En grupos de cinco persoas teredes que executar un proxecto de investigación centrado nun dos catro bloque que se propoñen. Debedes comezar cunha análise de distintos elementos, que marca o punto de partida. A continuación, coa axuda da información proporcionada, realizaredes unha análise crítica desa información, procurando xustificar a orixe da mesma. Acabaredes cunhas propostas de mellora da situación inicial.
ALIMENTACIÓN E IMAXE CORPORAL
Imaxe corporal e social na publicidade de alimentos: felicidade, éxito social, familias e casas perfectas...
Problemas de autoestima persoal.
Adelgazamento nas mozas. Trastornos alimentarios.
Imaxe das mozas na publicidade de alimentos.
ALIMENTACIÓN E CONSUMISMO
Crítica ao que nos venden. Márketing que favorece o consumo: 2X1, sorpresa no ovo kinder, fotos de xoguetes e debuxos nos alimentos...
Análise da publicidade dos alimentos: comprobar quen está detrás do que se anuncia: macroindustrias,...
AS ETIQUETAS DOS ALIMENTOS
Analizar as etiquetas. Fixarse en porcentaxes de azucre, sal, graxas e fibra, principalmente.
Análise dos produtos ultraprocesados. Concepto e repercusións na calidade da saúde.
MITOS DA ALIMENTACIÓN
Analizar as "alegacións" dos envases de alimentos: light, caseiro, sen glute, sen lactosa, sen colesterol...
Gran pregunta (común a todo os grupos): Que hábitos alimenticios debemos cambiar no noso día a día para mellorar a nosa saúde?
Coa información, teredes que facer unha presentación eficiente, que servirá de soporte para unha exposición oral planificada na aula.