Esta webquest está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, onde se recollen as destrezas causadas polo cambio climático e, como consecuencia, polas accións do ser humano. A tarefa proposta, un artigo periodístico co que se pretende captar a atención do/da lector/a e conciencialos acerca da importancia da reciclaxe, é a actividade final que se pretende conseguir nesta webquest
Na área de Ciencias Naturais e Sociais de Educación Primaria recóllense dous bloques cos obxectivos básicos. O primeiro destes, que se corresponde co bloque 4 de CCNN, fai referencia á materia e a enerxía, mestres que o segundo, correspondente co bloque 2 de CCSS, fai referencia ó mundo que nos rodea.
NIVEL ACADÉMICO E CURSO AO QUE VAI DIRIXIDA: 5º e 6º de Eduación Primaria.
MATERIAS NAS QUE SE ENCADRA: Ciencias Naturais e Ciencias Sociais.
DURACIÓN PREVISTA: 7 sesións.
Sesión 1: Presentación e explicación da WebQuest.
Sesión 2 e 3: Recopilación e sintetización da información recollida.
Sesión 4 e 5: Traballo en equipo.
Sesión 6: Exposicións.
Sesión 7: Publicación dos artigos.
OBXECTIVOS:
Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser quen de aplicalos ás situacións da súa vida cotiá.
Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia.
COMPETENCIAS BÁSICAS DESARROLLADAS:
Comunicación lingüística (CCL): Lectura comprensiva da tarefa e elaboración/redacción do artigo periodístico. Recopilación e procesamento da información para o artigo e para a exposición-presentación.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT): Desenvolvemento de contidos relacionados coa ciencia, como é a reciclaxe enfocada no cambio climático e o uso da tecnoloxía para coñecer ditos contidos.
Competencia dixital (CD): Uso das TIC para buscar información, traballar en equipo, realizar a presentación e publicar o resultado.
Aprender a aprender (CAA): Uso e transmisión da webquest para aumentar o proceso de ensinaza-aprendizaxe e mediante a que o alumnado xera o seu propio coñecemento, coa experimentación e descubrimento, construíndo así a aprendizaxe.
Competencias sociais e cívicas (CSC): Habilidades sociais como o respecto e a coperación e capacidades para traballar en equipo, pois a meirande parte do traballo é grupal.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): Responsabilidade para realizar e crear un artigo en conxunto novidoso e que capte a atención. Ademais, tamen se emprega unha aprendizaxe baseada na experimentación.
Autoría: Chiara Tapparo, Fátima Suárez Fontán, Maider Torregrosa Redondo e Lucía Vázquez Vázquez
E-mail: hakunamatata.flmc@gmail.com