No presente curso 2020-21 queremos continuar co proxecto medioambiental que iniciamos o curso pasado e que, por mor da pandemia, foi interrompido no mes de marzo.
A continuación aparecen as diferentes actividades que levábamos realizadas.
No presente curso 2020-21 queremos continuar co proxecto medioambiental que iniciamos o curso pasado e que, por mor da pandemia, foi interrompido no mes de marzo.
A continuación aparecen as diferentes actividades que levábamos realizadas.
1.- O obxectivo principal do noso proxecto foi reducir o consumo de plástico. O primeiro que fixemos foi constituir un Comando Verde, integrado por membros dos diferentes grupos da comunidade escolar: alumn@s, profes, nais, ANPA e persoal non docente. A súa misión foi liderar o proxecto e motivar ao resto dos participantes.
Este comando mantén a súa actividade, se ben adaptada ás estritas normas sanitarias do presente curso académico.
2.- Apuntámonos ao reto ResiduosCero de #Teachersforfuture. E aquí continuamos un ano máis.
3.- No curso anterior celebramos a Semana polo clima (23-27 de setembro) con diferentes actividades que Micabigotes, a nosa gata bibliotecaria, suxería cada día. No ano 2020 sumámonos á campaña Influencers do Lixo na Semana Europea de Prevención de Residuos.
CURSO 2019-20 CURSO 2020-21
4.- No mes de outubro de 2019 construimos un contenedor específico para os residuos das nosas merendas, para comprobar canto acumulabamos.
5.- Tivemos charlas medioambientais e apuntámonos a unha limpeza voluntaria do río de Va coa asociación Betula.
Nas circunstancias sanitarias actuais non podemos repetir esta acción voluntaria, tal como sería o noso desexo. Por iso, no 2020-21 quedamos dentro do cole e limpamos o noso bosque.
6.- Micabigotes propuxo moitas cuestións para resolver; de matemáticas, de ciencias sociais e naturais, de lingua...
7.- En moi pouco tempo chegamos á conclusión de que tiñamos que...
Eliminar as botellas de plástico
e pasámonos tod@s ás botellas reutilizables.
8.- Pensamos que aínda podiamos reducir máis o plástico. E o noso segundo reto era eliminar tamén outros residuos non orgánicos das merendas (papel film e de alumnio, vasos de iogur, panos de mesa de papel...). Así que, continuamos coas nosas actividades centrándonos sempre na importancia de coidar o medio ambiente.
9.- En decembro participamos na gran campaña convocada canda a Cumbre do Clima.
10.- Cando chegou o 2020, fumos, pouco a pouco, reducindo os nosos residuos. Pensabamos ter acadado este reto ao rematar o segundo trimestre. E, mentres, continuamos prestándolle unha atención especial ao coidado da natureza, en todas e cada unha das celebracións do cole, porque así nolo pedía Micabigotes. Neste curso 20-21 tamén dedicamos o Día da Paz ao noso Planeta e elaboramos unha mandala ben chula.
11.- Pero, sen pensar, chegou marzo e...
O PROXECTO QUEDOU INTERROMPIDO.
Por iso, quixemos que este mes de MARZO 2021 fora totalmente diferente; así que o MES DA POESÍA 2021 dedicámolo ao medioambiente e, en todas as aulas (burbulla) recitaron poemas con temáticas inspiradas na natureza.
12.- Quedamos sen clases presenciais; quedamos sen recreo e sen merendas escolares que analizar; pero non quedamos sen interés polo medio que nos rodea, pola natureza, polo planeta e pola nosa terra. Por iso, dende as nosas casas, quixemos celebrar o 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, tod@s xuntos, como remate deste fermoso proxecto inacabado.
13.- Mais... por sorte, no 2021 pasamos o mes de abril no cole e, por iso, facendo malabares para respectar as burbullas, conseguimos celebrar coa totalidade do alumnado tanto o Outdoor Day como o Día da Terra.
14.- E tamén celebramos os Maios!
15.- As aulas-burbulla non permitiron celebrar a gran ceremonia do Día das Letras no bosque tal como acostumamos. Mais para o bosque foron as verbas de Xela Arias. Por grupos, en quendas, pouco a pouco todo ao longo da mañá... pero... no bosque!
16.- O máis importante de todo foi que no curso 2020-21 gozamos da natureza que o noso cole ten todo canto poidemos implantando as "AULAS DO BOSQUE".
Podedes facervos unha idea picando aquí: