PROCESOS
O noso traballo baséase na experimentación con diferentes técnicas visuais e sonoras, nas que a luz, o son e o espazo se converten en elementos fundamentais da creación.
Empregamos proxeccións líquidas, xogando coa fluidez e as texturas en movemento, así como proxeccións RGB para explorar a mestura de cores. Tamén desenvolvemos proxectos de videomapping, adaptando imaxes a superficies e volumes.
Investigamos co uso de láser, transparencias e obxectos opacos e translúcidos, xerando efectos de luz e sombra. Traballamos coa descomposición da luz mediante prismas de cristal e espellos, creando espectros e reflexións.
No ámbito sonoro, realizamos mesturas musicais con controladoras DJ, experimentamos coa distorsión do son a través de vibracións e mesmo construímos micrófonos a partir de auriculares de teléfonos ou cascos, explorando novas formas de captación sonora.
RGB
LIGHT PAINTING
DESCOMPOSICIÓN DA LUZ
LÁSER
HOLOGRAMAS
PROXECCIÓNS LÍQUIDAS
VIDEOMAPPING
MICRÓFONOS
CONTROLADORA DJ
TRANSPARENCIAS
DISPOSITIVAS
SOMBRAS