CONCLUSIÓN
Este proxecto permitiunos explorar a relación entre arte e tecnoloxía desde unha perspectiva práctica e experimental. A reutilización de dispositivos, xunto coa combinación de ferramentas actuais, abre novas posibilidades creativas e fomenta unha aprendizaxe activa e significativa.
A experiencia puxo en valor o traballo colaborativo, a investigación artística e a capacidade de transformar recursos sinxelos en propostas visuais e sonoras de gran impacto.