CURSO 2019-20 CURSO 2020-21
1. O alumnado de 6º de Primaria participou na actividade telemática internacional Conectandomundos, na que, xunto con outros coles de diferentes lugares, traballou sobre o cambio climático. O nome do seu equipo foi Gardiáns do bosque.
2. Xunto con todo o alumnado do cole elaboraron a Mandala da Paz con elementos naturais que recolleron no bosque.
3. As frores coas que agasallaron a Rosalía de Castro foron elaboradas con materiais reciclados.
4. O seu recitado do mundo natural para o Día da Poesía foi gravado no bosque.
5. O proxecto SEM da clase de 6º tamén estivo centrado no mundo natural, nos animais, nos cans. Fixeron unha campaña de fomento de adopción, en colaboración coa protectora de Mougá.
6. E participaron activamente e con entusiasmo nas AULAS DO BOSQUE (de música, de matemáticas, de inglés, de naturais...)
Ben feito!
Os estándares de aprendizaxe traballados en 6º de Primaria foron:
Reto conseguido!
Os Casais, cole verde.