoa entrevistada a nai da nosa conserxe Isabel Blanco. O certame foi promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística nado ao abeiro do Plan de dinamización da lingua galega. Na fase de formación participaron dez docentes do IES Pintor Colmeiro.

Parabéns a todos e a todas!!

Saída do CMAFD a  Mouriscade

Vendo os clips que nos mandou o alumnado de Bergerac a modo de prensentación e dentro do noso proxecto Erasmus

As colaboradoras do EDL, Sabela e Lucía, entregan os premios do concurso de postais do Nadal. Parabéns ás gañadoras e a todos os participantes

O alumnado de 1º de Bacharelato recolle os diplomas e os cheques do I Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero. Parabéns!

Entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de relatos de terror do Samaín. Parabéns!

Xa temos árbore de Nadal polo Ciclo Superior de Comercio

En marcha o concurso de postais do Nadal do EDL

Actividade de mercado en portugués polo noso compañeiro Marcial Fernández

Alumnos e alumnas do proxecto de recuperación de microtoponimia explícano aos seus compañeiros e compañeiras de 1º de ESO

O instituto volve ser premiado: esta vez faise co primeiro e segundo premios do concurso de lemas contra a violencia de xénero convocado pola Xunta de Galicia con motivo do 25-N

O noso centro acaba de ser premiado polos traballos presentados dentro da convocatoria do concurso de lemas contra a violencia de xénero convocado pola Xunta de Galicia co gallo do 25-N .

O primeiro premio foi acadado polo alumnado de 1º de Bacharelato baixo a supervisión da profesora Begoña González Cuñarro. Ela mesma nos indica que ante o contexto de pandemia e a lacra da violencia machista “temos como obxectivo vencer as adversidades relacionadas coas dúas situacións e por iso, estamos traballando en dobregar a curva sanitaria da pandemia e tamén sabemos que poderemos dobregar a curva na escala de mortes por violencia machista e por iso o noso lema é “DOBREGUEMOS A CURVA DA VIOLENCIA MACHISTA”, entre todos/as e para todos/as, seremos capaces de facelo”.

O segundo premio recaeu no alumnado do 1º do Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais que co lema "EDÚCAME EN IGUALDADE E SEREMOS LIBRES ". A profesora María José Pampín desempeñou o papel de titora da proposta co cal queren “dar unha mensaxe que ten como punto de partida a prevención, para chegar a erradicación facendo uso dun dos mecanismos máis importantes que nos ofrece unha sociedade avanzada, a EDUCACIÓN, e o mesmo tempo, como instrumento que nos permita identificar aquelas sinais propias da violencia machista, como as que aparecen reflectidas na imaxe dese puño ameazante para saber facerlle fronte, tal como fai esa man branca que recolle o lema proposto”.

Parabéns a todos e a todas!!

 O noso centro recibe os contenedores do proxecto ESTRAEE da Deputación de Pontevedra para a xestión eficiente de residuos 

Premer na imaxe para ver o proxecto

Temos un novo e precioso mural no noso centro:  “Mans que coidan”, como parte do proxecto do Club de Letras 

A nosa compañeira Norma Rodríguez, explícanos o proceso:

O mural “Mans que coidan” forma parte do proxecto do Club de Letras na súa primeira edición, do curso 2019/20. As circunstacias do final de curso fixeron que o traballo de finalización e exhibición dos traballos se adiase ao primeiro trimestre deste.

O proxecto que  levamos a cabo no IES Pintor Colmeiro tratatou sobre a invisibilización da muller en distintos ámbitos da realidade. Neste apartado intégrase o obradoiro para a realización dun mural que servise de visibilización simbólica da muller e a súa aportación na sociedade. 

O artistas que realizaron o mural foron Miguel Peralta –que foi quen o executou finalmente- e Xoana Almar, integrantes de Cestola  na Cachola. O seu traballo partiu dos relatos dos alumnos que actualmente cursan 3º de ESO sobre historias de mulleres da súa contorna. A partir de aí presentáronnos un primeiro bocexo.

Nunha segunda fase o mesmo grupo de alumnos proporcionou fotos das mans de nais e avoas coas que se fixo unha nova composición, dotándoa dun componente emocional.

Na execución do mural participaron alumnos de distintos cursos (Roi Gil, Irene Pájaro, Pablo Molinos, Ángel Mangas, Eli Barreiro, Miguel Barreiro e Noelia García) que tiveron primeiro un encontro con Xoana para coñecer mellor todo o proceso de creación dos muráis; e, depois, axudaron a dar as primeiras “pinceladas.

Parabéns a Norma e a todos e a todas os que participan no proxecto!

O noso centro acaba de ser premiado por un proxecto en innovación educativa polo proxecto "E ti que tas comprando?" dirixido polo noso compañeiro Pablo Eiras

O traballo foi realizado polo alumnado de Tecnoloxía e de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato do curso 2019/20, baixo a coordinación do docente Pablo Eiras.

A idea foi analizar a etiquetaxe de diferentes produtos de uso cotiá e fixarse en diferentes aspectos das mesmas que pasan desapercibidos, así como a darlle significado a outros. 

No traballo realizado, que ten formato de aplicación para o móbil, estudáronse diferentes tipos de etiquetas: téxtiles, tecnolóxicas, medioambientais, alimentos frescos, videoxogos, relacionadas coa orixe, etc. Así, por exemplo nas téxtiles, reciclaxe e videoxogos indícase o que significan eses símbolos que vemos habitualmente, pero que con frecuencia non sabemos moi ben o seu significado.

Moitos parabéns, Pablo!

Podedes desfrutar e sobre todo aprender premendo nesta imaxe:

Entregamos un agasallo ao noso compañeiro Fermín pola súa recente paternidade

Pretty cool masks

Dende o departamento de inglés quixeron facer un uso diferente das máscaras que levamos cada día. Este ano tanto o Halloween como o Samaín non se puideron celebrar como nos gustaría. Esperemos que tal situación quede só para o recordo e para o ano, se levamos máscara, que sexa como adobío do disfrace.

Primeira semana do II Concurso de relatos de terror do Samaín

Xubilación do noso compañeiro José María Gómez Oliveros

Será difícil esquecer tantos anos de amizade e compañeirismo. Moita sorte.

Outra visita da TVG. "Malicia Noticias" interroga aos alumnos e alumnas sobre o proxecto de recuperación de microtoponimia

Entrega dos premios do concurso "Landras nun velho carvalho"

Durante o confinamento, o equipo da biblioteca liderado pola nosa compañeira Norma Rodríguez convocou un concurso consistente nunha lectura creativa dalgún texto de Carvalho Calero. As premiadas, Nuria e Noelia, por fin puideron recoller o seu merecido premio.

Visita da TVG: "Estudantes de Silleda ao rescate da microtoponimia"

Festa do Entroido 2020


O Entroido 2020 foi o último evento que poidemos celebrar antes da chegada da emerxencia sanitaria. Agardamos poder desfrutar pronto outra vez de momentos tan agradables como ese día de celebración e alegría.