Fabio, Marcelo e Roberto visitaron o CEIP da Pobra do Brollón para ver "en vivo" o funcionamento da "Radio na biblio" da man da directora e do seu alumnado.
Continuando co mes da poesía, o Club de Lectura coordinado por Aldara Pérez e as alumnas de 2º da ESO, Claudia e Naiara realizaron unha entrevista á poetisa Noa Moreira. Técnico de gravación: Marcelino Pedredo.
O pasado mércores o alumnado voluntario da biblioteca, club de lectura e Proxecto competencial, asistiron ao obradoiro “Había unha vez… a radio” impartido Soledad Felloza. Neste obradoiro, o alumnado aprendeu a importancia de coidar a voz con algúns exercicios de quecemento, o papel da radio na actualidade e algunhas estratexias para proxectar a voz e mellorar a súa narración.
Ademais, o alumnado de 3º da ESO, desta vez por parellas e coa colaboración dos departamentos de galego (Luísa González) e música (Roberto de Andrés) tamén realizaron a gravación doutro podcast na que tratan aspectos biográficos do homenaxeado Francisco Fernández del Riego.
Así mesmo, na semana das Letras Galegas e coa participación do departamento de música no Plan Proxecta “Donas de si” realizouse a gravación do podcast “Músicas galegas” adicado a catro grupos de música galega no que as protagonistas son as mulleres. Participou o alumnado de 4º da ESO de música e como técnico Roberto de Andrés.
Gravación da canción "The drunken sailor" interpretada con instrumentos Orff polo alumnado de 3º da ESO e dirixidos polo profesor de música Roberto de Andrés.
Publicación de Relatos Musicais. Un conxunto de catro relatos creados e inspirados a partir de catro fragmentos de música preexistente . As gravacións foron realizadas e editadas polo alumnado de 4º da ESO de música utilizando o coñecido software Audacity.
Publicación da serie de podcast “Zoo de Animais Fantásticos”. Un conxunto de 5 podcast realizado coa participación do alumnado de 1º da ESO e dos departamentos de Bioloxía (Beatriz López), Lengua Española (Inmaculada Tojo), Lingua Galega (Luísa González), Inglés (Elvira Varón), Francés (Cunsuelo Pérez) e Tecnoloxía (Belén Armesto) do IES de Quiroga. Técnica de gravación: Beatriz López.
Publicación da serie de tres audio contos “Contos galegos de terror”. Produto final da materia Proxecto Competencial de 3º da ESO. O alumnado escolleu os contos, graváronse e finalmente editáronos co software Audacity.