Para a realización da tarefa debedes ter en conta unha serie de pasos a levar a cabo para acadar un traballo adecuado. Deste xeito, para realizar o artigo debedes ser coñecedores/as sobre o tema a tratar; é dicir, uns/unhas expertos/as sobre o cambio climático e, en especial, sobre a reciclaxe. Así mesmo, outro aspecto relevante é o traballo en equipo, pois deberedes dividirvos en grupos para traballar e acadar un producto final exitoso.
Así a tarefa comezará cunha primeira investigación en profundidade sobre a reciclaxe e unha distribución de roles para mellorar o traballo e rematar por publicar o artigo periodístico.
1º Paso: Buscar e recopilar información sobre a reciclaxe.
Como ben podemos observar, na actualidade, o cambio climático aumenta a pasos axigantados debido ás actuacións do ser humano. Cantos de vós sabedes as consecuencias de que isto aumente? Ou...cantos de vós tedes coñecementos sobre unha adecuada reciclaxe?
Pois ben, para comezar a actividade, todos/as vós plantexarédeslles preguntas ós/ás vosos/as compañeiros/as que consideredes difíciles de resolver e, que polo tanto, sexan incapaces de respostar. Deste xeito, chegaredes a formular preguntas complexas pero á vez moi interesantes para investigar posteriormente.
Unha vez rematado o traballo individual, dividirédesvos en grupos de non máis de 5 persoas para poñer en común as preguntas formuladas e seleccionar as que consideres de especial relevancia para a investigación. Así, cada un/unha dos/as integrantes do grupo centrarase na búsqueda dunha pregunta específica distinta á do/da seu/súa compañeiro/a para posteriormente unilas todas e revisalas en conxunto.
Non obstante e, dado que posiblemente se obteña información en cantidade, unha vez revisada toda a información, deberedes sintetizala en conxunto coa axuda do/da mestre/a.
2º Paso: Traballo grupal
Unha vez sintetizada toda a información, cada alumno/a terá a súa función dentro do propio grupo e, sempre que o desexen, para que a realización do artigo lles resulte máis interesante, poderán poñerse na pel dun/unha periodista, reporteiro/a, policía, inspector/a, garda forestal e demáis corpos importantes.
Baseándonos en que cada grupo estará formado por 5 alumnos/as como máximo, as funcións destes/as dependerán do número obtido unha vez realizado un test sobre a reciclaxe, sendo pois o primeiro en rematar e obter a máxima puntuación, o número un e así consecutivamente. Deste xeito as funcións son as seguintes:
O/a número un será o/a encargado/a de resumir toda a información recollida previamente polo grupo e, respectando as opinións dos/das seus/súas compañeiros/as elaborará un resumo final acerca dos contidos que desexan reflexar no seu artigo.
O/a segundo/a deberá redactar o artigo tendo en conta as regras impostas polo/a mestre/a, tales como coherencia, secuenciación e expresión sinxela pero clara.
O/a alumno/a que acade o terceiro posto realizará unha lectura sobre o artigo e, no caso de ser preciso, correxirá os fallos e engadirá datos relevantes.
O/a cuarto/a realizará de novo outra lectura do artigo revisando a ortografía do texto e axudaralle ó/á quinto/a alumno/a na realización da súa tarefa.
Por último, o/a quinto/a deberá realizar unha opinión grupal sobre o artigo realizado, en colaboración co/coa compañeiro/a anterior, polo que tamén deberá ter en conta as diversas opinións dos/das demais integrantes do grupo.
3º Paso: Exposición + Presentación (optativa)
Todos aqueles grupos que desexen adquirir puntos extras para a avaliación, terán a opción de realizar unha exposición grupal na que expliquen cales foron os aspectos obxecto de investigación e, polo tanto, máis importantes para eles/as. Ademais, deberán presentar como realizaron a tarefa grupal e que información destacarían de dita tarefa.
Non obstante, de realizar a exposición, deberán ofrecer unha pequena presentación na que apareza o artigo final e, no caso de desexalo, algúns aspectos máis que desexen ensinar ante os/as seus/súas compañeiros/as.
3º Paso: Publicación do artigo
Logo de finalizar o artigo e, no caso de ser así, a exposición axudada dunha presentación, deberase publicar o artigo realizado.
En primeiro lugar, o artigo será enviado a todos os familiares do alumnado e a un periódico ou revista elixido polo centro escolar para que todos/as os/as cidadáns sexan conscientes da importancia da reciclaxe e as consecuencias que pode provocar, nun futuro próximo, non realizar este acto a miúdo. Non obstante, tamén serán publicados na web do centro escolar onde, se desexan, poderán deixar a súa opinión sobre o artigo.
Por conseguinte, con todos os artigos realizados, crearán, entre todos/as os/as alumnos/as da clase, unha revista na que só se traten temas relacionados co cambio climático, sendo pois, os seus artigos, os que comecen unha entrada co nome "A reciclaxe". Así mesmo, tras a creación desta revista, deberán redactar cada mes unha serie de artigos relacionados co cambio climático pero que non sexan repetitivos. Deste xeito, promocionarán a revista polo centro e tratarán de concienciar a todo o alumnado deste gran problema.
Finalmente, e, partindo da base de que cada alumno/a conta cun blog creado polo centro, redactarán os resultados acadados no seu respectivo blog, ofrecendo así a súa opinión en xeral sobre os procesos levados a cabo, sobre o traballo en equipo e, en especial, sobre o resultado final acadado.