O modelo máis acaído para estudar o rito, a festa e a cerimonia enfocado ao estudante de teatro é o modelo do Teatro Medieval europeo. Existen outros modelos: o punto de vista da Antropoloxía e ciencias afíns (Etnografía, etc,), o modelo do teatro oriental, o modelo da Antropoloxía Teatral de Eugenio Barba, ou o da Performance Theory por exemplo. Pero a vantaxe do modelo do Teatro Medieval europeo é que aínda subsiste nas súas formas en moitos fenómenos do teatro e do parateatro contemporáneo coma o Antroido, o teatro de rúa e as manifestacións teatrais e parateatrais relixiosas.
Toda a arte occidental é debedora dos mitos, ritos, símbolos e alegorías das relixións cristianas. Sen ese coñecemento non é posible entender que nos quere comunicar a pintura e o teatro barrocos, e moito menos as artes renacentistas ou medievais.
Boa parte do teatro de vangarda do século XX e XXI é un teatro ritual (Grotowski) e festivo (Bread and Puppet)
O teatro oriental segue a ser un teatro ritual, cerimonial e festivo
Históricamente estas formas performativas tiveron unha importancia capital na supervivencia dos cómicos: podemos lembrar o caso de Calderón na corte de Felipe IV, o de Moliere na de Luis XIV ou o de Farinelli na de Carlos III. Pero tamén o caso das Festas do Corpus para todos os cómicos, as Entradas Reais, etc.
Segue a ser unha saída laboral, xa que os especialistas en teatro somos chamados para asesorar ou para crear novos fenómenos performativos. Por exemplo: Inauguración das Olimpiadas, eventos do Xacobeo , presentación de novas iniciativas empresariais, actos fúnebres laicos...
O rito é entendido moitas veces en contraposición ao teatro. De feito, é un lugar común dicir que o teatro aparece cando a performatividade se disocia do rito.
Da mesma maneira, o carácter da festa - caótica, improvisada e sen fronteiras entre escena e público - é diametralmente oposto ao teatro convencional europeo ensaiado, marcado e cun escenario ben definido.
Non obstante, a través de modelos contemporáneos, veremos que o rito é un fenómeno inseparable do teatro e da performance; e que a festa é unha das formas de facer teatro.
As alegorías son conceptos abstractos personificados (virtudes e vicios, hábitos). Os anxos e demos tamén son alegorías que personifican o ben e o mal. Un modelo que aínda existe é o da loita do anxo contra o demo, na que pretenden que o protagonista se incline polo ben ou polo mal.
Exemplos de alegorías: A Beleza (Venus que sae da vieira), a Morte (un esquelete), A Xustiza (unha balanza), a Libertade, A Primavera, O Dia Despois do Xuizo, O Xardín das Delicias, O carro de heno (a vaidade das riquezas terrestres), a Avaricia, Esperanza, Avaricia, Loucura, Ira, Dozura, Discordia, Rebelión, Inconstancia...
Alegoría, metáfora e símbolo
Todas tres significan unha cousa expresando outra diferente. En función do ámbito no que nos movamos (publicidade, literatura, teatro...) estableceremos uns matices deferenciadores. No caso que nos ocupa, o do rito, festa e cerimonia, a alegoría diferénciase da metáfora e do símbolo en que a súa intención va máis alá, porque convida á reflexión coa intención de influir política, relixiosa e socialmente. Na alegoría, o seu sentido pretende ser “controlado” por unha autoridad interpretativa, sexa o poder relixioso ou civil. Polo demais, existen deslizamentos semánticos entre os tres termos: unha metáfora pode adquirir rango de simbolo, e este á súa vez pode derivar en alegoría. No caso de Venus-Beleza ou de Morte-esquelete estásenos remitindo a un complexo sistema alegórico contido na Biblia ou na mitoloxía grecolatina, aínda que, insistimos, para moita xente só sexan símbolos ou metáforas
Un "símbolo é": Unha bandeira é un símbolo (representa a outra cousa de maneira convencional ou arbitraria) dun país: por exemplo, un actor cunha palestina é... Palestina. Sempre alude a un concepto abstracto, é convencional e arbitrario.
Unha "metáfora é coma": Por exemplo, "as perlas da túa boca" (os boleros están cheos de metáforas). É habitual na literatura, máis concretamente nunha linguaxe poética.
Unha alegoría é unha sucesión de metáforas e símbolos que conforman un sistema: Por exemplo, os cadros de El Bosco. Habitualmente é unha imaxe complexa, remítenos á plástica.
A nivel popular podemos encontrar alegorías nas carrozas das cabalgatas de Reis e nas carrozas e comparsas do antroido con temas como a sorte, a beleza, a primavera, o planeta Terra ou os propios reis magos que son unha alegoría dos tres continentes. Certamente o sentido destas alegorías está a día de hoxe trivializado, e portanto non precisa de tanto "control"
A Alegoría ten unha finalidade de crítica social e política, didáctica e relixiosa. Todo o teatro medieval é alegórico.
"En el siglo XVII el auto sacramental se presentaba como apoyo al orden monárquico establecido, en el siglo XX se presenta como una reacción a una sociedad consumista que ha perdido la complejidad inherente a una concepción cósmica y espiritual del mundo" (O. Cornago)
No min 0:57 explican a alegoría que están a construir.
Neste outro video de hora e media vemos unha reportaxe de Alalá na que se fala dos encontros anuais "Mascarada Ibérica" (min 2:30) que xuntan máscaras de España e Portugal en Vilariño de Conso.
A partir do min 1:07:56 explican algunhas alegorías e repasan distintos antroidos: de Laza, Trives...
[Estes apontamentos están tirados de «Alegoría y ritualidad como paradigmas teatrales: del auto sacramental a la escena contemporánea», de Óscar Cornago]
Plasticidade: La alegoría se construye como un lenguaje eminentemente material, de notable condición plástica. As escenografías son unha especie de instalacións.
Elementos limitados: "La alegoría es un juego de combinatoria con unos elementos previamente determinados", tanto a nivel de historias como de personaxes e simbolos.
Enfoque artesanal: O reto consiste en conseguir que o conceptual sexa representable por medio desas instalacions plásticas e da combinatoria dun número limitado de argumentos e personaxes.
Tempo circular: É un tempo suspendido. Representa o Día do Xuizo, no que se mira para atrás coa fin de arranxar as contas. "Se divisa toda la Historia, la Historia de la Salvación y el Día del Juicio. También la utopía mesiánica del marxismo, que propone la Salvación de la Historia" (W. Benjamin).
Peter Brook, defiende ya en los años sesenta una idea del teatro sagrado: «teatro de lo invisible-hecho-visible: el concepto de que el escenario es un lugar donde puede aparecer lo invisible ha hecho presa en nuestros pensamientos»
El príncipe constante por Grotowski en 1966, la gira del Living Theater en 1967, la difusión de los textos de Artaud en 1968 son teatro con unas claras connotaciones rituales, centrado en la imagen del hombre desnudo, en un espacio vacío y en penumbras. La imagen del hombre nuevo preconizada ya por el Expresionismo de comienzos de siglo, estructura el juego de tensiones de estas obras. Los contrastes bruscos de luces y una expresividad violenta que apela a un idealismo mesiánico las emparenta igualmente con ese Expresionismo. [Interesante para aspectos como a luz, as máscaras e os elementos escénicos]
En el siglo XX, la creencia en los rituales está en crisis, también en los rituales escénicos del teatro, frente a la credibilidad que le ofrecen esos otros escenarios mediáticos, como el cine, la televisión o la pantalla de un ordenador. La recurrencia a las acciones ritualizadas permite a la escena volver a situar en primer plano cada uno de los elementos sobre los que se construye el acontecimiento escénico, cada movimiento, gesto, ropas y adornos, palabras enunciadas y acciones realizadas; y en el centro de todo ello la figura del espectador. De este modo, el teatro, como la peste que decía Artaud, toma las imágenes dormidas y las empuja al extremo; «tous les conflits qui dorment en nous, il nous les restitue avec leurs forces».
Óscar Cornago: "Dramaturga, directora y performance, quien de manera más original ha sabido escribir un nuevo capítulo de este teatro ritual y alegórico. Construye una trama de resonancias míticas que se ofrece a una interpretación alegórica de un tipo u otro dependiendo de los casos; unas escenografías entendidas como instalaciones plásticas y un tipo de acción de fuerte tono performativo, se desarrolla la dimensión ceremonial. Esta se construye a través del tono ritual que adoptan muchas de las acciones que van a tener lugar en escena. Entre la lejanía extraña del plano mítico y la cercanía perversa de los rituales escénicos, se establece un campo de tensiones que acentúan el mito y el rito en un juego recíproco de referencias.
VIDEO: Perro muerto en tintorería min 6
VIDEO: Atrabilis min 18
VIDEO: Te haré invencible con mi derrota min 3:10 e 7:50
Á esquerda con chistera, o capital; subido ao carro o Bispo; de pe á dereita o militar; tirado e tirando no carro o pobo (so se lle ve a cabeza) e inclinado sobre él con perruca vermella o revolucionario.
(a foto é da función da Mostra de Ribadavia, xuño de 1979, na Igrexa de Santo Domingo. Subido ás escaleiras que se ven na parte inferior dereita está un Santi Prego de 15 anos, detrás das redes preparado para botar o fume cando apareza o anxo)
Estas farsas de Blanco Amor así como algunha outra peza súa son Teatro Medieval do século XX. Anxélica no umbral do ceo e A verdade vestida son alegóricas. As outras pezas son farsas con personaxes deshumanizados, que serven para facer unha crítica social e dos vicios e pecados humanos, tratados con sentido do humor.
Algúns personaxes: A Verdade (muller forte e lanzal. Leva unha coroa de espiñas); O Disimulo; A Virtude; O Vicio (Lindo, loiro); A Lei (leva látego de domador de circo); Gabriel e Migue (Profesións: arcanxos)... Tempo da acción: era anacrónica. Lugar da acción: unha praza. Cor da acción: vermello viñoso
O teatro de Vidal Bolaño foi definido nalgunha ocasión como unha alegoría da derrota.
Por outro lado, tamén eran claramente alegóricos os saltos do Movemento Comunista Galego (sketchs de rúa por sorpresa, que acababan cando chegaba a policía), ou as intervencións na saída das fábricas con Avelino González en zancos (cun longo mono obreiro) e Candido Pazó tamén en zancos (cun longo chaqué e a chistera). Ambos eran membros do PCG naquel momento.
de Miguel-Ánxo Murado, producida por Teatro do Noroeste.
Nesta peza un grupo de cómicos percorre o Camiño de Santiago representando Danzas da Mortee ás veces algún Auto Sacramental.
O bosque é aquí, coma no teatro barroco, a representación do mundo polo que vaga o ser humano desnortado. Só que neste bosque o Home Inocente dos autos sacramentais, fuxiu cos cartos e con Perdón Divino, deixando abandonadas e desconcertadas as alegorías da Morte, o Pecado, o Mal e a Graza Santificante.
Estrela do día é a segunda incursión de Quico Cadaval no universo medieval: hai xa máis de trinta anos, en 1989, a súa compañía na altura, O Moucho Clerc, estreara o Códice clandestino, un espectáculo dirixido por Xan Cejudo e baseado nas cantigas de escarnio e maldizer, que recreaba algunhas das situacións descritas nos cancioneiros.
Desta vez, Cadaval escolle o cancioneiro relixioso de Afonso X
O disparador dunha impro pode ser unha virtude, un vicio, o pecado, a morte, a primavera, o Xuizo Final...
Xogo de crear alegorías a xeito de tableaux
Xogo de crear máquinas de Luxuria, de Avaricia, do Inferno...