2.2. Tarefas Oratoria

En grupos de catro persoas teredes que levar a cabo un proxecto que parta dunha análise de partida (investigación sobre algún aspecto relacionado cos temas que a continuación se presentan). A continuación debedes seleccionar, procesar e resumir a información pertinente (facilitada nesta wiki) sobre o tema do traballo. A seguir, faredes unha presentación que servirá de apoio para a exposición e/ou debate na clase. Os temas de traballo son os seguintes:

BENEFICIOS DO CONSUMO DE FROITAS E VERDURAS


BENEFICIOS DO CONSUMO DE LEITE FRESCO E LÁCTEOS


OS ALIMENTOS NATURAIS, PROCESADOS E ULTRAPROCESADOS


Gran pregunta (común a todo os grupos): Por que debemos tomar froita, leite e outros alimentos frescos e naturais frecuentemente? Por que debemos fixarnos nas etiquetas dos alimentos?