Unha das actividades mais importantes deste curso foi a elaboración dun manual básico de uso do equipo da radio. Foi unha labor en constante mellora atendendo as dúbidas dos docentes que se animaron a empregar este fantástico recurso. Agora, todo o profesorado pode usala para complementar a sua labor docente.
Celebrouse un obradoiro para o alumnado de 1º de ESO
Como é costume, este curso entrevistouse a distintas persoas que visitaron o noso centro
Carol falounos do mundo das herbas
Luis contounos a sua experiencia de ter unha filla con síndrome de Down
Xulia falounos en primeira persoa do mundo do SIDA
Alex falounos de Bullyng
Os alumnos e alumnas de Oratoria de 3º e 4º de ESO grabaron uns podcast con esta terrible temática. Aproveitaron tamén para entrevistar a varios profes do instituto sobre este tema
Os alumnos e alumnas de Proxecto Competencial de 2º e 4º de ESO grabaron uns podcast de temática variada