Despois de facermos esta tarefa e termos xa levado á práctica o reparto e consumo de froita e leite fresco no Centro, temos que ter interiorizado que é fundamental o consumo frecuente de froita para gozar dunha boa saúde.
En paralelo, tamén conseguimos mellorar a nosa capacidade de selección e procesamento da información, a nosa comprensión lectora, a nosa competencia dixital e a nosa expresión oral nun rexistro formal.