Dado o voso interese sobre os diversos temas relacionados co cambio climático, nesta Webquest centrarédesvos, en particular, na reciclaxe e a súa importancia. Para iso, deberedes actuar como investigadores/as de dita acción e propoñer medidas para motivar á poboación a realizar o esforzo de reciclar.
Unha vez rematado o proceso de investigación, comezaredes a realizar a tarefa en si, un artigo periodístico, no que plasmedes toda a información recollida previamente, no proceso de investigación, xunto coas medidas propostas para aumentar a actividade da reciclaxe e conseguir así que os problemas medioambientais se vaian reducindo pouco a pouco.
Deste xeito, o artigo será publicado na web do centro educativo, enviado ó periódico e ás familias, sendo pois, por un lado, a finalidade desta actividade, fomentar o interese do alumnado pola lectura e o coñecemento dos grandes problemas existentes hoxe en día na nosa sociedade e que nos afectan en grandes medidas e, por outro lado, concienciar a todos/as os/as lectores/as sobre a relevancia de tomar medidas que poidan diminuír o cambio climático, como é a reciclaxe.