CURSO 2019-20 CURSO 2020-21
1. No Festival Virtual de Inverno 2020, o alumnado de 3º/4º presentou o:
RAP DO CAMBIO CLIMÁTICO
2. O libro de Marie G. Rodie amosoulles cales son os verdadeiros monstros que ameazan o noso planeta. Certamente hai moitos; un deles, bastante descoñecido: Atronadón.
Que podemos facer nós para cortarlle algunha das cabezas a ese monstro?
Temos algunha maneira de reducir a contaminación acústica?
Puxéronse a investigar sobre os problemas que o ruído causa e decidiron que el@s tamén tiñan que colaborar no esforzo de reducir este tipo de contaminación, buscaron colaboración externa (clubes de tenis e pádel) e a de toda a comunidade educativa.
Conseguiron reducir o ruído en todas as aulas!
O seu proxecto SEM chegou ata a biblio!!!
Micabigotes fíxolles un regaliño, por pensar tanto no ben común.
3. O Día da Paz, xunto co resto de nenas e nenos do centro, contruiron a gran mandala de elementos naturais.
4. Como @s grandes reciclador@s que son, no Día de Rosalía elaboraron flores de papel reciclado.
5. No Día da Poesía, cantaron á natureza acompañad@s dos chíos dos paxaros.
6. Da man d@s compañeir@s de 6º, que prepararon para el@s a actividade (outro día, que había que respectar as burbullas) na biblioteca aprenderon un montón de cousas interesantes sobre o cambio climático.
7. Para a revista Amencer aportaron un cómic colaborativo con esta temática.
8. E, todo ao longo do curso, participaron activamente e con entusiasmo nas AULAS DO BOSQUE: investigaron, leron, plantaron, regaron, xogaron, compartiron...
Ben feito!!!
Os estándares de aprendizaxe traballados en 3º e 4º de Primaria foron:
Reto conseguido!
Os Casais, cole verde