3. Proceso

O traballo de investigación en grupo require colaboración, participación, axuda e compromiso por parte de todas as persoas que o forman.

Teredes que definir e seleccionar entre todas as persoas do grupo o tema obxecto de traballo, de entre os propostos no apartado correspondente. É obrigatorio comezar cunha investigación, que define o punto de partida, e acabar cunhas propostas de mellora. Tamén debemos utilizar fontes de información oficiais, proporcionadas no apartado"Recursos" desta wiki. Daredes conta do reparto de tarefas á profesora.


Despois, faredes unha posta en común da investigación, análise e conclusións obtidas, para facer unha presentación coherente e integrada do tema traballado.

Finalmente, apoiándovos nesa presentación, teredes que facer unha exposición oral na aula.