Hai moitas compañias que entenden o teatro como Festa. Un exemplo sería Els Comediants, e outro La Fura dels Baus.
Na dinámica destas dúas compañías hai elementos comúns: Non hai unha estrutura de presentación-nó-desenlace, senón que comezan o espectáculo xa moi arriba (a descarga), mergullando desde o principio ao espectador nunha realidade extracotiá; é un teatro grupal; a música é moi importante e inmersiva; é un teatro moi físico e moi improvisado. Ambas recoñecen ser debedoras da tradición da festa católica: copian descaradamente algunhas das súas fórmulas.
En moitas festas patronais de Galicia, no Corpus, no Nadal ou no Antroido, entendese a festa como un evento no que hai diversas manifestacións parateatrais de danza e de teatro na rua.
No texto que aparece no video de youtube hai unha explicación de cada momento
Moitas compañías de Teatro de Rua tamén entenden o teatro como Festa, entre elas Bread and Puppet, que lle da á festa un marcado carácter político.
Nun nivel laico, as Festas do PCE, o Día do Traballo ou o Dia da Patria son eventos con concertos, teatro na rua, baile, romería, cabezudos (min 2.22): Identidade e pertenza, coma nos ritos.
Tamén os Festivais como o de Ortigueira.
Por último, o teatro Medieval Europeo sería asimilable ao Teatro Oriental a un nivel antropolóxico, relixioso, cultural, etc.
(Na foto, o Topeng de Bali)
Non é naturalista.
Non necesita dun director de escena
Integra diversas artes (danza, música, teatro, artes marciais, circo) mediante a hibridación.
Dase como evento cíclico (festivo, relixioso), non nunha programación regular
Trata sobre deuses, sobre o ben e o mal: é transcendente.
A comedia trata sobre a vida cotiá á maneira da farsa: satírica, bufonesca, grotesca
É un teatro de máscaras, no que se da a posesión (á que refire por exemplo Keith Johnstone)
É máis épico que dramático. Isto adoita suceder tamén na Impro.
Non é unha función de teatro aillada: Igual que sucede no Corpus de Redondela ou no Nadal hai moxiganga de Xigantes e Cabezudos, Misa solemne, Baile, Romeria, Danza de Espadas, Procesión, Función de Nadal, etc. É festa, rito, carnavalada, danza, participación, trance...
Tamén podemos asimilalo ao teatro grego, á danza oriental ao deporte (codificado e improvisado), á danza contemporánea.
En Redondela, cada gremio facíase cargo dunha parte e era obrigada a sua participación. A Danza de Espadas corría a cargo do gremio de mareantes, a Danza das Penlas era cousa do gremio de panadeiras y da Coca ocupabanse os zapateiros.
A Coca de Pontevedra é a Cocatrix, o crocodrilo, o Leviathán bíblico que Cristo venceu, o símbolo do mal sobre o que trunfa o ben. Segúndo Julio Caro Baroja, a besta representaba ao monstruo do Apocalipse a que vencerán los exércitos celestiais, a herexía derrotada pola fe.
A lenda da Coca conforme se conta actualmente, por exemplo, na película María Solinha, remite a un monstro que secuestraba doncelas -as penlas- e a quen mataron os valerosos mariñeiros -danza de espadas. Esta versión non se remonta á Idade Media, senón que apareceu nos anos 1940. «No se conoce antes de la Guerra Civil», asegura José Martínez Crespo, autor del libro «Corpus Christi en Redondela». Foi unha versión profana que triunfou, xa que na actualidade ninguén coñece os pormenores do Apocalipse nin da Biblia
En Galicia aínda existen fenómenos performativos similares aos que estudamos no Teatro Oriental:
O teatro en España xurde cos ciclos do Corpus, da Pascua e do Nadal. Dos ciclos da Pascua temos o “Teatro de Pasión”, que aínda existe en moitas vilas galegas.
O Corpus será a grande festa, rito e celebración da Igrexa católica. En Redondela podemos ver danzas como a danza de espadas ou a penla, ritos como a procesión, as rocas ou a propia misa, festa coa moxiganga dos xigantes e cabezudos e a Coca, aparte da festa con orquestas propiamente dita. O Corpus foi unha celebración que impulsou o teatro en toda a área xeográfica católica.
En Galicia podemos ver posesión e trance vinculado ás crenzas relixiosas e aos ritos exorcistas, en O Corpiño ou no San Campio. Sen sair de Pontevedra hai tres exorcistas autorizados polos obispos.
En Oriente non existe a dicotomía Rito / Espectáculo; (serio, transcendente) / (entretemento, un fin en si mesmo). Ou polo menos, non existe dun xeito tan marcado. En Occidente, nas culturas tradicionais coma a galega, tampouco existe unha liña que separe o serio do entretemento.
O equivalente ao budismo oriental sería o cristianismo occidental. Ou para ser máis preciso: as dúas familias de relixións máis numerosas son as relixións do libro ou relixións abrahámicas (xudaísmo, cristianismo, islam...) e as relixións dharmicas (hinduismo, budismo, taoísmo...) Para entender a cultura occidental, por exemplo, para ler a Capela Sixtina ou a catedral de Santiago é preciso coñecer o cristianismo. Sucede o mesmo cos espectáculos, que fan parte da superestructura. Por outro lado, os fenómenos performativos orientais non son radicalmente diferentes dos occidentais.
Vemos ata o min 1:30:
Traballo comunitario, Alfombras de flores, Danza de espadas, Coca, Procesión, Penlas, Banda de Música, Actuacións Feira Medieval
Xigantes e Cabezudos:
Mascarada grotesca e alegórica. Festa popular que toma a forma de desfile.
a) Todo rito é un rito de paso dun status a outro, dun estado a outro. A Festa marca o paso das estacións (Magosto, Nadal...). Hai un tránsito do cotiá ao extracotiá, do sensato á loucura, da sobriedade ao dionisíaco. Na Festa con frecuencia hai inversión de status (por un día o Rei ou o Bispo é un neno, ou mandan as mulleres ou os adolescentes), aínda que o habitual é que o status tenda a igualarse: Y hoy el noble y el villano / El prohombre y el gusano / Bailan y se dan la mano... (Por San Juan, Serrat)
b)Todos os sentidos. Na Semana Santa o sentido fundamental ao que se apela é o olor (a incienso), no San Xoan o lume achega cheiro e tamén achegan cheiro as Herbas de San Xoan. O Antroido asociámolo ao porco e a comida. Neste sentido é diferente ao espectáculo, que entra polos ollos e polo son.
c) Inmersión. En Els Comediants é fundamental o concepto de “descarga”, de comezar o espectáculo xa no punto álxido. Para La Fura del Baus é necesario impedir que os asistentes sexan observadores pasivos (Pep Gatell e os móviles)
d) Cíclico. Os ciclos de nacemento e morte, das estacións, etc
e) Simbólico, transcendente:. O caso de Els Comediants como teatro alegórico, como mascarada, na que podemos ter como personaxes o sol, a morte, o mar, etc.
d) Extracotiá, como todos os fenomenos performativos
JOAN FONT (ELS COMEDIANTS)
"Mi familia era muy sencilla, pero mi padre era actor amateur y vivíamos el ciclo festivo del año. San Antonio, con los animales, porque teníamos una mula y un burro. Después llegaba el carnaval, luego la Cuaresma, donde montábamos la Pasión. En casa hacíamos un misterio en la puerta de la entrada, el Cristo yacente. Sant Joan por descontado, Sant Cristòfol... Y terminábamos en Navidad, con el pesebre y la representación de Els Pastorets. Cuando salí de la barriga de mi madre fui el niño Jesús, luego el crío que está de carpintero con San José. Lo celebrábamos todo, todo, todo. El lenguaje de Comediants es una actualización de las fiestas populares."
...
"1974 Non plus plis. La obra era un canto a la libertad que se celebraba dentro de un círculo mágico. Aparecía un hombre gigante con un puro y un sombrero de copa acompañado de sus secuaces, las fuerzas vivas: militares, jueces, los curas, el rey... Había un bufón que tiraba una corona grande, unos cabezudos se peleaban por ella y el más tonto se la ponía. Era una fiesta donde poco a poco el poder iba aniquilando al pueblo. Al final, invitábamos al público a echar a los secuaces del gigante y hacíamos un baile. En Madrid se quedaron dos mil personas fuera, así que salimos a hacer la fiesta a la calle. Al cabo de tres minutos empezaron a venir los grises con sus camioncitos, nos rociaron con las mangueras, nos tiraron pelotas... Se armó una brutal por estar bailando en la calle."
CARLUS PADRISSA (LA FURA DELS BAUS)
"[sobre Carmina Burana] Este teatro que hacemos es ancestral, derivado de las fiestas paganas eternas desde que el hombre es hombre, donde se celebra la supervivencia a las inclemencias, el cambio de estación, las cosechas, la recolección de los frutos de la tierra, como en las bacanales romanas, etc. Luego viene la religión y les cambia el nombre, como en carnaval, o la cuaresma, pero el motivo sigue siendo el mismo, la celebración de la vida. Y, por lo tanto, estas fiestas son totales en sí mismas: se bebe, se huele el humo del fuego, se baila, la gente se toca, son interactivas, y eso es lo que queremos trasladar al teatro, donde uno decide dónde se coloca (cerca o lejos de la acción) y qué grado de participación quiere tener en el espectáculo, cómo quiere participar. Por eso nos gusta que la gente pueda circular por el espacio, la energía fluye mejor, hay más conexión, y en el teatro están sentados en sus butacas."
Estamos preparando ´El Apocalipsis. Grado cero, La Revelacion’, que será como empezar todo desde cero.
La tradición medieval en la escena contemporánea española. Dimonis de Els Comediants.