TECNOLOXÍA
Para o desenvolvemento do proxecto empregamos unha combinación de tecnoloxía actual e dispositivos en desuso, dándolles novos usos creativos.
Entre os recursos utilizados destacan: canón proxector, retroproxector, proxector de diapositivas, focos RGB, papel celofán, teléfonos móbiles, tablets e ordenadores. Tamén utilizamos controladoras DJ, lanternas, punteiros láser e diversos obxectos cotiáns como acetatos, teas, papeis ou elementos calados e con siluetas suxestivas.
PROXECTOR DIAPOSITIVAS
RETROPROXECTOR
RETROPROXECTOR
TV
ARICULARES
LANTERNAS E LÁSER
OBXECTOS COTIÁNS
OBXECTOS OBSOLETOS
CABLES
PC E CONTROLADORA
TABLET E MÓBIL
CANÓN PROXECTOR
Empregamos software e aplicacións especializadas para a creación e experimentación audiovisual, traballando coa luz, o son, a imaxe e o espazo desde unha perspectiva artística e contemporánea. Ferramentas como Lizzy Lighting, Rekordbox, Led Banner, Larga Exposición, Pro Camera e diferentes apps e intelixencias artificiais permiten desenvolver instalacións visuais, composición sonora, fotografía experimental e proxectos inmersivos.