Tres pezas de Castellucci. A primeira denomínase Inferno
En ambos hai regras (en oposición aos espectáculos convencionais partiturizados)
Non hai público, senón asistentes, participantes.
Son proceso, e non resultado. A diferenza do espectáculo, no que vamos ver un produto acabado.
Son presenza: conéctannos co presente, co aquí e agora, desaparece o tempo. Son liminais/liminoides.Transcendencia
Simbolismo
Tempo e espazo liminal
Conceptuais (a idea é o importante)
Interveñen todos os sentidos
O sangue é real nalgunhas prácticas de sacrificios rituais. Noutras prácticas o sangue convértese en real (en sangue de Cristo)
Lugar sagrado: O rito non se realiza nun lugar calquera, lévase a cabo nun recinto sagrado. Este lugar pode ser profano, pero debe ser “consagrado” mediante unha cerimonia ou o acordo tácito de todolos involucrados. É un site specific
Tempo sagrado: o tempo sagrado non ten as mesmas características que o tempo cotiá, o tempo profano. No tempo sagrado non importan as vicisitudes diarias, nin as preocupacions mundanas, senón as grandes cuestions de que trata o mito. Tempo liminal.
Personaxes sagrados, trance. O corpo do artista santificado (Grotowski) e convertido en arte. Os actores involucrados nun rito deixan a un lado a súa personalidade cotiá e transformanse en parte do mito. Cando un sacerdote levanta unha ostia non é un ser común e corriente, nin sequera a representación de Xesús de Nazareth: é o mesmísimo Xesús.
Finalidades do rito: manter vivas as trascendentes ensinanzas do mito; manter unida á comunidade cun lazo común que lles fai sentirse parte dunha mesma cultura; ofrecer a perspectiva da insignificancia e intrascendencia da vida profana diante da grandeza do sagrado.
Nos videos de abaixo, exemplos de regras.
no 1º video: rito de fertilidade. O baño das nove ondas de madrugada na praia da Lanzada. As mulleres realizan o acto sexual detrás da ermida; barren tres veces en circulo na parte traseira do retablo.
Hai estilización. Hai unha roupa de festa, de rito, de cerimonia, por parte dos oficiantes, pero tamén dos asistentes: dress code.
Ámbito: civil (cerimonias) e relixioso (festas e ritos). Debe ser consagrado polo poder civil ou relixioso.
Non necesita explicación. Ninguén espera una explicación.
O rito é relixioso. É transformador
Identidade: O rito reafirma á cultura da comunidade. Implica sentimento de pertenza.
Son eles mesmos: non hai unha estilización.
Ámbito: o museo. Debe ser consagrado polo establishment artístico.
Necesita explicación. Hai un programa de man, crítica, etc.
A Performance é sempre unha acción poética.
A Performance refírese a identidades (étnicas, sexuais...)
(Imaxe: biblioteca de cuerdas y nudos)
1 Nunha Tarxeta deixar un mapa privado do percorrido, un dibuxo, un comentario. Poemos engadir unha pequena moeda ou obxecto.
2 Será un recordo especial dese encontro co resto dos participantes que non queiramos perder.
3 Ese recordo especial ímolo enterrar nun lugar elixido, em presenza dese novo grupo de amigos para que ninguén nos poda roubar ese momento.
4 Poetizar o noso encontro.
5 Escenificar a memoria compartida. Proposta estética, moral, política.