CURSO 2019-20 CURSO 2020-21
1. No curso 20-21 o proxecto SEM de Educación Infantil foi unha colaboración coa Asociación Arco da Vella. Fixeron unha campaña de adopción de cans e unnha recollida solidaria de alimentos, mediciñas e xoguetes para as mascotas. Os carteis foron repartidos por establecimentos comerciais da contorna.
2. Polo Día da Paz construiron a fermosa mandala cooperativa.
3. Para agasallar a Rosalía de Castro, utilizaron papeis reciclados para elaborar as súas flores.
4. O Día da Poesía escolleron o libro Crocodilo, de Antonio Rubio e Óscar Villán.
5. En colaboración coa biblioteca escolar elaboraron un conto no que curaban a un can.
6. Durante todo o curso participaron activamente e con entusiasmo nas AULAS DO BOSQUE.
Ben feito!
Os obxectivo xeral para Educación Infantil foi:
- Observar e explorar o mundo que @s arrodea por medio do xogo e a acción e desenvolver actitudes de curiosidade e conservación.
Estivo concretizado nos seguintes obxectivos específicos:
- Coñecer os elementos naturais do entorno, a través da observación, manipulación e experimentación.
- Adquirir os recursos para preservar o entorno, asumindo comportamentos para o coidado do mesmo.
- Aplicar valores e normas para o coidado do medio, levando a cabo comportamentos de respecto e coidado do entorno.
Reto conseguido!
Os Casais, cole verde.