Ao longo dos últimos anos escoitamos falar moito sobre algúns fenómenos prexudicais que están afectando en grandes medidas á Terra. Nas noticias diarias podemos ver numerosos vídeos e fotos de bosques e terreos queimándose, glaciares que se derreten e, como consecuencia, algúns animais que morren e outros que se poñen en perigo de extinción. A razón a todo isto é, en grandes medidas, o aumento da temperatura provocado polo cambio climático. Non obstante, sabemos que as responsables do continuo aumento do cambio climático son as accións do ser humano, pois este non respecta por completo o noso planeta.
Pero... se todos/as poñemos un gran de area, poderemos axudar o noso planeta!
Como podemos facer isto posible? Pois ben, para un primeiro momento podemos comezar a reciclar dende as nosas casas. Hai moitas persoas que non toman esta práctica con total seriedade polo que, para comezar, deberíamos intentar concienciar a todo mundo sobre o feito de que o clima está cambiando e a importancia da reciclaxe como un acto que axuda a mellorar o ambiente.
Que forma máis eficaz de difundir isto que mediante un artigo de periódico? Para iso, en varios grupos, realizaredes varios artigos que serán tamén publicados na páxina Web do voso colexio. Deberedes buscar información sobre a reciclaxe, organizala e plasmala nunha redacción.
Vós sodes os elixidos!
Todos sabemos que sodes capaces de facer un bo traballo. Estades listos?